Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado: Fundamentos de Investigación Biomédica Código 653862327s
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 12
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Díaz Prado, Silvia María
Fuentes Boquete, Isaac Manuel
Sangiao Alvarellos, Susana
Correo electrónico
s.diaz1@udc.es
i.fuentes@udc.es
susana.sangiao@udc.es
Web http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm
Descrición xeral Realización, presentación e defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica ou básico-aplicada.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Formación nunha liña de investigación (capacitar ó alumnado para a realización dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica e básico-aplicada). AI1
AI2
AI3
AI4
AI5
BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI6
BI7
BI8
BI9
BI10
BI11
BI12
CI1
CI2
CI3
CI4
CI5
CI6
CI7
CI8
CI9

Contidos
Temas Subtemas
1.- Introdución ao Traballo Fin de Mestrado Indicacións sobre a elección de tema e titores e sobre o Regulamento do Traballo Fin de Mestrado (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html).
2.- Entrega da Proposta do Traballo Fin de Mestrado O alumno/a deberá cubrir a Proposta de Traballo Fin de Mestrado (Anexo I do Regulamento do Traballo Fin de Mestrado) que pode atopar no seguinte enderezo http://www.mastermais.udc.es/?wpfb_dl=51. Unha vez cuberto, entregaráse por rexistro na secretaría do centro. A data límite de entrega será o día de remate das actividades académicas do primeiro cuatrimestre.
3.- Elaboración do Traballo Fin de Mestrado. Realización do Traballo Fin de Mestrado mediante a supervisión dun titor.
4.- Exposición do Traballo Fin de Mestrado Defensa pública ante tribunal do traballo ou proxecto de investigación titorizado no ámbito da investigación biomédica básica e/ou básico-aplicada, que debe contar co informe previo favorable do titor.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 0 170 170
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 0.5 9.5 10
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 108 0 108
 
Atención personalizada 12 0 12
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante comisión dun traballo ou proxecto de investigación no ámbito da investigación biomédica básica ou básico-aplicada.
Presentación oral A defensa do Traballo Fin de Mestrado será realizada por cada alumno en sesión pública, e consistirá na exposición oral do traballo ante un tribunal formado por profesorado do mestrado, no que se dará conta dos aspectos máis
relevantes da actividade realizada. O alumnado poderá axudarse dos medios
informáticos e audiovisuais que estime pertinentes. Tras a exposición, os membros do tribunal poderán formular as preguntas e solicitar as
aclaracións que consideren oportunas para poder xulgar a calidade do traballo, ás que
o alumno deberá dar resposta. Todo este proceso está regulado polo REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.fcs.udc.gal/p/mestrado-universitario-en-asistencia-e.html)
Prácticas de laboratorio Os Traballos Fin de Mestrado da especialidade en Fundamentos de Investigación Biomédica esixen que o alumnado teña o coñecemento práctico das técnicas de laboratorio necesarias para a súa execución, que serán aquelas acordes coa natureza de cada Traballo Fin de Mestrado (é dicir, as técnicas de investigación do grupo no que o alumno desenvolve o seu Traballo Fin de Mestrado).

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Presentación oral
Descrición
Orientación e supervisión na realización e na presentación para a súa defensa pública ante tribunal dun traballo ou proxecto de investigación relacionado coa liña de investigación do grupo no que realizou a estancia formativa.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O CONXUNTO DO ALUMNADO
A atención personalizada sirve para o seguimento da aprendizaxe de cada estudante por parte do profesorado.
A través da titoría (presencial ou a distancia), o profesorado aborda a resolución de dúbidas e orienta ao estudo.
A tal fin, o alumnado dispón dun horario oficial de titorías, que poderán realizarse de modo presencial ou a través dos medios institucionais da UDC de atención a distancia.

ATENCIÓN PERSONALIZADA PARA O ALUMNADO CON DEDICACIÓN PARCIAL OU DIFICULTADES PARA CONCILIAR O ESTUDO COA VIDA FAMILIAR E/OU LABORAL
A atención personalizada para o alumnado que, de modo xustificado, ten dificultades para conciliar o estudo coa vida familiar e/ou laboral, poderá realizarse:
· Nas condicións establecidas para o conxunto do alumnado.
· A demanda, previa solicitude por correo electrónico.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 A calidade do manuscrito do Traballo Fin de Mestrado será avaliado por un tribunal formado por profesorado do mestado. As normas para a elaboración e entrega deste traballo, así como outros aspectos como a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
50
Presentación oral A1 A2 A3 A4 A5 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 C9 A defensa pública do Traballo Fin de Mestrado será avaliada por un tribunal formado por profesorado do mestado, que determinará a capacidade do alumnado na súa exposición e defensa pública. As normas para a realización da defensa pública, a actuación do tribunal e o procedemento de reclamación do alumnado, están recollidos no REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).
50
 
Observacións avaliación

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” , “dedicación a estudio” , “permanencia” e “fraude académico” se rexirán de acuerdo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

As fontes de información serán as propias do ámbito científico no que se desenvolve o Traballo Fin de Mestrado de cada alumno. En particular, estas fontes de información serán principalmente artigos científicos relevantes e de actualidade e publicados en revistas con factor de impacto.

En canto ás normas de realización do Traballo Fin de Mestrado, o alumnado ten á súa disposición o REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE MESTRADO da Facultade de Ciencias da Saúde (http://www.udc.es/fcs/ga/index.htm).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

RECOMENDACIÓNS:

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación a estudio”, “permanencia” e “fraude académico”; se rexirán de acuerdo coa normativa académica vixenteda UDC.”

PROGRAMAGREEN CAMPUS FCS:

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos obxectivos estratéxicos do "V Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

POLÍTICAS DE XÉNERO

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías