Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Enfermaría Xerontolóxica Código 661G01020
Titulación
Grao en Enfermaría
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Saúde
Coordinación
Domínguez Fernández, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.dominguez.fernandez@sergas.es
Profesorado
,
Domínguez Fernández, Mercedes
Correo electrónico
mercedes.dominguez.fernandez@sergas.es
Web http://campusvirtual.udc.gal/
Descrición xeral A Materia de Enfermaría Xerontolóxica ten como meta que o estudante adquira coñecementos, habilidades e actitudes sobre a problemática bio-psico-social dos maiores, o que o capacitará para dar coidados integrais de fomento da saúde, prevención da enfermidade, recuperación e rehabilitación física e social, así como o coñecememto das causas e das consecuencias do envellecemento individual e poboacional.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A49 Comprender os cambios asociados ao proceso de envellecer e a súa repercusión na saúde.
A50 Identificar as modificacións estruturais, funcionais, psicolóxicas e de formas de vida asociadas ao proceso de envellecer.
A51 Coñecer os problemas de saúde máis frecuentes nas persoas maiores.
A52 Seleccionar as intervencións coidadoras dirixidas a tratar ou a previr os problemas de saúde e a súa adaptación á vida diaria mediante recursos de proximidade e apoio á persoa anciá.
B1 Aprender a aprender.
B2 Resolver problemas de forma efectiva.
B3 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
B8 Capacidade de análise e sínteses.
B9 Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica.
B13 Toma de decisións.
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
C10 CB2.- Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos a seu traballo ou vocación de unha forma profesional y posúan as competencias que solen demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
C11 CB3.- Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan una reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
C12 CB4.- Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Elexir e aplicar adecuadamente instrumentos de valoración e escalas específicas para as persoas maiores eo seu cuidador/a, demostrando capacidade e habilidade para realizar a valoración integral dos maiores utilizando referentes teóricos e evidencias científicas A49
A50
A51
A52
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Describir e utilizar conceptos relevantes sobre os procesos de envellecemento individual e colectivo tendo en conta a sua evolución e variabilidade dende unha perspectiva histórica, antropolóxica e social. A49
B1
B2
B8
C4
C12
Analizar e discutir as diferenzas entre os cambios normais asociadas ao envellecemento de aqueles que son consecuencia dos procesos patolóxicos, relacionando estes cambios ca satisfacción das necesidades básicas. A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
Identificar os procesos de alteración da saúde mais prevalentes nas persoas maiores no medio comunitario e hospitalario, planificando e prestando coidados de enfermaría a través dun modelo enfermeiro e un proceso de intervención baseado na linguaxe estandarizada (NANDA, NIC, NOC) A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C11
Describir e analizar os distintos niveis e servizos asistenciais sanitarios e sociais identificando os recursos sociais existentes na comunidade e describindo como han de usarse tendo en conta ás necesidades das persoas maiores A49
A52
B1
B2
B3
B9
B13
C4
C10
C11
C12
Promover estilos de vida saudable e auto-coidado, apoiando o mantemento de comportamentos preventivos e terapéuticos que promovan a independencia, na satisfacción das necesidades básicas humanas e melloren a calidade de vida na vellez, describindo o medio ambiente axeitado para o benestar e protección dos maiores A49
A50
A51
A52
B1
B2
B3
B8
B9
B13
C4
C10
C12

Contidos
Temas Subtemas
Unidade DidacticaI: Conceptos e Xeneralidades relacionados co envellecemento Tema 1. Conceptos xerais
Tema 2. Proceso de envellecemento e teorías de envellecemento
Unidade Didactica II: Aspectos sociais, antropolóxicos e económicos do envellecemento Tema 3. Demografía do envellecemento
Tema 4. Socioloxía do envellecemento
Tema 5. Aspectos económicos do envellecemento
Unidade didactica III: A atención sociosanitaria en España Tema 6. Recursos formais e informais no coidado da persoa anciá con problemas de saúde y/o dependencia
Unidade Didactica IV: A persoa maior san. Necesidades Básicas humanas asociadas ao proceso do envellecemento. Tema 7. Valoración xeriátrica integral
Tema 8. Concepto de ancián san. Coidados de enfermería
Tema 9. Concepto de ancián fráxil e síndromes xeriátricos
Tema 10. Síndromes xeriátricos relacionados coas necesidades básicas humanas
-10.1. Necesidade de eliminación
-10.2. Necesidade de movemento
-10.3. Necesidade de alimentación
-10.4. Necesidade de descanso e sono
-10.5. Necesidade de comunicación
Unidade Didactica V: A persoa maior enferma. Características das enfermidades no ancián. Procesos patolóxicos mais frecuentes Tema 11. Características das enfermidades do ancián
Tema 12. Terapéutica nas persoas maiores
Tema 13. Accidente cerebrovascular
Tema 14. Enfermidade de Parkinsón
Tema 25. Trastornos neurocognitivos

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A49 A50 A51 A52 A50 A51 B1 C4 21 31 52
Seminario A52 B3 B1 B2 B8 B9 B13 33 0 33
Estudo de casos A49 A50 A51 A52 B1 B2 B3 B8 B9 B13 C10 C11 C12 3 0 3
Análise de fontes documentais A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B9 C4 2 2 4
Traballos tutelados A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 4 20 24
Proba mixta A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C4 C4 C10 2 28 30
Actividades iniciais C4 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia.
Seminario Metodoloxía de aprendizaxe orientada a un nivel máis práctico, na que, a partir do estudo dun tema, o grupo adquira coñecementos e poida, en base a iso, expor unha discusión, hipótese ou presentar opcións de resolución de casos.
Nos seminarios promoverase a participación individual e colaborativa. Poderanse realizar nos seminarios grupos de debate, role playing con escenarios de simulación relacionados cos temas tratados na materia, para iso é posible que se modifique a estrutura dos grupos de traballo.
Estudo de casos Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Análise de fontes documentais Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo test e preguntas desenvolvemento. En canto preguntas test serán preguntas obxectivas de resposta única entre que se escollerá entre catro alternativas. Integra preguntas referidas aos contidos desenvoltos a través das distintas metodoloxías durante o cuadrimestre. En canto a preguntas de desenvolvemento, pode combinar preguntas abertas, de ordenación, de resposta breve, de completar e/ou de asociación.
Actividades iniciais Actividades que se levan a cabo antes de iniciar calquera proceso de ensino-aprendizaxe a fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posúe o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren alcanzar, vinculados a un programa formativo. Con ela preténdese obter información relevante que permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Proba mixta
Seminario
Descrición
A atención personalizada relacionada cos traballos ten como finalidade orientar os estudantes na realización dos traballos. O seguimento farase de forma individual ou en pequenos grupos, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico

A atención personalizada relacionada coa proba mixta e coa leccion maxistral ten como finalidade atender as consultas do alumnado relacionadas co estudo e/ou temas vinculados coa materia. Farase de forma individualizada, ben de maneira presencial ou a través do correo electrónico.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A49 A50 A51 A52 B1 B3 B8 B13 C4 C10 C11 C12 A realización dos traballos tutelados será obrigatoria.
Puntuará sobre un mínimo de 0 e un máximo de 10. A parte escrita puntuará o 10% e será a mesma para todos os membros do grupo e o 5% restante puntuará según as habilidades demostradas na exposición oral por parte de cada estudante.

Para a avaliación dos traballos seguiranse criterios de calidade sobre: presentación, estrutura, contidos, bibliografía e exposición oral.

Este traballo suporá o 15% da cualificación final.
15
Proba mixta A50 A51 A52 A49 B2 B8 B9 B13 B3 C4 C4 C10 Proba escrita para avaliar a aprendizaxe das competencias que se compoñerá de preguntas tipo test (englobarán o 70% do exame) e preguntas curtas e de resolución de casos (o 30% restante)

Os erros restrán 0,33. As preguntas en branco non puntúan. A puntuación final corresponderá ao número de respostas correctas, descontando as incorrectas. Sendo condición indispensable para superar a materia superar o examen con nota igual o superior a un 5 sobre 10.

Esta proba suporá o 60% da cualificación final.
60
Seminario A52 B3 B1 B2 B8 B9 B13 Dividiranse por grupos e os traballos da aula dividiranse en traballo individual (10%) e traballo grupal (10%). A participación e asistencia aos mesmos suporá o 5% da nota.

Esta parte suporá o 25% da cualificación final.
25
 
Observacións avaliación
  • Os criterios de avaliación da segunda oportunidade (xullo) serán os mesmos cos da primeira oportunidade (febreiro). É dicir, o 60% da avaliación da materia dependa da porba obxetiva tipo test/resposta cura. Por outra parte, o 15% da calificación dependerá do traballo tutelado grupal (10% do traballo escrito e 5% presentación). Finalmente, o 20% da calificación da materia dependerá da evaluación e seguimento continuo dos seminarios e o 5% restante, da asistencia a aula
  • SEGUNDA OPORTUNIDAD: Para aquel alumnado que non supere a materia na primeira oportunidade de avaliación, manteranse os mesmos porcentaxes de avaliación que na primeira oportunidade e o alumnado poderá volver a realizar calquera das tareas evaluadas que houbese suspendido, en este caso de forma individual (mesmo as que inicialmente eran en grupo) e deberá entregalas 10 días antes da fecha de examen. As tarefas que non se repitan manterán as calificación da primeira oportunidade. Terá que repetir, en calqueira caso, o examen final da materia. As partes superadas na primeira oportunidad conservanse solo para a segunda oportunidad
  • A calificación de NO PRESENTADO: se otorgará a aqueles alumnos que non se presenten ao examen.
  • Para alumnado a TEMPO PARCIAL, DISPENSA ACADÉMICA, ERASMOS, SICUE y BILATERAL poderá optar a evaluación da modalidade ordinaria o avaliación en la que correspondera o 60% coa nota da proba mixta e o 40-5 co traballo tutelado (que en este caso será individual).
  • Opterán a calificación de MATRICULA DE HONRA o estudante que obtivera unha calificación global superior a 9, sexa a mellor calificación da clase na oportunidade avaliada e a sua aportación nas clases e seminarios haxa sido significativa. No caso de que exista maior número de estudantes que matrículas de honra asignadas á materia, adxudicaranse ós estudantes con mellor nota media nos estudos de casos e traballos tutelados, no caso de coincidir as cualificacións dos estudos de casos e traballos tutelados adxudicaranse ós estudantes con mellor nota da proba mixta.
  • Convoctorias da OPORTUNIDADE ADIANTADA DE AVALIACIÓN:para aqueles alumnos que solicitaran a oportunidade adiantada de avaliación, cumpran cos requisitos e se lle conceda poderán presentarse ao examen teórico cuxa calificación suporá o 100% da calificación da materia

· Os estudantes que non presenten os estudos de casos e/ou traballo tutelado , obterán un no presentado , aínda que realicen a proba mixta.

· A entrega dos traballos tutelados, farase a través da plataforma Moodle na tarea asignada.

Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa dos seu orixe e, se é o caso, o permiso do seu autor/a será calificado con suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo sen prexuizo das das responsabilidades disciplinarias as que poidera haber lugar tras o correspondente procedemento

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase amodificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

 


Fontes de información
Bibliografía básica García Hernández M, Medina Aragón F J, Gallo Estrada J. (2011). Atención enfermera en los grandes síndromes geriátricos. Madrid: Fuden
García López MV, Molero Bastante M, Moraleda Torres L, David Pedraza Cantero A, Enterteca (2023). Cuidados básicos para la edad avanzada. Madrid:DAE
Charlotte Eliopoulos (2019). Enfermería Geriátrica y Gerontológica.9ª ed.. Barcelona: Wolters Kluwer
Willians PA. (2020). Enfermería Geriátrica. 7ª ed.. Barcelona: Elsevier.
Millán Calenti (2011). Gerontología y Geriatría. Valoración e intervención. Madrid:Médica Panamericana
Bermejo Boixareu C, Rodríguez Salazar J (2017). Manual terapéutico en geriatría. 2ª edición. Madrid: Médica Panamericana
Abizanda Soler P, Cano Gutierrez C. et al. (2020). Medicina Geriátrica, una aproximación basada en problemas.2ª ed.. Madrid: Elsevier;
Abizanda Soler P, Rodríguez Mañas L. (2020). Tratado de Medicina Geriátrica. Fundamento de la atención sanitaria a los mayores.2ª ed.. Barcelona: Elsevier

Bibliografía complementaria

Revistas científicas:

- Geriatric Nursing 

- BMC Nursing 

- BMC Geriatrics 

- American Journal ofNursing 

- Revista Española de Geriatría y Geronotología 

- Gerokomos 

Páxinas web: 

- Sociedad Española Geriatría y Gerontología

- Sociedad de Enfermería Geriátrica y Gerontológica


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Anatomía/750G01001
Psicoloxía/750G01003
Fundamentos da Enfermaría/750G01007
Nutrición/750G01009
Farmacoloxía/750G01011
Ética profesional, marco legal e filosofía do coidado/750G01016
Estancias Clinicas I/750G01025
Estancias Clinicas II/750G01026
Enfermaría Comunitaria I/661G01014
Enfermaría Clínica I/750G01034
Enfermaría Clínica II/750G01035
Fisioloxía/750G01105

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Enfermaría clínica III/750G01017
Enfermaría Comunitaria II/750G01019
Estadías Clínicas III/750G01027

Materias que continúan o temario

Observacións

Esta materia ten en conta as recomendacións sobre SOSTIBILIDADE, MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XÉNERO para acadar unha contorna inmediata sustentable, ambiental e social. Ademais dúas das competencias xerais que debe adquirir o alumnado dentro do grao e da materia son B20 e B24; a primeira é a sensibilidade cara temas medioambientais e a segunda sinala a necesidade de fomentar e aplicar os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. Por todo isto:

- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

- Débense ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostibilidade nos comportamentos persoais e profesiona


Esta materia ten en conta recomendación de :SOSTENIBILIDADE MEDIO AMBIENTE, PERSOA E IGUALDADE DE XENERO:

- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.


- Teranse en conta os principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

- Atendendo ás distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, nesta materia terase en conta a perspectiva de xénero velando pola non utilización dunha linguaxe sexista na aula, nos documentos desenvolvidos na materia e nas actividades clínicas realizadas co alumnado.

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas dentro da aula ou no contexto clínico, influíndo na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Prestará especial atención en detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso idóneo, igualitario e proveitoso á vida universitaria.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías