Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional Código 653862302s
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Pértega Díaz, Sonia
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
Profesorado
Pértega Díaz, Sonia
Seoane Pillado, María Teresa
Correo electrónico
s.pertega@udc.es
maria.teresa.seoane.pillado@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia ten como obxectivo amosar o proceso xeral de deseño dun proxecto de investigación cuantitativa no campo das Ciencias da Saúde, con especial énfase nos diferentes deseños epidemiolóxicos dispoñibles, as medidas epidemiolóxicas de uso máis recurrente e a revisión xeral dos principais métodos de análise estatística.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e deseñar a estrutura dun protocolo de investigación en Ciencias da Saúde AI1
AI2
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI8
BI9
BI12
CI1
CI2
CI3
CI8
CI9
Coñecer e aplicar os deseños de investigación de uso máis habitual en Ciencias da Saúde AI1
AI2
BI1
BI3
BI4
BI5
BI8
BI9
BI12
CI1
CI2
CI3
CI8
CI9
Ser capaz de decidir que tipo de estudo é o máis adecuado para responder a unha pregunta de investigación AI1
AI2
BI1
BI4
BI9
BI10
Saber calcular, interpretar e aplicar as principais medidas epidemiolóxicas de frecuencia de enfermidade, asociación e impacto AI1
AI2
BI1
BI4
BI5
BI9
BI12
CI3
Ser capaz de interpretar e aplicar adecuadamente os principais resultados dun estudo de investigación en Ciencias da Saúde AI2
BI2
BI4
BI6
BI11
CI7
CI8

Contidos
Temas Subtemas
1. Estrutura xeral dun proxecto de investigación
2. Precisión e validez. Limitacións e sesgos na investigación clínica.
3. Poboación e mostra. Técnicas de mostraxe e introdución ao tamaño mostral.
4. Tipos de estudos clínicos epidemiolóxicos: deseños cuantitativos experimentais, cuase-experimentais e observacionais.
5. Recolección de datos en investigación cuantitativa.
6. Significación estatística e relevancia clínica.
7. Medidas de frecuencia, asociación e impacto.
8. Estratexia de análise estatística. Interpretación de resultados en estudos clínico-epidemiolóxicos.
CONTIDOS PRÁCTICOS 1. Apartados dunha proposta de investigación para a súa presentación en comités e axencias de avaliación
2. Métodos de mostraxe en investigación cuantitativa. Identificación de artigos con diferentes métodos de selección muestral.
3. Tipos de estudos experimentais. Ensaio clínico. Ensaio de campo. Ensaio comunitario de intervención. Exemplos prácticos.
4. Tipos de estudos observacionales. Estudos ecolóxicos. Estudos de prevalencia. Estudos de casos e controis. Estudos de cohortes ou de seguimento. Exemplos prácticos.
5. Vantaxes e inconvenientes dos diferentes tipos de estudos
6. Concepto e medición da relevancia clínica. Exemplos prácticos.
7. Lectura crítica e interpretación de resultados en investigación cuantitativa en Ciencias da Saúde.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Lecturas A1 A2 B1 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 B12 C8 0 10 10
Prácticas a través de TIC A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C3 C7 C8 C9 3 12 15
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 1 0 1
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 0 10 10
Sesión maxistral A1 A2 B1 B3 B4 B5 B8 B9 B10 B11 C3 C8 C9 9 30 39
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Facilitarase aos estudantes textos como material de estudo e profundización nos contidos traballados
Prácticas a través de TIC Exporanse actividades de carácter práctico para aplicar os contidos teóricos da materia mediante a utilización das tecnoloxías da información. Realizaranse prácticas de uso de software para análise bioestatístico e epidemiolóxico.
Proba obxectiva Esta proba permitirá avaliar o grao de adquisición de coñecementos
Traballos tutelados Traballo consistente na elaboración dun borrador breve dun protocolo de investigación sobre unha temática elixida polo/a estudante, desde a perspectiva da investigación cuantitativa. Programaranse varias entregas que serán revisadas polas docentes, que tutelarán o alumnado na elaboración do traballo final.
Sesión maxistral Exposición complementada co uso de medios audiovisuais dos contidos para desenvolver na materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada relacionada con estas metodoloxías ten como finalidade orientar aos estudantes no estudo da materia e na realización dos traballos prácticos propostos.

O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, de maneira telemática, a través do correo electrónico, o Campus Virtual ou Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Traballo consistente na elaboración dun borrador breve dun protocolo de investigación sobre unha temática elixida polo/a estudante, desde a perspectiva da investigación cuantitativa. Programaranse varias entregas que serán revisadas polas docentes, que tutelarán o alumnado na elaboración do traballo final. 50
Proba obxectiva A1 A2 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C7 C8 C9 Proba obxectiva con preguntas tipo test, sobre os contidos desenvolvidos na materia 50
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia constará de dous partes:

  • Unha parte de avaliación continua (50%, 5 puntos sobre 10) consistente na elaboración, de forma individual, do borrador dun protocolo de investigación clínico-epidemiolóxica ou traslacional, de temática libre, coas especificacións indicadas polas profesoras da materia. A entrega desta actividade é obrigatoria para poder superar a materia.
  • Unha proba obxectiva (50%, 5 puntos sobre 10), en relación cos contidos desenvolvidos na materia. Será necesario obter unha calificación mínima de 3 puntos sobre 10 na proba obxectiva para facer media coa parte da avaliación continua.

Non presentado

Obterá a cualificación de NP (Non Presentado), o/a alumno/a que non se presente á proba obxectiva.

Segunda oportunidade

O sistema de avaliación descrito será de aplicación tanto en primeira como en segunda oportunidade. Para aqueles/as estudantes que
non o realizasen, ou para os que queiran volver a ser avaliados, establecerase
un novo prazo de entrega do traballo práctico antes da proba obxectiva da segunda
oportunidade.

Segunda convocatoria e sucesivas

No caso do alumnado de segunda convocatoria e sucesivas, non se conservarán as cualificacións obtidas en cursos anteriores. O sistema de avaliación será o mesmo que o descrito para a primeira convocatoria.

Matrícula de honra

Poderán optar a Matrícula de Honra os alumnos cuxa media supere o 9. As profesoras da materia poderán considerar criterios adicionais nos resultados obtidos polos estudantes en calquera das accións formativas programadas na guía docente.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica
A bibliografía necesaria será ofrecida a través da plataforma Moodle, xunto coa impartición de cada un dos temas correspondentes. Como referencias xerais recoméndase a consulta dos seguintes textos:
  • Argimón Pallás JM, Jiménez Villa J. Métodos de investigación clínica y epidemiológica (5ª ed.). Barcelona: Elsevier, 2019.
  • Hulley SB, Cummings SR, Browner WS, Grady D, Herast N, Newman TB. Designing clinical research (2nd ed.) Lippincott Williams& Wilkins.

  • FletcherRH, Fletcher SW (2007). EpidemiologíaClínica (4ª ed.). Lippincott Williams &Wilkins.

  • AltmanDG (1991) Practical statistics for medical research . Monographs on Statistics and AppliedProbability (first ed.). Chapman & Hall

  • Metodología de la Investigación (Fisterra.com): https://www.fisterra.com/formacion/metodologia-investigacion
  • Itinerario de Investigación e Innovación Biosanitaria (http://www.sergas.es/MostrarContidos_N3_T01.aspx?IdPaxina=60481) (http://www.youtube.com/user/Itinerariofegas)

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

OBXECTIVOS DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE: Para axudar a acadar un contorno inmediato sostible e cumprir co V Plan de Acción do Programa Green Campus (2023-2025):

  • A entrega dos traballos documentais que se leven a cabo nesta materia farase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos, no caso de facerse en papel: non se utilizarán plásticos, farase a impresión a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a impresión de borradores.
  • Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural, tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade no comportamento persoal e profesional.

IGUALDADE DE XÉNERO E NON DISCRIMINACIÓN:

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

 -Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías