Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer os fundamentos básicos de xestión dunha empresa de téxtil/moda, tanto a nivel estratéxico como operativo e funcional. |
A2 |
Coñecer os aspectos da contorna que inflúen na evolución do mundo da moda e as súas empresas, con especial incidencia no impacto das cuestións económicas e legais. |
A16 |
Incorporar criterios de sostibilidade nos procesos de toma de decisión da empresa (e por extensión aos mercados de moda). |
A17 |
Saber implantar programas de responsabilidade social corporativa (nos mercados de moda). |
B1 |
Que o estudantado demostrase posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral, e se adoita atopar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo. |
B2 |
Que o estudantado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dun xeito profesional e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo. |
B3 |
Que o estudantado teña a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética. |
B4 |
Que o estudantado poida transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado. |
B5 |
Que o estudantado desenvolvera aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía. |
B6 |
Capacidade para a cooperación, o traballo en equipo e a aprendizaxe colaborativa en contornos interdisciplinares. |
B8 |
Capacidade de planificación, organización e xestión de recursos e operacións. |
B9 |
Capacidade de análise, diagnóstico e toma de decisións. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables. |
C7 |
Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
C9 |
Ter a capacidade de xestionar tempos e recursos: desenvolver plans, priorizar actividades, identificar as críticas, establecer prazos e cumprilos. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Analizar, comprender e aplicar criterios de sustentabilidade en todas as áreas da cadea de valor da industria da moda e as súas empresas para a toma de decisións estratéxicas e operativas.
Extender a sustentabilidade cara a unha aplicación de responsabilidade social en todos os ámbitos da compañía, así como nas súas relacións cos grupos de interese. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Comprender a importancia da xestión da cadea de valor como elemento estratéxico das empresas da industria da moda e a súa relevancia para as áreas de negocio.
Comprender a importancia da sustentabilidade como enfoque para xerar valor económico, social e ambiental que contribúa ao benestar a longo prazo da sociedade. |
A1 A2 A16 A17
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9
|
C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PARTE I. XESTIÓN DA CADEA DE VALOR DA INDUSTRIA DA MODA. |
01. Cadea de valor: concepto, eslabóns, axentes e xestión estratéxica.
02. Cadea de valor da industria da moda.
03. Xestión sostible da cadea de valor da moda.
04. Materialidade, impulsores, barreiras, facilitadores e resultados.
|
PARTE II. O MODELO DE MODA CIRCULAR. |
05. Moda circular: Deseño
06. Moda circular: Produción
07. Moda circular: Retailing e loxística (reversa).
08. Moda circular: Consumo
09. Moda circular: Xestión de residuos (cradle-to-cradle) |
|
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 C2 C4 |
3 |
0 |
3 |
Lecturas |
A1 A2 A16 A17 B5 B9 C2 C5 C8 |
5 |
0 |
5 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
2 |
25 |
27 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
25 |
45 |
70 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
15 |
20 |
35 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Para familiarizarse cos estudos de caso presentados por profesionais da materia, os estudantes tamén deben asistir a actividades prácticas complementarias (conferencias, seminarios, talleres, etc.). Deberían reflexionar sobre o contido e producir unha análise, que será sometida a avaliación. |
Lecturas |
Para complementar as conferencias, facilitaranse análises, textos e lecturas e / ou tarefas prácticas baseadas nunha variedade de temas. Os estudantes deben traballar en grupo para responder a preguntas establecidas. |
Proba de resposta múltiple |
Proba individual ou proba de elección múltiple. As respostas incorrectas penalizarán a nota da proba. |
Sesión maxistral |
Os contidos do programa teórico da materia presentaranse en sesións maxistrais. As diapositivas e resto de recursos empregados poranse a disposición dos/das estudantes no campus virtual. A asistencia presencial e individual ás sesións expositivas poderá ser controlada aleatoriamente. |
Presentación oral |
Nas sesións interactivas, os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo. Os proxectos serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria. Só se calificará aos membros dos equipos que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula na data e hora asignadas.
Controlarase aleatoriamente a asistencia presencial individual ás sesións interactivas.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Lecturas |
Presentación oral |
|
Descrición |
A profesora ten asignada dispoñibilidade para realizar tutorías.
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise a adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa tutora ADI da Facultade de Humanidades. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A2 A16 A17 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
Un 10% da calificación obtida a partir da asistencia e/ou participación individual en tódalas sesións, tanto expositivas como interactivas, da materia, incluidas todas as presentacións de proxectos prácticos e os seminarios/conferencias invitados. Esta participación poderá controlarse aleatoriamente. |
10 |
Proba de resposta múltiple |
B1 B5 B9 C6 C9 |
Realizaráse un examen tipo test, que poderá ser administrado vía Campus Virtual na aula, onde solo unha opción é correcta. As respostas incorrectas penalizan un tercio do valor das correctas. É estrictamente necesario aprobar o examen (esto é, obter unha calificación igual ou superior a 5,00 nunha escala de 0-10) para aprobar a materia.
Son materia de examen todos os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nas sesións teórico-prácticas e nas sesións prácticas; tanto individuáis como de presentación e discusión de proxectos de equipo. Os contidos de todos os proxectos prácticos en equipo serán polo tanto avaliables.
É importante que o estudantado aborde o estudo individual dos contidos apoiándose en todos os materiais dispoñibles no campus virtual e nas notas tomadas na aula para a mellor comprensión dos exemplos reais utilizados para ilustrar os contidos.
É importante complementar esos materiais coa revisión individual polo estudantado das fontes de información recomendadas. |
60 |
Presentación oral |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 C4 C5 C6 C7 C8 C9 |
Os estudantes aplicarán os fundamentos teóricos da materia realizando un proxecto práctico en equipo.
O obxectivo do proxecto é que os estudantes aprendan a tomar decisións e a sopesar a repercusión que tales decisións xeran nun contexto de cadea de valor sostible, desde unha perspectiva de análise 360º, e para cada un dos eslabóns da cadea e a relación de stakeholders implicados.
O proxecto práctico poderá versar sobre casos prácticos ou lecturas recomendadas, complementados por bibliografía e webgrafia relevantes. Só se cualificará aos membros do equipo que participen activamente tanto na elaboración do proxecto práctico como na presentación/exposición oral na aula.Todo o alumnado dun mesmo equipo de traballo obterá a mesma calificación.
Os proxectos (e os seus avances) serán presentados e expostos publicamente por cada equipo en sesión presencial e plenaria.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
A) NORMATIVA DE AVALIACIÓN 1. Condicións de avaliación: está prohibido o acceso ás aulas de examen con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de datos (teléfonos móviles, reloxos intelixentes, etc.). 2. Identificación do estudantado: o estudantado ten que acreditar a súa identidade de acordo á normativa vixente. B) TIPOS DE CALIFICACIÓN 1. CALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO Corresponde ó alumnado cando solo participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada. 2. ESTUDANTADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE
ASISTENCIA Para o estudantadomatriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia a proba de resposta múltiple suporá o 100 % da calificación final. C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN 1. PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE O sistema e datas oficiais de avaliación aplicaránse a todos o estudantado da materia, incluidos estudantado Erasmus e de intercambio. No caso do estudantado non presentado ou suspenso na primeira oportunidade (suspensos= cualificación final < 5,00), ben por insuficiente cualificación na avaliación continua ou por ter suspendido o exame de test -non é posible ir á segunda oportunidade para subir a nota da primeira-), para a segunda oportunidade elixirase a mellor das seguintes 2 cualificacións como cualificación final: a) Cualificación final = 100% da cualificación do exame de test de 2ª oportunidade, b) Cualificación final = suma das puntuacións obtidas na avaliación continua (primeira oportunidade: 30% + 10%) e no exame de test da 2ª oportunidade (60%) sempre e cando a cualificación obtida no exame sexa igual ou superior a 5,00. En ambos casos solo será aprobado o estudantado que obteñan unha cualificación final igual ou superior a 5,00. 2. CONVOCATORIA ADIANTADA As condicións de avaliación da oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de Avaliación, Revisión e Reclamacións das Cualificacións dos Estudos de Grao e Mestrado Universitario) serán específicas para esta oportunidade. Esta será avaliada por medio dunha proba de resposta múltiple que suporá o 100 % da calificación final. D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN Os estudantado que suspendan a proba de resposta múltiple recibirán a cualificación do examen como cualificación final en todas as oportunidades. As calificacións obtidas polo estudantado na avaliación continua como resultado dos proxectos prácticos en equipo (30%) e a asistencia individual (10%) serán válidas solo durante o curso académico en cuestión. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
- Fletcher, K. and Grose, L. (2012): “Fashion and Sustainability: Design for Change”, Laurence King Publishing, London (UK).
- Gardetti, M. A. and Torres, A. L. (2013): “Sustainability in Fashion and Textiles: Values, Design, Production and Consumption”, Greenleaf Publishing, Sheffield (UK).
|
Bibliografía complementaria
|
|
- Burns, L. D. (2019): “Sustainability and Social Change in Fashion”, Fairchild Books, Bloomsbury Publishing Plc, London (UK).
- Little, T. (2018): “The Future of Fashion: Understanding Sustainability in the Fashion Industry”, New Degree Press, Potomac (USA).
- Black, S. (2013): “The Sustainable Fashion Handbook”, Thames & Hudson, London (UK).
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Fundamentos de Xestión da Empresa de Moda/710G03004 | Xestión da Cadea de Subministración de Moda I: Aprovisionamento/710G03005 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda II: Xestión de Operacións/710G03017 |
|
Materias que continúan o temario |
Xestión da Cadea de Subministración de Moda III: Loxística e Transporte/710G03019 |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumprir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do Plan de Acción Green Campus Ferrol a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia se solicitarán en formato virtual e/o soporte informático (a entrega farase a través de moodle ou email, en formato dixital sin necesidad de imprimilos). En caso de ser necesario realizalos en papel: non se empregarán plásticos, as impresións serán dobre cara, utilizarase papel reciclado, evitarase a impresión de borradores e debderase ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos personais e profesionais. Facilitarase a plena integración do alumnado/profesorado con diversidade funcional. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...). Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |
|