Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Organizacións Sociosanitarias Centradas na Humanización Código 653862311s
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Fernández Basanta, Sara
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
Profesorado
Fernández Basanta, Sara
Rodriguez Maseda, Emma
Correo electrónico
sara.fbasanta@udc.es
emma.rodriguez.maseda@udc.es
Web http://moodle.udc.es
Descrición xeral Ó finalizar esta materia, o estudantado poderá integrar os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para desenvolver o deseño e aplicación de procesos organizativos centrados nas persoas.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizar, avaliar e aplicar as principais características estruturais e organizativas da atención sociosanitaria humanizada para xerar coñecemento. AI1
AI4
AI5
BI4
BI5
BI6
BI7
BI9
BI10
CI1
CI4
CI6
CI7
Deseñar e planificar proxectos de investigación para procesos organizativos centrados nas persoas. AI1
AI4
AI5
BI4
BI5
BI6
BI7
BI9
BI10
CI1
CI4
CI6

Contidos
Temas Subtemas
CONTIDOS TEÓRICOS 1. Construción colectiva de atención sociosanitaria humanizada
2. Modelo de xestión humanística.
3. Liderado transformador.
4. Responsabilidade social corporativa e sustentabilidade no campo da saúde social
CONTIDOS PRÁCTICOS 1. Deseño dun proceso de humanización nun contorno sociosanitario específico.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 8 6 14
Traballos tutelados A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 6 18 24
Proba mixta A1 A4 A5 B4 B5 B9 B10 C1 1 11 12
Sesión maxistral A4 A5 B4 C4 C6 6 18 24
Actividades iniciais B4 B5 B7 C1 C4 C6 0 1 1
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do seminario.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Seminario
Descrición
A atención persoalizada realizarase durante o desenrolo do traballo tutelado e seminarios. Realizarase ben de maneira presencial ou a través das ferramentas informáticas institucionais, sendo o Campus Virtual da UDC, o email e TEAMS as canles principais de comunicación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 Traballo final onde se demostre o dominio teórico-metodolóxico da materia 50
Seminario A1 A4 A5 B4 B5 B6 B7 B9 B10 C1 C4 C6 C7 Terase en conta a participación activa e o traballo realizado polo alumnado. 10
Proba mixta A1 A4 A5 B4 B5 B9 B10 C1 Proba que pode integrar preguntas tipo test, curtas ou de desenvolvemento. 40
 
Observacións avaliación
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: é necesario aprobar o exame para sumar o resto das calificacións.
MATRICULA PARCIAL e/ou con DISPENSA ACADÉMICA: deben poñerse en contacto coa profesora coordinadora da materia ao comezo do curso. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.
SEGUNDA PROBABILIDADE E OUTROS. Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final, sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.
OPORTUNIDADE ADIANTADA. A avaliación consistirá nunha proba obxectiva para acadar 5 puntos para superar a materia.
MATRICULA DE HONRA. Pode outorgarse ás puntuacións máis altas por encima de 9.
NON PRESENTADO. A nota de Non presentado corresponderá ao alumnado que non realizou a proba mixta e que non acadou previamente a puntuación total de 5 nas outras actividades de avaliación.

"A realización fraudulenta das probas
ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

 


Fontes de información
Bibliografía básica Ayuso Murillo, D., & amp; Herrera Peco, I. (2017). El liderazgo en los entornos sanitarios: Formas de gestión.. Ediciones Díaz de Santos
Maciá Soler, Loreto (2021). Gestión clínica. Elsevier
JOHN D. HUBER (2019). GESTIÓN DE LOS CUIDADOS ENFERMEROS Y LIDERAZGO. Elsevier
Villalobos Hidalgo, Julio (2007). Gestión sanitaria para los profesionales de la salud. McGraw-Hill Interamericana
SERGAS (). https://www.sergas.es/Humanizacion.
Higuera J.C.B. (2014). Humanizar la asistencia Sanitaria. Desclée de Brouwer
Borra, A.C. (2021). Humanizar la gestión sanitaria: Personas para personas: Justicia, transparencia y respeto.. Herder Editorial

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas páxinas relacionadas coa materia da clase.

Recoméndase que os estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf) 
Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero:
  • Velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías