Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Psicoloxía Clínica Código 653540018
Titulación
Máster Universitario en Xerontoloxía
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Web http://estudos.udc.es/gl/subject/4540V01/4540018/2024
Descrición xeral Coñecer os principais cambios cognitivos e condutuais que se producen durante o proceso de envellecemento, tanto normal como patolóxico. Familiarizarse cos instrumentos mais empregados para a avaliación das alteracións e condutas psicopatolóxicas na poboación de idade avanzada. Iniciarse na intervención psicolóxica coas persoas maiores.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Ser capaces de recoñecer as principais patoloxías e síndromes xeriátricas mediante a aplicación de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito da xerontoloxía
A3 Ser capaces de incorporar aos plans de intervención individualizada a metodoloxía de intervención Xeronto-xeriátrica
A4 Ser capaces de asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización tanto no ámbito sociosanitario como sanitario de atención ás persoas maiores a fin de incorporarse aos equipos interdisciplinares de valoración e intervención Xeronto-xeriátrica
A7 Adquirir coñecementos avanzados e demostrando, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo no campo da Xerontoloxía
A8 Saber aplicar e integrar os coñecementos adquiridos, a comprensión destes, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas sociais e sociosanitarias e definidos de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais do campo da xerontoloxía
B2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa xerontoloxía e a xeriatría
B3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
B4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións– e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social
C11 Saber difundir os resultados obtidos no desenvolvemento da súa actividade a través das fontes de información dispoñibles para a comunidade científica
C13 Coñecer as posibilidades da investigación no campo da xerontoloxía a fin de motivar aos estudantes para incorporarse á mesma, posibilitando a realización de teses doutorais

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir habilidades que permitan transferir o coñecemento teórico adquirido ás diferentes situacións reais dos ámbitos específicos da intervención psicolóxica. AP1
AP3
AP4
AI2
AM1
BM2
BM3
BM4
CM7
CM11
CM13
Aprender a manexar os distintos métodos de avaliación diagnóstica e tratamento psicolóxico no ámbito aplicado da psicoloxía do envellecemento. AP1
AP3
AP4
AI2
AM1
BM2
BM3
CM13
Ser capaz de valorar, interpretar e sintetizar adecuadamente a información procedente de técnicas de avaliación e diagnóstico psicolóxico. AP1
AP3
AP4
AI2
AM1
BM2
BM3
BM4
CM7
CM11
CM13
Manexar e desarrollar metodoloxías de intervención específica para a poboación de persoas maiores. AP3
AI2
AM1
BM2
BM3
CM11
CM13

Contidos
Temas Subtemas
BLOQUE 1. Psicoloxía clínica e envellecemento Tema 1. Introdución á psicoloxía clínica do envellecemento e metodoloxía.
BLOQUE 2. Cognición e envellecemento Tema 2. Cognición e envellecemento.
BLOQUE 3. A psicopatoloxía no envellecemento Tema 3. Trastornos afectivos: ansiedade e depresión.
Tema 4. Trastornos psicóticos e delirio.
BLOQUE 4. Personalidade, adaptación e cambio no envellecemento Tema 5. Personalidade e envellecemento.
Tema 6. A sexualidade no envellecemento.
Tema 7. Xubilación, morte e dó.
Tema 8. Promoción da saúde e envellecemento activo.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 12 15 27
Obradoiro A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C7 C11 C13 2 2 4
Traballos tutelados A1 A3 A4 A7 A8 C7 C11 C13 2 25 27
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C11 C13 3 12 15
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación oral da materia por parte da profesora (docencia expositiva), guiada por medios audiovisuais. As sesións maxistrais pretenden transmitir coñecementos xerais sobre a materia e resolver dúbidas. Terán lugar os martes de 16:00 a 18:00 horas, en semanas alternas.
Obradoiro O alumnado desenvolverá tarefas eminentemente prácticas (tanto na aula como na casa) sobre temas específicos, con apoio e supervisión da profesora: Estudo de casos clínicos, debate e discusión de contidos específicos da materia, revisión e análise de artigos científicos seleccionados polos profesora e relacionados coa materia, videos, comentarios sobre noticias actuais ...
Traballos tutelados O alumnado realizará un traballo tutelado (experimental ou teórico) relacionado co programa. Independentemente do tipo de traballo seleccionado (experimental ou teórico), incluirá a revisión de artigos científicos (en castelán e inglés) sobre o tema elixido, e unha avaliación crítica dos mesmos. Ademais, o traballo debe ser exposto oralmente na clase co apoio de medios audiovisuais.
Proba de resposta múltiple Os temas presentados na clase durante as clases teóricas deberán ser superados a través dunha proba que constará de 30 preguntas con 4 opcións de resposta.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
A titorización de traballos tutelados e exercicios requeridos nos obradoiros poderase realizar nos horarios de titorías de forma presencial ou telemática por Teams, ou mediante correo electrónico: laura.lorenzo.lopez@udc.es. Ademais da atención personalizada que se realice a demanda do alumnado, haberá dous encontros obrigatorios para realizar o seguimento do traballo tutelado. A forma (presencial ou telemática) e o momento en que se desenvolverán tales encontros obrigatorios indicarase ao longo do curso.

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica deberán indicalo ao inicio do curso para adoptar as medidas de atención personalizadas que sexan adecuadas en cada caso.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C7 C11 C13 Avaliarase a participación activa e con aproveitamento, a capacidade de resolución de casos e a capacidade de traballo en equipo. Esta cualificación contribuirá ao 20% da cualificación total da materia. 20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A7 A8 C7 C11 C13 Avaliarase a capacidade de síntese e a valoración crítica do tema estudado, ademais do contido e formato do traballo, e a súa exposición oral. A cualificación do traballo tutelado contribuirá ao 40% da cualificación total da materia. 40
Proba de resposta múltiple A1 A3 A4 A7 A8 B2 B3 B4 C11 C13 Proba de tipo test composta por 30 preguntas con 4 opcións de resposta sendo só unha resposta correcta. Cada pregunta que se responda mal restará 0,25 puntos, non restando as respostas en branco. Fórmula: (A-(E*0,25))*10/30. Esta cualificación contribuirá ao 40% da nota total da materia. 40
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica
  • Belsky, J.K. (2001). Psicología del Envejecimiento. Paraninfo. Madrid.
  • Fernandez-Ballesteros, R. (2007). GeroPsychology. European Perspectives for an Aging World. Hogrefe. Washington.
  • Fernandez-Ballesteros, R. (2009). Psicología de la vejez. Una psicogerontología aplicada. Pirámide. Madrid.
  • Fernández Liria, A., Rodríguez Vega, B. (2006). Habilidades de entrevista para psicoterapeutas. Desclée. Bilbao.
  • Izal, M., Montorio, I. (1999). Gerontología Conductual. Bases para la intervención y ámbitos de aplicación. Editorial Síntesis. Madrid.
  • Montorio, I., Izal, M. (2000). Intervención psicológica en la vejez. Aplicaciones en el ámbito clínico y de la salud. Sintesis. Madrid.
  • Muñoz Tortosa., J. (2002). Psicología del envejecimiento. Pirámide. Madrid.
  • Triadó, C., Villar, F. (2006). Psicología de la vejez. Alianza Editorial. Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Valoración en Xerontoloxía/653540002
Intervención Non Farmacolóxica en Demencias/653540019

Materias que continúan o temario

Observacións
RECOMENDACIÓNS XERAIS:
  1. Asistir ás sesións presenciais/telemáticas
  2. Realizar o traballo de forma continua ao longo de todo o curso
  3. Asistir a titorías sempre que se teñan dúbidas
  4. Preparar de forma adecuada a presentación oral do traballo

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia:

  • Usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respeto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

GREEN CAMPUS: Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir co obxectivo estratéxico 2 do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

  1. Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático.
  2. De realizarse en papel: 
  • Non se empregarán plásticos
  • Realizaranse impresións a dobre cara
  • Empregarase papel reciclado
  • Evitarase a realización de borradores


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías