Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Avaliación de programas de intervención logopédica Código 652G04038
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Coordinación
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Profesorado
Ríos de Deus, María Paula
Correo electrónico
paula.rios.dedeus@udc.es
Web
Descrición xeral A materia aporta a formación teórico-práctica sobre a avaliación de programas de intervención logopédica

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
B4 Aprender a aprender.
B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
B23 Traballar de forma colaborativa.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os aspectos fundamentáis da avaliación de programas de intervención logopédica Coñecer as fases da avaliación de programas de intervención logopédica Saber deseñar a avaliación de programas de intervención logopédica Coñecer as técnicas para a recollida da información e o análise dos datos na avaliación de programas de intervención logopédica Saber elaborar o informe da avaliación de programas de intervención logopédica A5
A12
A22
A32
B1
B3
B4
B5
B23
C1
C3
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Aspectos fundamentáis da avaliación de programas de intervención logopédica - Conceptualización e fases da avaliación de programas de intervención logopédica
2. Deseño da avaliación de programas de intervención logopédica - Técnicas para a recollida da información e o análise dos datos na avaliación de programas de intervención logopédica
3. Informe da avaliación de programas de intervención logopédica - A elaboración do informe de avaliación de programas de intervención logopédica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A5 A12 A22 A32 5.5 4 9.5
Análise de fontes documentais A5 A12 A32 B1 B4 B5 3 21 24
Presentación oral B23 C3 C1 7 12 19
Aprendizaxe colaborativa A5 A12 7 12 19
Traballos tutelados A5 A12 A22 A32 B1 B3 B4 B5 B23 C1 C3 C7 C8 4 12 16
Proba obxectiva A5 A12 A22 A32 2 20 22
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición dos contidos, ben na aula ou a través de vídeos.
Análise de fontes documentais Utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos relevantes para a temática da materia.
Presentación oral Presentación dos traballos reallizados na clase.
Aprendizaxe colaborativa Procedementos de ensino-aprendizaxe que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas.
Traballos tutelados Realización de traballos prácticos.
Proba obxectiva Proba escrita para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Ofrécese atención ao alumnado en titorías individuais e / ou en grupo tanto para o desenvolvemento e a corrección do traballo na aula (análise de fontes documentais, lecturas, casos prácticos) como para a resolución de dúbidas, co fin de rastrexar a evolución da aprendizaxe e un rexistro do seu traballo persoal.

Os alumnos asistirán á programación de titorías establecida pola docente. Recoméndase solicitar previamente, por correo electrónico, unha cita para mellor organización.




Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A12 A22 A32 B1 B3 B4 B5 B23 C1 C3 C7 C8 Valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A adecuación e dominio dos contidos.
- Dominio das aplicacións empregadas no desenvolvemento das actividades.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A exposición oral.
60
Proba obxectiva A5 A12 A22 A32 Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe, pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
Valorarase:
Adquisición das competencias da materia
40
 
Observacións avaliación

Criterios
de avaliación

Primeira
oportunidade.
Para superar a materia é necesario ter todos os traballos tutelados
realizados, entregados e aprobados. A cualificación final será consecuencia dos
resultados globais obtidos en todas as actividades de avaliación.

A
avaliación do alumnado non presencial consistirá na entrega dun traballo sobre
os contidos da materia e na realización dunha proba obxectiva.

Na
presentación do traballo teranse en conta os erros de: formato, redacción,
gramática e ortografía.

Segunda
oportunidade para estudantes asistentes, non asistentes e oportunidade adiantada.
Para superar a materia é necesario obter 5 puntos sobre os 10
posibles na proba obxectiva (ponderación 100%), sendo a única actividade de
avaliación.











Todos os aspectos
relacionados coa dispensa académica, a dedicación ao estudo, a permanencia e a
fraude académica rexeranse segundo a normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Gutiérrez, H. C. (2021). Como elaborar proyectos: Diseño, ejecución y evaluación de proyectos sociales educativos. Magisterio
Lozano, R. A. M. (2020). Formulación y evaluación de proyectos: Enfoque para emprendedores. Ecoe Ediciones
Perea, O. (2017). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales.
Avila, H. F., González, M. M., & Licea, S. M. (2020). La entrevista y la encuesta:¿ métodos o técnicas de indagación empírica?. Didasc@lia: didáctica y educación, 11(3), 62-79.
Cerezuela, D. R. (2018). La evaluación de proyectos y procesos culturales. Revista para el análisis de la cultura y el territorio, (19), 178-195.
Menéndez, M. C. (2019). Metodología de la intervención social. Ediciones Paraninfo, SA
García JA, Jiménez, F., Arnaud, M., Ramírez, Y. & Lino, L. (2014). Metodología de la investigación bioestadística y bioinformática en ciencias médicas y de la salud. McGraw-Hill
Castellano, M., Simón, T. & Pérez E (2018). Métodos de investigación en logopedia. Síntesis
Monfort, M., & Sánchez, A. J. (1990). Modelos de intervención en logopedia. Revista de Logopedia, Foniatría y Audiología, 4, 162-167.
Bracho, M. S., Fernández, M., & Díaz, J. (2021). Técnicas e instrumentos de recolección de información: análisis y procesamiento realizado por el investigador cualitativo. Revista Científica UISRAEL, 8(1), 107-121

Bibliografía complementaria

Apórtase ao longo do curso


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías