Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
ETI1 - Coñecemento e capacidade para a análise e o deseño de sistemas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica. |
A6 |
ETI6 - Coñecementos e capacidades que permitan comprender, analizar, explotar e xestionar as distintas fontes de enerxía. |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B5 |
CB10 - Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en boa medida autodirixido ou autónomo. |
B6 |
G1 - Ter coñecementos adecuados dos aspectos científicos e tecnolóxicos na Enxeñería Industrial. |
B7 |
G2 - Proxectar, calcular e deseñar produtos, procesos, instalacións e plantas. |
B13 |
G8 - Aplicar os coñecementos adquiridos e resolver problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos e multidisciplinares. |
B16 |
G11 - Posuír as habilidades de aprendizaxe que permitan continuar estudando dun modo autodirigido ou autónomo. |
C1 |
ABET (a) - An ability to apply knowledge of mathematics, science, and engineering. |
C3 |
ABET (c) - An ability to design a system, component, or process to meet desired needs within realistic constraints such as economic, environmental, social, political, ethical, health and safety, manufacturability, and sustainability. |
C5 |
ABET (e) - An ability to identify, formulate, and solve engineering problems. |
C8 |
ABET (h) - The broad education necessary to understand the impact of engineering solutions in a global, economic, environmental, and societal context. |
C9 |
ABET (i) - A recognition of the need for, and an ability to engage in life-long learning. |
C11 |
ABET (k) - An ability to use the techniques, skills, and modern engineering tools necessary for engineering practice. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno será capaz de coñecer, identificar, avaliar e dimensionar os distintos elementos dun sistema de enerxía eléctrica, que, entre outros, inclúen as máquinas eléctricas, canalizacións eléctricas, aparamenta eléctrica e proteccións. Así mesmo, saberá analizar o comportamento dos anteriores elementos a partir dos seus modelos e circuítos equivalentes. |
AP1 AP6
|
BP2 BP5 BP6 BP7 BP13 BP16
|
CP1 CP3 CP5 CP8 CP9 CP11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os bloques ou temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: |
Análise e deseño de:
- Sistemas de xeración eléctrica.
- Sistemas de transporte e distribución de enerxía eléctrica.
Explotación e xestión as distintas fontes de enerxía. |
Introdución |
Análises de Circuítos Eléctricos
Fundamentos Electromagnetismo |
Xeralidades dos Sistemas de Enerxía Eléctrica |
Introdución ó análise de sistemas de enerxía eléctrica.
Elementos nos sistemas de enerxía eléctrica.
- Liñas de transporte de enerxía eléctrica.
- Transformadores de potencia.
- Máquinas asíncronas e síncronas.
- Subestacións. Configuración e operacións con barras.
Modelización de elementos eléctricos (Cuadripolos).
- Parámetros de impedancia.
- Parámetros de admitancia.
- Parámetros de híbridos e híbridos inversos.
- Parámetros de transmisión e transmisión inversos.
- Conversión de parámetros.
- Conexión de cuadripolos. |
Análise de Fluxos de Carga |
Introducción ó sistema por unidade.
Teorema de Kennelly
Fluxos de carga.
- Clasificación de nós, estado de rede e teorema de Boucherot.
- Ecuacións matriciais de nó por matrices de conexión.
- Acoplamentos magnéticos.
- Ecuacións matriciais de nó por inspección directa de circuitos.
- Definición de matriz de admitancias de nó.
- Cálculo de voltaxes de nó e fluxos de carga.
- Métodos de resolución iterativos: Gauss-Seidel e Newton-Raphson. |
Análise de Cortocircuitos |
Definición de matriz de impedancias de nó.
- Construción de matriz de impedancias de nó de forma directa.
- Modificación de estado de rede.
Definición de cortocircuito.
- Actuación de dispositivos de protección. Interruptores de potencia e seccionadores.
- Definición de rexímenes transitorio e subtransitorio.
Cálculo de cortocircuitos simétricos.
- Cortocircuito trifásico dunha máquina síncrona en vacío.
- Cortocircuito trifásico dunha líña en vacío.
Componentes simétricas (Teorema de Fortescue-Stokvis).
- Componente directa.
- Componente inversa.
- Componente homopolar (grupos de conexión).
Cálculo de cortocircuitos asimétricos.
- Cortocircuito fase-tierra.
- Cortocircuito fase-fase.
- Cortocircuito fase-fase-tierra.
- Falla de conductor abierto. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A6 B2 C1 |
29 |
0 |
29 |
Solución de problemas |
A1 B2 B13 C1 C5 C11 |
12.1 |
26.9 |
39 |
Prácticas a través de TIC |
A1 A6 B2 B13 B6 C5 C11 |
0 |
16.2 |
16.2 |
Traballos tutelados |
A1 A6 B2 B5 B13 B16 B7 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 |
2 |
20.3 |
22.3 |
Saídas de campo |
A1 A6 B2 B13 B6 C5 C11 |
2 |
0 |
2 |
Proba obxectiva |
A1 A6 B2 B6 C1 C5 |
2 |
0 |
2 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesión introductoria á asignatura.
Explicación de contidos por parte do profesor. |
Solución de problemas |
Os alumnos resolven problemas de cálculo propostos polo profesor. |
Prácticas a través de TIC |
Dependendo da dispoñibilidade / Non confirmado:
-------------------------------------------------- ---
Prácticas onde o alumnado se encarga da realización de exercicios utilizando ferramentas TIC.
Se esta bolsa de horas non se pode destinar ás prácticas, reutilizaranse na sesión maxistral e na resolución de problemas. |
Traballos tutelados |
Esta é unha actividade que o profesor poderá propoñer individualmente ou por grupos. Os traballos poden ser de distintas naturezas, en función das necesidades e circunstancias de cada curso e sempre co criterio de avaliación continua. Comunmente, isto incluirá, primeiramente, o estudo dun tema e/ou o desenvolvemento dunha ferramenta software para un tema en concreto e, a continuación, a resolución de problemas relacionado co asunto proposto. |
Saídas de campo |
Dependendo da dispoñibilidade / Non confirmado:
-------------------------------------------------- ---
Eventos científicos e/ou divulgativos ou saídas de campo.
Charlas ou clases convidadas impartidas por expertos ou por empresas colaboradoras relacionadas coas competencias de cada materia.
Visitas a instalacións industriais relacionadas coas competencias de cada materia.
Se esta bolsa de horas non se pode destinar ás prácticas, reutilizaranse na sesión maxistral e na resolución de problemas. |
Proba obxectiva |
Resposta a preguntas ou resolución de exercicios sen medios de consulta ou con medios de consulta restrinxidos, nun espazo de tempo concreto limitado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas a través de TIC |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
Solución de problemas |
|
Descrición |
O profesor responde de forma individualizada ou en grupo, ás preguntas ou consultas realizadas polos alumnos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A6 B2 B5 B13 B16 B7 B6 C1 C3 C5 C8 C9 C11 |
No caso de realizar calquera traballo supervisado, se é o caso, incluirase unha valoración do 30 % deste apartado. Será voluntario. De non ser así, esta porcentaxe sumaríase á proba obxectiva. |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A6 B2 B6 C1 C5 |
Na corrección das probas mixtas poderánse ter en conta entre outros factores:
- O seguimiento das instrucións para a súa realización.
- A corrección técnica dos cálculos e resultados.
- A orde, limpeza e organización do material entregado.
- A correcta expresión das ideas e razonamientos empregados. |
70 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia realizarase mediante as seguintes probas: Actividades que se poden realizar durante o período lectivo:
- Poderase propoñer a realización de traballos tutelados cun valor de ata o 30% do valor total da nota da materia (no caso da proposta de realización destas puntuacións non será recuperable).
Proba obxectiva final: - A realización desta proba obxectiva será obrigatoria para superar a materia, debendose presentar e superar correctamente o 40% da proba para a suma da puntuación das actividades que se poidan realizar durante o período lectivo. Dependendo da organización ou non das actividades durante o período lectivo, a valoración da puntuación das mesmas sumaríase á porcentaxe final da proba obxectiva final, podendo variar entre o 70 % e o 100 % da ponderación da nota final, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia. O método de avaliación será igual para a primeira e a segunda oportunidade.
Nota sobre a avaliación das actividades non presenciais: Actividades non presenciais: - O profesor reservarase o dereito de solicitar información complementaria por videoconferencia para poder validar a veracidade da autoría dos contidos presentados, reservándose o dereito a unha redución de ata o 100% da puntuación obtida no caso de respostas non concluíntes que podan presentar dúbidas sobre o traballo realizado.
Condicións adicionais: Condición de non presentado: - O alumnado que non se presente á proba obxectiva de primeira ou segunda oportunidade obterá a condición de non presentado, con independencia da valoración das posibles actividades realizadas durante o período lectivo.
Convocatoria adiantada: - O alumnado que realice unha convocatoria anticipada poderá conservar a puntuación obtida nas actividades realizadas durante o periodo lectivo durante unha convocatoria. Despois disto, se a materia non estivese superada ou non se tivese realizado ningunha proba, avaliaranse mediante unha proba obxectiva final, puntuando a mesma no 100% da nota da materia, sendo necesario superar o 50% da proba para superar a materia.
Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse pola normativa vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Grainger J. J., Stevenson W. D. (1996). Análisis de Sistemas de Potencia. McGraw Hill
Jesús Fraile Mora (2008). Máquinas Eléctricas. McGraw Hill
Theodore Wildi (2007). Máquinas Eléctricas y Sistemas de Potencia. Pearson
Kothari D. P., Nagrath I. J. (2008). Modern Power System Analysis. McGraw Hill
Saadat H. (2011). Power System Analysis. PSA Publishing LLC
Bergen A.R., Vittal V. (1986). Power System Analysis. Prentice-Hall International
Fermín Barrero (2004). Sistemas de Energía Eléctrica. Thomson |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostido e cumplir co obxetivo da acción número 5: “Docencia e investigación saludable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- 1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de borradores.
Ademáis de isto, facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. |
|