Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Xénero. Saúde e Coidados Código 653862316s
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Correo electrónico
maria.jesus.movilla@udc.es
Profesorado
Freijomil Vázquez, Carla
Movilla Fernandez, Maria Jesus
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Correo electrónico
carla.freijomil@udc.es
maria.jesus.movilla@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
Web
Descrición xeral O/A estudante será capaz de coñecer e aplicar as características diferenciadoras do proceso de saude-enfermidade-atención na investigación de problemas de saude das mulleres.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer e aplicar as características diferenciadoras do proceso saude-enfermidade-atención nas mulleres AI3
AI4
AI5
BI3
BI7
BI9
BI10
CI4
CI8
Coñecer e aplicar os aspectos intrínsecos á perspectiva de xénero na investigación de problemas de saude das mulleres AI3
AI4
AI5
BI3
BI4
BI7
BI9
BI10
CI4
CI8
Identificar os elementos que subxacen no manexo da saude sexual e reproductiva das mulleres para xerar novo coñecemento AI3
AI4
AI5
BI2
BI3
BI4
BI7
BI9
CI4
CI7
CI8
CI9
Aplicar técnicas de investigación en atención humanizada da saude sexual e reproductiva das mulleres AI3
AI4
AI5
BI2
BI4
BI7
BI9
BI10
CI4
CI7
CI8
CI9

Contidos
Temas Subtemas
I.- A mirada sesgada na saude da muller 1.1.- A saude indiferenciada
1.2.- Paradigma da invisibilidade
1.3.- Morbilidade diferencial invisible
1.4.- Do "estar" enfermas ó "ser" enfermas. Medicalización do malestar nas mulleres.
1.5.- Saude mental e adicións dende a perspectiva de xénero
1.6.- Enfermidades cardiovasculares dende a perspectiva de xénero.
1.7.- Violencia contra a muller e saude
II.- Saude sexual e reproductiva da muller 2.1.- Paradigma do control e manipulación.
2.2.- Medicalización da prevención e promoción da saude sexual e reproductiva da muller
2.3.- Microviolencias da atención sanitaria
2.4.- Violencia obstétrica. Aproximación conceptual
2.5.- Prevención de la violencia obstétrica a través da atención centrada na persoa.
III.- Atención humanizada na saude sexual e reproductiva das mulleres 3.1.- Autonomía da muller
3.2.- Problemas éticos na reproducción
3.3.- Dereitos sexuais e reproductivos
3.4.- Modelos de relación asistencial. A importancia dos vínculos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A5 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 12 12 24
Presentación oral A3 A4 A5 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 1 2 3
Proba mixta A3 A4 A5 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 1 12 13
Sesión maxistral A3 A4 A5 B3 B4 B10 C4 C8 7 28 35
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Das 12 horas lectivas, 2 son presenciais e 10 son virtuais.
Presentación oral Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da que o alumnado e profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica.
Todas as horas son presenciais.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Todas as horas son presenciais.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Todas as horas son presenciais.

Atención personalizada
Metodoloxías
Presentación oral
Aprendizaxe colaborativa
Descrición
ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO

A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.

A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.

A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.



ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL

A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:

· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.

· A demanda, previa solicitude por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral A3 A4 A5 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 Exposición verbal por parte do estudantado dos diferentes productos obtidos a partir do traballo colaborativo desenvolto na materia 10
Aprendizaxe colaborativa A3 A4 A5 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 Actividades grupais guiadas polo profesorado, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 40
Proba mixta A3 A4 A5 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C4 C7 C8 C9 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 50
 
Observacións avaliación

MATRICULA PARCIAL.



Os/As estudantes poderán solicitar DISPENSA ACADEMICA.



Os/as estudantes de matricula parcial deberán poñerse en contacto
ca profesora coordinadora da materia ó inicio do curso. 

Poderán realizar
o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.

 

SEGUNDA OPORTUNIDADE E OUTRAS.

Poderán realizar o mesmo proceso de avaliación que o descrito para a PRIMEIRA OPORTUNIDADE ou unha proba obxectiva final sendo necesario acadar 5 puntos para superar a materia.


 



OPORTUNIDADE ADIANTADA. 

A
avaliación consistirá en unha proba obxectiva sendo necesario acadar 5 puntos
para superar a materia.



 



MATRICULA DE HONRA.

 Poderá outorgarse ás puntuacions máis elevadas superiores a 9.



NON PRESENTADO.

 A
calificación de Non Presentado corresponderá ó/á estudante que non fixera a
proba mixta e que non tivera alcanzado previamente a puntuación total de 5 nas outras actividades de avaliación.

PLAXIO 

En caso de plaxio, aplicarase o seguinte: 

  • Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado/a con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. 

REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS OU ACTIVIDADES DE AVALIACIÓN 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a perda do dereito á oportunidade na que se cometa a falta e respecto da materia na que se tivese cometido. Nas actas figurará un non presentado nesta oportunidade. 


Fontes de información
Bibliografía básica Josefina Goberna Tricas y Margarita Boladeras (). Bioética de la maternidad, comunicación y entorno sanitario. Universidad de Barcelona
Josefina Goberna Tricas y Margarita Boladeras (). El concepto "violencia obstétrica". Tecnos
Juan José Díaz de la Cruz y Juan Zarco (2004). El espejo social de la mujer con gran discapacidad. Editorial Fundamentos
Mari Luz Esteban (2003). El género como categoría analítica. Revisiones y aplicaciones a la salud. Cuadernos de Psiquiatría Comunitaria
Karina Bárcenas Barajas (2021). Género y sexualidad en disputa Desigualdades en el derecho a decidir sobre el propio cuerpo desde el campo médico. Universidad Nacional Autónoma de México
Belen Nogueiras (2021). La violencia contra las mujeres. Prevención y detección. Madrid: Díaz de Santos
Carme Valls-Llobet (2020). Mujeres invisibles para la medicina. Madrid: Capitán Swing
Carme Valls-Llobet (2016). Mujeres, salud y poder. Madrid: Ediciones Cátedra
María Casado y Albert Royes (2012). Sobre Bioética y Género. Editorial Aranzadi
Victoria Camps (2021). Tiempo de cuidados. Barcelona:Arpa

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Uso docente do inglés: será conveniente que o alumnado teña un coñecemento básico de inglés para manexar material bibliográfico e/ou ler algún texto escrito nese idioma e, sobre todo, consultar en Internet distintas páxinas relacionadas coa materia da clase. Recoméndase que os estudantes teñan un grao de coñecemento de inglés correspondente ao nivel A2 de usuario básico, recollido no documento do Marco común europeo de referencia sobre coñecemento de idiomas (http://cvc.cervantes.es/ensenanza/biblioteca_ele/marco/cvc_mer.pdf)

Esta materia ten en conta as recomendacións de SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través da plataforma Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades docentes realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestarase especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.

- Nesta materia, o profesorado, ten contraído o compromiso de aplicación da normativa da UDC ante situacións de plaxio.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías