Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Estancias Prácticas II Código 653G01210
Titulación
Grao en Terapia Ocupacional
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Garabal Barbeira, Jessica
Correo electrónico
jessica.garabal@udc.es
Profesorado
Corral Bergantiños, Yoanna
Garabal Barbeira, Jessica
Garcia Crespo, Maria Vanessa
Miranda Duro, María del Carmen
Rivas Quarneti, Natalia Yanaina
Veiga Seijo, Silvia
Correo electrónico
yoanna.corral@udc.es
jessica.garabal@udc.es
m.v.garcia@udc.es
carmen.miranda@udc.es
natalia.rivas.quarneti@udc.es
silvia.veiga.seijo@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende o desenvolvemento de competencias que permitan ao alumnado comprender e aplicar os coñecementos relacionados coa observación e a análise das contornas dende a Terapia Ocupacional e a intervención da/o terapeuta ocupacional nas mesmas ao longo do ciclo vital e tendo en conta distintas condicións de saúde e/ou situacións de vulnerabilidade.

Descriptor: Estadías prácticas para aplicar teorías, fundamentos, metodoloxías, técnicas, avaliacións e valoracións de Terapia Ocupacional, traballando adecuadamente en equipo e desenvolvendo as funcións e destrezas propias desta/e profesional en diferentes contornas, centros, hospitais, asociacións, institucións, grupos sociais e poboacionais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A6 Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento.
A8 Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional.
A10 Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población.
A11 Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional.
A12 Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación.
A17 Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación.
A19 Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación.
B3 Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo.
B6 Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional.
B7 Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo.
B8 Capacidad de análisis y de síntesis.
B9 Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica.
B11 Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar.
B15 Capacidad para comunicarse con personas no expertas en la materia.
B31 Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Aproximación ao corpo teórico que dá base ás accións de Terapia Ocupacional sobre o contorno: impacto do medio sobre a ocupación humana. Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados por exemplo con: a accesibilidade, o deseño universal e/ou a inclusión. A8
A10
A11
A19
Adquisición de destrezas de observación e análise do contorno: identificación das condicións do contorno que actúan como facilitadores ou como barreiras en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (avaliación-valoración do equilibrio persona/ambiente/ocupación). A8
A11
B3
B8
B9
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico, dacordo ao nivel competencial, aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade, deseño universal e/ou inclusión: planificación da intervención/acción (valoración, plan de mellora/intervención/acción, rexistro), deseño de contornos facilitadores para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. A6
A8
A11
B3
B8
B31
Potenciación de habilidades e rigor para o rexistro da información procedente da avaliación e valoración: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes, comunicación con persona/grupo/comunidade implicada. A11
B7
B8
B15
C1
Desenvolvemento dunha perspectiva social dacordo ao nivel competencial: situar ao alumnado en accións contextualizadas na comunidade, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito sociosanitario, facilitando a súa intervención no medio natural da persona/grupo e/ou comunidade e, en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. A11
A12
A17
B6
B11
B15
B31

Contidos
Temas Subtemas
Temas transversais a todas as prácticas: 1.- Principios teóricos básicos de avaliación e actuación profesional dende a terapia ocupacional sobre contornos/contextos. Unha mirada ocupacional a:
• Contornos domésticos
• Accesibilidade e deseño universal.
• Contorno/s social, histórico, cultural e institucional/ais

2.- Observación e análise de factores ambientais.
• Introdución aos factores ambientais.
• Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación e análise en diferentes contextos.
• Utilización dos conceptos contexto/ambiente dos modelos teóricos específicos de terapia ocupacional (por exemplo: Persoa-Medio-Ocupación, Modelo Canadense do Desempeño Ocupacional, Modelo Kawa, Modelo de Ocupación Humana) para a súa análise.

3.- Valoración de ambientes de participación nas ocupacións:
• Avaliación da accesibilidade dos contornos.
• Observación coa finalidade de avaliar ambientes.
• Análise do medio dende unha perspectiva individual e dende unha perspectiva colectiva.
• Valoración de ambientes específicos en función das ocupacións que acollen e das persoas que as desenvolven.
• Recollida de información da avaliación.


4.- Deseño de contornos accesibles para a participación nas ocupacións
• Principios para desenvolver o asesoramento.
• Deseño de actuacións específicas para a acción no medio ambiente. Exemplos: adaptacións funcionais do medio, deseño de ambientes socialmente facilitadores, propostas dende a perspectiva da universalidade, propostas de contrnos inclusivos para todas as persoas.

5.- Rexistro de información:
• Criterios de elaboración de rexistros das actividades realizadas.
• Comunicación con outros/as profesionais.
• Comunicación cos usuarios/as (persoa/grupo/comunidade).
Proxectos rotatorios de prácticas: 1.- Proxecto comunitario participativo de terapia ocupacional con Servizos Sociais.
2.- Proxecto comunitario de intervención social desde entidades de iniciativa social.
3.- Proxecto de intervención domiciliaria (colaboración en proxecto IKEA: Fogares máis accesibles para persoas con diversidade funcional).
4.- Proxecto de avaliación de contornos inmediatos e intervención domiciliaria.
5.- Proxecto de deseño de entornos para todas as persoas no ámbito educativo.


*Os proxectos poden sufrir modificacións polas necesidades contextuais da materia ou de cada proxecto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A10 B3 3 0 3
Estudo de casos A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 5 10 15
Saídas de campo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 20 0 20
Simulación A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 15 15 30
Aprendizaxe servizo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 15 15 30
Lecturas A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 2 8 10
 
Atención personalizada 4.5 0 4.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
Estudo de casos Metodoloxía onde a persoa se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto, a través dun proceso de discusión. A/o alumna/o sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Saídas de campo Actividades desenvolvidas nun contexto externo á contorna académica relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades e competencias relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida, a anñalise de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.

Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas polas/os docentes e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.

Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.
Simulación Consiste na representación dun fenómeno (de natureza física, técnica ou psicolóxica, ou social, entre outros) que permite unha análise máis sinxela, económica ou inocua que si se levara a cabo sobre o orixinal ou na realidade. Ponse á persoa ante unhas condicións hipotéticas nas cales se proba o seu comportamento os seus coñecementos, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias. Baséase, por tanto, na configuración de situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación
Aprendizaxe servizo Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo.
En función do rotatorio de prácticas que o alumnado escolla, as docentes ofrecerán ao alumnado oportunidades para participar nesta metodoloxía en colaboración con diferentes entidades sociais. Neste caso, o aprendizaxe servizo estará relacionado co resto de metodoloxías, concretamente coas saídas de campo.
Lecturas Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.

Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.


Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Aprendizaxe servizo
Saídas de campo
Simulación
Descrición
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:

- Saídas de campo e simulación (prácticas): poderán realizarse en dúas modalidades;saídas e traballo tutelado con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.

- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos estudos de caso.

A finalidade é apoiar o traballo que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade programada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
É dicir, a atención personalizada farase globalmente, mediante titorías personalizadas directas e virtuais, indvduais e/ou grupais.

O equipo docente da materia estará dispoñible no despacho do centro ou virtualmente a través da ferramenta Teams, dacordo ás circunstancias específicas. O horario e formato serán comunicados ao alumnado ao inicio da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Lecturas A6 A8 A11 A12 A19 B3 B6 B8 B31 C1 Valorarase a integración dos conceptos teórico-prácticos abordados nas lecturas obligatorias, en relación coas competencias específicas da materia, na realización dos traballos tutelados. 10
Estudo de casos A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Valorarase, ademáis das competencias adquiridas, a capacidade de expresión escrita do alumnado (avaliando de forma negativa os erros gramaticais e ortográficos), a integración de conceptos e a capacidade de resolución de problemas 10
Aprendizaxe servizo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Esta metodoloxía empregarase para avaliar a adquisición de destrezas para a intervención no ámibito comunitario, en equipos de traballo e en coordinación con profesionais e institucións de iniciativa social. 15
Saídas de campo A6 A8 A10 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 Empregarase esta metodoloxía para avaliar as actitudes e habilidades dxs estudantes na práctica en entornos comunitarios, na atención directa aos usuarios e/ou equipos de traballo.
Asemade, valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo acompañadxs polas/os docentes así coma a que a/o estudante realizará de forma autónoma, tendo en conta a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño ocupacional, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía.
40
Simulación A6 A8 A10 A11 A12 A17 A19 B3 B6 B7 B8 B9 B11 B15 B31 C1 A través desta metodoloxía valoraranse as atitudes ehabilidades de cara a planificar e abordar unha intervención, así como a integración e a aplicación de conceptos teórico-prácticos, as destrezas e os coñecementos adquiridos. 25
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia será competencia da docente responsable do rotatorio de cada estudante. Todas as metodoloxías non estarán presentes en todos os rotatorios, polo que a docente de cada un deles presentará o sistema concreto de avaliación ao inicio do mesmo (os rotatorios nos que se inclúa a metodoloxía de aprendizaxe servizo, esta será avaliada dentro da metodoloxía de saçidas de campo). A asistencia a todas as metodoloxías do rotatorio asignado será obrigatoria.

Cada estudante realizará un portfolio da actividade realizada no rotatorio, que presentará na sesión de peche final da materia. Cada proxecto terá un contido diferente, polo que a avaliación se axustará ás condicións específicas de cada un deles, ademáis do portfolio final xa exposto, e común a todos os proxectos da materia. Na presentación da materia cada docente dará a información necesaria sobre a avaliación de cada un dos proxectos.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación (por
exemplo: plaxio) implicará directamente a calificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera
calificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria.

A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBRIGATORIA A ASISTENCIA AO 100% DAS HORAS. Segundo a norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos/as estudantes de grao a Universidade da Coruña (aprobada no Consello de Goberno do 22/05/2012),cando un estudante teña recoñecida a súa condición de matrícula a tempo parcial, ten dereito a gozar dun réxime de asistencia a clase de carácter flexible e a solicitar a dispensa académica especial establecida no artigo 4(apartado 5) de dita norma, en tanto non afecte negativamente ao proceso de
avaliación do/a estudante. A ese efecto, as Comisións Académicas dos diferentes centros da UDC concretan o alcance da citada dispensa. Por tanto, a concesión á solicitude de dita flexibilidade quedará á expensas da valoración e decisión da comisión académica do grao de Terapia Ocupacional, tendo en conta as metodoloxías e criterios de avaliación das materias.

No caso de non superación da materia na primeira oportunidade da convocatoria, pola ausencia ás Saídas de Campo, Simulación ou metodoloxía de Aprendizaxe Servizo,
non se poderá superar a materia na segunda oportunidade, e a/o estudiante tendrá que presentarse na seguinte convocatoria, ao tratarse de actividades que, pola súa natureza, non son recuperables na segunda oportunidade (tal e como recollen as Normas de avaliación,
revisión e reclamación das calificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña, aprobadas polo Consello de Goberno do 19 de dicembro de 2013 e modificadas por última
vez no Consello de Goberno do 29 de xuño de 2017).

O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o território nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra(Graciable).

Considerarase como "non presentado" (NP) aquel ou aquela estudante que, estando matriculado nunha materia, non concorrese ás distintas actividades de avaliación que se establezan para o curso académico. En ausencia de regulación específica para cada titulación, considerarase que deberá ser cualificado/a como "non presentado": a) cando non completase o proceso de avaliación continua, nas condicións que figuren na guía docente, ou b) cando non se presente á proba do período oficial de avaliación. A consideración de NP non consome convocatoria no número total de convocatorias que a/o estudante ten por materia.


Fontes de información
Bibliografía básica

Blanco, RM, Blanco L, Luengo S, Pastor G, Rivero M, Rodríguez MR, Vicente MJ. 2003. Accesibilidad para personas con ceguera y deficiencia visual. Edita: ONCE. Características de la rotulación para personas con discapacidad visual. Edita: ONCE. Madrid. 2006 Concepto Europeo de Accesibilidad. Edita: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (CEAPAT). Madrid.

Bridge C. Home modification: occupation as the basis for an effective practice. En: Curtin M, Molineux M, Supyk-Mellson, J (editores). Occupational therapy and physical dysfunction: enabling occupation. Elsevier; 2010; p. 409-429.

Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF).

Conway M. Occupational therapy and inclusive design: principles for practice. Oxford: Blackwell Publishing; 2008.

De-Rosende-Celeiro I, Torres G, Seoane-Bouzas M, Ávila A. Exploring the use of assistive products to promote functional independence in self-care activities in the bathroom. PLoS One, 2019, 14, e0215002.

De Rosende I, Santos S. Influencia de la Terapia Ocupacional en la realización de adaptaciones en el hogar de las personas en situación de dependencia. TOG, 2013, 10(18).

De-Rosende-Celeiro I, Santos-del-Riego S, Muñiz J. Homebound status among middle-aged and older adults with disabilities in ADLs and its associations with clinical, functional, and environmental factors. Disabil Health J, 2017, 10(1), 145-151.

Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG nº 41 (29 de febreiro de 2000)

Dotte P. Método de manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario, generalidades y educación gestual específica. Tomo I. Barcelona: Masson; 2003.

Dotte P. Método de manutención manual de los enfermos: ergomotricidad en el ámbito sanitario, aplicaciones clínicas. Tomo II. Barcelona: Springer-Verlag Ibérica; 1999.

Dotte P. Método de movilización de los pacientes: ergomotricidad en el ámbito asistencial. Barcelona: Elsevier; 2010.

Doval, M.a I., Martinez-Figueira, M.aE., & Raposo, M. (2013). La voz de sus ojos: la participación de los escolares mediante Fotovoz. Revista de Investigación en Educación, 11(3), 150–171.

Gastaldo, D., Magalhaes, L., & Carrasco, C. (2013). Mapas corporais narrados: un método para documentar trajetórias de saúde, resiliência, adoecimiento e sofrimento. In A. Branco-Fraga, Y. M. de Carvalho, & I. M. Gomes (Eds.), As práticas corporais no campo da saúde (pp. 83–100). Sao Paulo: Editora Hucitec.

Gastaldo, D., Magalhães, L., Carrasco, C., y Davy, C. (2018). Mapas corporales narrados como investigación. Consideraciones metodológicas para contar las historias de trabajadores indocumentados a través del mapeo corporal. (Trad. N. Rivas-Quarneti, S. Sánchez-Pérez, V. Vinzón y S. Veiga-Seijo). Recuperado de http://www.migrationhealth.ca/undocumented-workers-ontario/body-mapping (original en inglés, 2012)

Clare Hocking (2021) Occupation in context: A reflection on environmental influences on human doing, Journal of Occupational Science, 28:2, 221-234, DOI: 10.1080/14427591.2019.1708434

Huot, S., Cao, A., Kim, J., Shajari, M., & Zimonjic, T. (2018). The power of language: Exploring the relationship between linguistic capital and occupation for immigrants to Canada. Journal of Occupational Science, 0(0), 1–12. https://doi.org/10.1080/14427591.2018.1534136

Huot, S., Rudman, D., Dodson, B., & Magalhães, L. (2013). Expanding Policy-Based Conceptualizations of ‘Successful Integration’: Negotiating Integration through Occupation following International Migration. Journal of Occupational Science, 20(1), 6–22. https://doi.org/10.1080/14427591.2012.717497

Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. DOG nº 241 (17 de decembro de 2014). Organización Mundial de la Salud (2001).

Pizarro E., Estrella S., Figueroa F., Helmke F., Pontigo C.& Whiteford G. (2018) Entendiendo la justicia ocupacional desde el concepto de territorio, una propuesta para la ciencia de la ocupación, Journal of Occupational Science, 25:4, xvi-xxvi, DOI: 10.1080/14427591.2018.1487262

Pollard, N., & Sakellariou, D. (2017). Occupational therapies without borders: integrating justice with practice (2nd ed.). Elsevier.

Rivas-Quarneti, N., Magalhaes, L., & Fernández, M. (2017). Contribuciones del Metaplan en Investigación Cualitativa Crítica en Ciencias de la Salud: un camino hacia la acción dialógica. CIAIQ 2017, 2(0). Retrieved from http://proceedings.ciaiq.org/index.php/ciaiq2017/article/view/1262

Rigby P, Craciunoiu O. Assessing environment: home, community and workplace. Access and safety. En: Vining M, Trombly CA. Occupational therapy for physical dysfunction. Baltimore: Lippincott Williams & Wilkins; 2014; p. 306-337.

Stein F, Söderback I, Cutler S, Larson B. Occupational therapy and ergonomics: applying ergonomic principles to everyday occupation in the home and at work. Chichester: Whurr Publishers; 2006

Whiteford G., Jones K., Rahal C.& Suleman A. (2018) El Marco de Justicia Ocupacional Participativa como herramienta de cambio: Descripción y contraste de tres casos, Journal of Occupational Science, 25:4, l-lxii, DOI: 10.1080/14427591.2018.1504610

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206

Materias que continúan o temario

Observacións

OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS:

1.- Para axudar a conseguir un contorno inmediato sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "IV Plan de Acción do Programa Green Campus FCS (2020-2022)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a.- Na súa maioría se solicitarán en formato virtual e soporte informático.

b.- De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- A docente responsable resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación.

3.- A docente responsable da materia aplicará a correspondente normativa da UDC ante a detección de calquera tentativa de plaxio motivada por un/unha estudante da materia no desenvolvemento dos seus traballos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías