Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Programación Virtual de Instrumentos Código 730556006
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica (Plan 2024)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
andres.pinon@udc.es
Profesorado
Casteleiro Roca, José Luis
Piñon Pazos, Andres Jose
Correo electrónico
jose.luis.casteleiro@udc.es
andres.pinon@udc.es
Web
Descrición xeral O obxectivo da materia e proporcionar os alumnos os coñecementos necesarios para abordar a programación de Instrumentos Virtuais, cun a acercamento os mesmos a través de linguaxes de programación gráfica.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A3 COMP03 - Comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito profesional da robótica e a informática industrial.
A4 COMP04 - Coñecer a lexislación vixente e regulamentación aplicable ao sector industrial e robótico.
A5 COMP05 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico.
A6 COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
A7 COMP07 - Integrar na súa profesión o respecto á diversidade e á equidade entre todas as persoas, imprementando unha mirada inclusiva e con perspectiva de xénero.
A8 COMP08 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras.
A11 COMP11 - Capacidade para aplicar técnicas de análise de datos e técnicas intelixentes en robótica e/ou informática industrial.
A13 COMP13 - Capacidade para uso e desenvolvemento de código e librarías que permitan captar o contorno e realizar visión por computador ou realidade aumentada e actuar sobre el en sistemas robóticos e/ou industriais.
A15 COMP15 - Capacidade para definir, deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos.
A16 COMP16 - Capacidade para o uso e desenvolvemento de sistemas de comunicación para a súa aplicación sobre sistemas robóticos e/ou industriais.
A27 CON09 - Identificar os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores adaptados aos diferentes contornos de operación, así como as tecnoloxías emerxentes.
A37 HAB09 - Desenvolver aplicacións utilizando ferramentas de programación visual.
A38 HAB10 - Elaborar e conectar dispositivos virtuais mediante interfaces gráficas.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COMP03 - Comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no ámbito profesional da robótica e a informática industrial. AI3
COMP04 - Coñecer a lexislación vixente e regulamentación aplicable ao sector industrial e robótico. AI4
COMP05 - Resolver problemas con iniciativa e tomar decisións, con creatividade e razoamento crítico. AI5
COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. AI6
COMP07 - Integrar na súa profesión o respecto á diversidade e á equidade entre todas as persoas, imprementando unha mirada inclusiva e con perspectiva de xénero. AI7
COMP08 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. AI8
COMP11 - Capacidade para aplicar técnicas de análise de datos e técnicas intelixentes en robótica e/ou informática industrial. AI11
COMP13 - Capacidade para uso e desenvolvemento de código e librarías que permitan captar o contorno e realizar visión por computador ou realidade aumentada e actuar sobre el en sistemas robóticos e/ou industriais. AI13
COMP15 - Capacidade para definir, deseñar e proxectar sistemas de produción automatizados e control avanzado de procesos. AI15
COMP16 - Capacidade para o uso e desenvolvemento de sistemas de comunicación para a súa aplicación sobre sistemas robóticos e/ou industriais. AI16
CON09 - Identificar os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores adaptados aos diferentes contornos de operación, así como as tecnoloxías emerxentes. AI27
HAB09 - Desenvolver aplicacións utilizando ferramentas de programación visual. AI37
HAB10 - Elaborar e conectar dispositivos virtuais mediante interfaces gráficas. AI38

Contidos
Temas Subtemas
Introdución a linguaxes de programación visual gráfica
Creación de instrumentos virtuáis con entradas e saídas
Adquisición e xeneración de sináis mediante instrumentos virtuáis
Creación dun sistema de control, medida e supervisión baseado en instrumentos virtuáis

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A3 A4 A7 A8 A15 A27 17.5 0 17.5
Prácticas de laboratorio A16 A37 A38 15 45 60
Traballos tutelados A5 A6 A11 A13 A16 A37 A38 2.5 25 27.5
Proba mixta A5 A13 A16 A27 A37 A38 2.5 4 6.5

Atención personalizada 1 0 1

*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula que serve para establecer os conceptos fundamentais da materia. Consiste na exposición oral facendo uso profuso de medios audiovisuais e buscando a participación dos alumnos mediante a formulación de casos prácticos e a realización de preguntas, co fin de facilitar a aprendizaxe e fomentar o espírito crítico.
Prácticas de laboratorio Mediante esta actividade os alumnos implementarán no laboratorio pequenos programas / sistemas que exemplificarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais, de forma que poidan probar no mundo real algúns dos métodos e técnicas, e valorar de primeira man os problemas (e as súas implicacións) que xorden na implementación.
Traballos tutelados Proporanse traballos a realizar polo estudante no marco da asignatura que serán evaluados, con posibilidade de que teñan que ser expostos en público.
Proba mixta Proba de avaliación que se realizará ao final de curso nas correspondentes convocatorias oficiais. Consistirá nunha proba na que será necesario responder a diferentes cuestións teórico-prácticas e/ou resolución de problemas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada será necesaria para mostrar os avances do traballo/proyecto proposto e para ofrecer a orientación adecuada e asegurar a calidade do mesmo. Tamén se empregará para a resolución de dúbidas conceptuais e o seguimento da execución dos traballos. Estas tutorías realizaranse de forma presencial no despacho do profesor o ben a través de Teams.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A5 A13 A16 A27 A37 A38 Proba final da materia que consistirá na realización dun exame individual. Esta proba terá preguntas de tipo teóricas e prácticas relacionadas cos conceptos estudados nas clases maxistrais, nas prácticas de laboratorio ou cos contidos dos traballos/proxectos tutelados. 50
Traballos tutelados A5 A6 A11 A13 A16 A37 A38 Desenvolvemento dun proxecto aplicado, individual ou en grupo reducido. Será necesario entregar os materiais (documento e presentación) en tempo e forma seguindo as indicacións do reto plantexado no enunciado. 40
Prácticas de laboratorio A16 A37 A38 Consistirá na recompilación de exercicios realizados nas prácticas de laboratorio durante o curso. Estes exercicios deberán realizarse no tempo asignado ás clases prácticas e entregaranse ao final das mesmas. Durante a realización destes exercicios, o alumno pode expor dúbidas ao profesor ou consultar os materiais que estime oportuno. Por tanto, esta actividade avaliará o traballo diario do alumno nas clases prácticas. 10

Observacións avaliación

Para poder aprobar a materia o estudante deberá cumprir os seguintes requisitos (puntuación entre 0 e 10 en todas as actividades):

- Lograr unha nota superior ou igual a 3,5 na proba mixta final realizada ao final do cuadrimestre.

- Lograr unha nota superior ou igual a 5 ao realizar a suma de todas as probas de avaliación.

Notas sobre as actividades:

- Todas as actividades terán unha única oportunidade para a súa entrega durante o curso académico, salvo a proba mixta final que terá dúas oportunidades oficiais de exame.

Os alumnos que se presenten á convocatoria adiantada, examinaranse da proba mixta sumandoselle a esta a puntuación acadada nas restantes metodoloxías no curso anterior.

No caso de dispensa de asistencia a clase, o alumno deberá de poñerse en contacto co profesor da materia para suplir as actividades presenciais.

"Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC."

Fontes de información
Bibliografía básica Antoni Mànuel - Domingo Biel Joaquim Olivé - Jordi Prat Francesc J. Sánchez (). Instrumentación virtual Adquisición, procesado y análisis de señales. Edicions UPC

Bibliografía complementaria

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol" a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías