Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Idioma Moderno (Inglés) Código 653G01201
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao Anual
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Profesorado
Llanos Tojeiro, Ángela
Correo electrónico
angela.llanos@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia presenta as competencias lingüísticas que permitan ao alumnado utilizar a lingua inglesa para aplicar os coñecementos relacionados coa súa profesión. Empeza polos fundamentos do inglés científico-técnico aplicado ás ciencias da saúde, para pasar a considerar puntos que interesan a profesionais da terapia ocupacional de forma máis concreta.

En canto aos contidos dos textos en inglés, seguirase a orde das demais materias do Título de Grao en Terapia Ocupacional. Por tanto, durante o primeiro cuadrimestre estudaranse textos relacionados e de interese xeral así como outros que teñen que ver coa infancia e a adolescencia, pasando no segundo cuadrimestre a estudar os que fan referencia ao ser humano adulto. Na propia páxina web da ENOTHE ( European Network of Occupational Therapy in Higher Education), dáselle unha posición privilexiada a este idioma, celebrándose as súas reunións internacionais en inglés. Por tanto, enténdese que o alumno necesita adquirir competencias en inglés, tanto xerais como específicas á súa vocación e futura profesión, para poder comunicarse con Anglo parlantes como con pacientes procedentes doutros países e para asistir e participar en congresos e reunións formais e informais con profesionais doutros países que traballan no mesmo campo .
Descriptor:
Coñecemento dunha segunda lingua que capacite para falar, comprender e escribir, así como poder traballar nun contexto internacional.

Manexo de documentos e textos habituais por profesionais.


Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A28 Interpretar, analizar, sintetizar y criticar los hallazgos de investigación.
A30 Divulgar los hallazgos de investigación para críticas relevantes.
B20 Conocimiento de una segunda lengua.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C2 Dominar la expresión y la comprensión de forma oral y escrita de un idioma extranjero.
C3 Utilizar las herramientas básicas de las tecnologías de la información y las comunicaciones (TIC) necesarias para el ejercicio de su profesión y para el aprendizaje a lo largo de su vida.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Conocer, aplicar, interpretar, analizar, sintetizar y criticar, divulgar , mediante el uso de un idioma moderno (inglés) que favorezca el acceso y empleo de la metodología investigadora científica. A28
A30
B20
B31
C2
Conocer y capacidad para hablar, comprender y escribir una segunda lengua. B20
B31
C2
Conocer culturas y costumbres de otras culturas B20
B31
C2
Capacidad para trabajar en un contexto internacional B20
B31
C2
Apreciar la diversidad y la multiculturalidad B20
B31
Conocer una segunda lengua B20
B31
C2
C3

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución á Terapia Ocupacional
1.1 A profesión: preguntas introductorias
1.2 O terapeuta profesional
1.3 A profesionalidade en TO: funcións e habilidades
1.4 Áreas
1.5 Especialidades

2. A práctica da Terapia Ocupacional 2.1 O proceso
2.2 Modalidades de intervención
2.3 Modelos de práctica
2.4 O plan de intervención; tipos de intervencións
2.5 Estudio de casos

3. Comunicación 3.1 Comunicación oral
3.1.1 Habilidades interpersonales
3.1.2 A escoita activa
3.1.3 A linguaxe positiva
3.2 Comunicación escrita
3.2.1 Formularios: formato, contidos e linguaxe


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba mixta A28 A30 B20 2 14 16
Lecturas B20 C2 C3 7 13 20
Aprendizaxe colaborativa A28 B20 C3 8 0 8
Sesión maxistral A28 B20 B31 36 0 36
Glosario A28 A30 B20 B31 6 27 33
Proba práctica A28 A30 B31 C2 C3 8 28 36
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba mixta Exame oficial con exercicios variados de uso da lengua, de resposta breve, de elección múltiple, o de maior elaboración.
Lecturas Exercicios de comprensión lectora relacionados coas ciencias da saúde.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupos co fin de compartir información e destrezas, e de optimizar os resultados de aprendizaxe de todos os membros do grupo.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de lles transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Glosario Creación dun glosario con terminoloxía propia da disciplina.
Proba práctica Proba de clase para avaliar os coñecementos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba práctica
Glosario
Descrición
Traballo escrito, con seguimento do profesor da materia. Proporcionaranse consellos prácticos e fontes de información.

Ofrecerase atención personalizada durante as horas de titoría semanais para resolver problemas e proporcionar suxestións. Fóra destas horas, tamén se pode contactar co docente por correo electrónico.






Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba práctica A28 A30 B31 C2 C3 O alumnado realizará diversas tarefas prácticas ao longo do curso. 20
Proba mixta A28 A30 B20 No exame oficial de maio-xuño, todo o alumnado realizará unha proba mixta na data anunciada na convocatoria oficial de exames. 50
Aprendizaxe colaborativa A28 B20 C3 Os estudantes traballarán en grupo sobre un estudio de caso e o presentarán na aula. 10
Glosario A28 A30 B20 B31 O alumnado creará un glosario con terminoloxía específica 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, a calificación de cada unha das probas avaliables (proba mixta, glosario e proba práctica) deberá ser 5 sobre 10. Non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada. Os estudantes que non se presenten o día da proba mixta oficial acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

OPORTUNIDADE de XULLO: 

No caso de non superar algunha das actividades de avaliación na primeira oportunidade, debernse repetir na segunda oportunidade segundo a seguinte distribución de porcentaxes: glosario e presentación oral (20), proba mixta (60%) e unha tarefa equivalente ás probas prácticas (20%). 

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de DECEMBRO avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Alumnado con recoñecemento de DISPENSA ACADÉMICA:

Segundo o establecido na "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO E A PERMANENCIA E A PROGRESIÓN DOS ESTUDANTES DE GRAO E MÁSTER UNIVERSITARIO NA UNIVERSIDADE DA CORUÑA (aprobada polo Consello Social do 04/05/2017):

1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada, non se admitirán os traballos entregados fora de prazo sen causa debidamente xustificada.
3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10) para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade as partes non aprobadas (actividades/traballos e/ou proba).

Atención á DIVERSIDADE: 

A materia poderá ser adaptada ao
estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á
diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada
coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na
UDC/no Centro.

Igualdade de XÉNERO:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores e de autoras e propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas. Do mesmo xeito, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, así como formentar valores de respecto e igualdade. No caso de detectarse situacións de discriminación por razón de xénero, proporanse accións e medidas para corrixilas.


Fontes de información
Bibliografía básica Auriemma, D. et al (2023). Case Studies for Contemporary Occupational Therapy Practice. North Bethesda: AOTA Inc
Kielhofner, Gary (2009). Conceptual Foundations of Occupational Therapy. Philadelphia: F. A. Davis Company
Gately, Crystal and Sherry Borcherding (2024). Documentation Manual for Occupational Therapy. Thorofare: SLACK Inc.
Christiansen, Charles and Kristine Haertl (2024). Essential Concepts of Occupation for Occupational Therapy. New York: Routledge
Clifford O'Brien, Jane et al (2012). Introduction to Occupational Therapy. Saint Louis, MO: Elsevier
Stein, Franklin adn Kristine Haertl (2019). Pocket Guide to Intervention in Occupational Therapy. Thorofare: SLACK Inc.
Jacobs, Karen and Laela Simon (2020). Quick Reference Dictionary for Occupational Therapy. Thorofare: SLACK Inc.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Xestión e administración dos servizos de Terapia Ocupacional/653G01402

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Dereito, Bioética e Terapia Ocupacional/653G01105

Materias que continúan o temario
Documentación, metodoloxía cuantitativa e cualitativa/653G01C03

Observacións
V Plan de Acción del Programa Green Campus (2023-2025)


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías