Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Inglés Código 653540016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Profesorado
Amenedo Costa, Mónica María
Correo electrónico
monica.amenedo@udc.es
Web http://gerontologia.udc.es/docenciaL/postgrado_oficial/ingles1.php
Descrición xeral Esta materia pretende cubrir as necesidades dos profesionais da saúde cuxa especialidade se relaciona coas persoas maiores, en canto ao seu contacto coa lingua inglesa, sexa con textos escritos ou con situacións onde necesitan falar e entender inglés. Trata tamén algunhas cuestións teóricas relacionadas co léxico e a sintaxe.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Os alumnos deberían poder ler e entender textos escritos e falados en inglés de nivel intermedio que traten de temas relacionados co campo da Xerontoloxía. AP4
AP5
AI1
BM1
BM2
BM3
BM4
BM5
CM3
Os alumnos deberían poder escribir textos sinxelos acerca da súa especialidade, e resumir textos e artigos. AP4
AP5
BM1
BM3
CM1
CM2
Os alumnos deberían poder falar con certa facilidade acerca de temas relacionados coa xerontoloxía en situacións cotiás, cos compañeiros de traballo ou con pacientes. AP4
AP5
BM1
BM3
CM1
CM2
Os alumnos deberían poder realizar presentacións orais en inglés relacionadas co campo da Xerontoloxía. AP4
AP5
BM1
BM3
CM1
CM2

Contidos
Temas Subtemas
Introducción. O inglés nas Ciencias da Saúde Redacción científica
Comunicación oral
A miña especialidade e a terceira idade Traxectoria académica
Historia clínica
Onde e cando? Atención domiciliaria
Residencias
Os segredos da lonxevidade As persoas maiores e o estilo de vida
A vellez e o cerebro A demencia e o Alzheimer
O tratamento das persoas maiores A saúde e a enfermidade
A medicina tradicional e alternativa
A robótica e o cuidado das persoas maiores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A5 A6 B2 B4 B5 C1 C2 C3 0 6 6
Aprendizaxe colaborativa C1 C2 2 0 2
Presentación oral A4 B3 2 10 12
Sesión maxistral B1 B3 12 10 22
Portafolios do alumno A5 4 10 14
Traballos tutelados A5 B1 B3 B4 B5 C1 C3 0 18 18
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Exercicios de comprensión lectora. Vídeos e outros materiais audiovisuais.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en parellas ou grupos, co uso das TICs cando sexa necesario.
Presentación oral Presentacións en clase, sen utilizar apuntamentos escritos, apoiadas por PowerPoint ou similar.
Sesión maxistral Clases semanais impartidas polo profesor.
Portafolios do alumno Diferentes tarefas encomendadas polo profesor durante o semestre.
Traballos tutelados Traballo escrito (ver detalles en "Atención Personalizada")

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Traballo escrito, con seguimento do profesor da materia. Proporcionarase a todo o alumnado consellos prácticos e fontes de información.

Ofrecerase atención personalizada no horario de titoría para resolver problemas e aclarar dúbidas sobre os traballos e as unidades didácticas. Fóra destas horas, tamén se pode contactar co docente por correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A4 B3 O alumnado realizará unha presentación oral do traballo. 30
Traballos tutelados A5 B1 B3 B4 B5 C1 C3 O estudante debe realizar un traballo sobre un tema relacionado cos contidos da materia. 40
Portafolios do alumno A5 O alumnado realizará diversas tarefas prácticas ao longo do curso. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (portafolios do alumno, proxecto e presentación oral) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como se recolle no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Calificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO: 

O alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade deberá presentarse á oportunidade de xullo, debendo repetir as partes suspensas segundo a seguinte distribución de porcentaxes: traballo tutelado e proba oral (70%), e unha tarefa equivalente ás tarefas prácticas (30%).

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Atención á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Grice, Tony (2007). Nursing 1 (Students' book) . Oxford University Press ISBN: 978-0-19-456977-4

NON HAI UN LIBRO QUE SE TEÑA QUE COMPRAR OBRIGATORIAMENTE. O LIBRO DE GRICE PODE SER ÚTIL Á HORA DE REPASAR E PREPARAR A MATERIA. 

Os LIBROS DA LISTA QUE VÉN A CONTINUACIÓN PODEN SER ÚTILES PARA CONSULTA Ou PREPARACIÓN. MOITOS DISTOS ESTÁN NA BIBLIOTECA DO CAMPUS DE OZA. 
Baker, Ann. Introducing english pronunciation a teacher’s guide to: tree or three? and ship or sheep? Cambridge [etc.]: Cambridge University Press, 1982. 
Birren, James E. Encyclopedia of gerontology. 2nd ed. Oxford: Elsevier, 2007. 
Bond, John. Ageing in society an introduction to social gerontology 2nd ed. London: Sage, 1994. 
Bradley, Robin A. English for nursing and health care a course in general and professional English. Milano: McGraw-Hill, 2005. 
Brocklehurst·s textbook of geriatric medicine and gerontology. 6th edition. London: Churchill Livingstone, 2003. 
Diccionario de términos y frases médicas inglés-español, español-inglés. Madrid: Paraninfo, 1996. 
Edo Marzá, Nuria. English for patient-administration and non-clinical hospital staff. Alcalá la Real (Jaén): Formación Alcalá, 2011. 
Fitzgerald, Patrick. English for medicine in higher education studies: coursebook. Reading, UK: Garnet Education, 2010. 
Greenhalgh, Trisha. English for physicians english for medical conferences & presentations = inglés para médicos: inglés para congresos y presentaciones médicas. Madrid: Churchill Livingstone España, 1995. 
Hewitt, Elaine & C. Fernández Morales (2003). Gerontological social work : student’s book. Granada Editorial Universidad de Granada.
Moody, Harry R. Aging: concepts and controversies. 6th ed. Thousand Oaks (California): Pine Forge Press, 2010. 
Worsfold, Brian. Acculturating age: approaches to cultural gerontology. Lleida: Edicions i Publicacions de la Universitat de Lleida, 2011. Print. Dedal-Lit (Universitat de Lleida) 7

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións xerais para o estudo da materia:

  • Asistencia regular ás clases
  • Realización das prácticas de laboratorio
  • Estudo diario dos materiais impartidos e da bibliografía básica
  • Consulta da bibliografía complementaria recomendada
  • Participación e discusión activa nas actividades que se organizan

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia:

  • Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

  1. Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
  2. De realizarse en papel:
  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara
  • Empregarase papel reciclado
  • Evitarase a realización de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías