Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación Código 730556021
Titulación
Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lopez Diaz, Ana Jesus
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
Profesorado
Lopez Diaz, Ana Jesus
Ramil Rego, Alberto
Correo electrónico
ana.xesus.lopez@udc.es
alberto.ramil@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia abordarase a aplicación da robótica industrial nos procesos de fabricación, para elo é necesario facer una descripción das propias tecnoloxías e abordar o papel dos sensores que proporcionan a información sobre o medio, como base para o control, toma de decisións e interacción con outros axentes.
Así, farase unha introducción das tecnoxías emerxentes de fabricación e a continuación unha revisión das características máis importantes dos sensores que teñen unha ampla aplicación na robótica industrial (sensores ópticos e sensores de contacto) e levaranse a cabo exercicios prácticos utilizando distintos sensores e robots industriais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A6 COMP06 - Dominar a expresión e comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
A13 COMP13 - Capacidade para uso e desenvolvemento de código e librarías que permitan captar o contorno e realizar visión por computador ou realidade aumentada e actuar sobre el en sistemas robóticos e/ou industriais.
A16 COMP16 - Capacidade para o uso e desenvolvemento de sistemas de comunicación para a súa aplicación sobre sistemas robóticos e/ou industriais.
A23 CON05 - Adquirir un entendemento profundo dos principios básicos da robótica e as tecnoloxías innovadoras en automatización.
A26 CON08 - Identificar as estruturas mecánicas básicas e avanzadas coas que se constrúen as distintas morfoloxías robóticas, así como as claves e parámetros do seu comportamento, e os modelos cinemáticos e dinámicos de robots.
A27 CON09 - Identificar os principios de funcionamento dos distintos tipos de sensores e actuadores adaptados aos diferentes contornos de operación, así como as tecnoloxías emerxentes.
A58 OPT-COMP15 - Integrar aplicacións da informática industrial ás tecnoloxías de fabricación.
A74 OPT-CON15 - Identificar as tecnoloxías emerxentes de fabricación, así como as aplicacións da robótica sobre elas.
A81 OPT-HAB4 - Programar en Python tanto desde unha perspectiva da programación estruturada como desde o punto de vista da orientación a obxectos.
A83 OPT-HAB6 - Resolver problemas de cálculo numérico, procesado de sinais e matemática simbólica en Python

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as tecnoloxías de fabricación emerxentes AI23
AI26
AI27
AI58
AI74
Coñecer as aplicacións da informática industrial nas tecnoloxías de fabricación AI16
AI58
AI81
AI83
Coñecer as aplicacións da robótica nas tecnoloxias emerxentes de fabricación AI6
AI13
AI16
AI23
AI26

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da memoria de verificación Tecnoloxías de fabricación emerxentes
Aplicacións da informática industrial ás tecnoloxías de fabricación
A robótica nas tecnoloxías de fabricación emerxentes
Introdución ás tecnoloxías emerxentes de fabricación.
Aplicación da robótica industrial na captura de superficies
Aplicacións da robótica industrial na fabricación

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A23 A26 A27 A74 9 9 18
Prácticas de laboratorio A13 A16 A58 A81 A83 9 18 27
Proba mixta A23 A26 A27 A74 1 0 1
Traballos tutelados A6 A13 A16 A58 A81 A83 1 27 28
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Prácticas de laboratorio Realización de actividades de carácter práctico facendo uso de distintos sensores e de robots industriais.
Proba mixta Proba escrita que consta de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia.
Traballos tutelados A partir das actividades realizadas no laboratorio cada estudante realizará un traballo que deberá presentar por escrito.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Descrición
Durante as prácticas de laboratorio cada estudante recibirá unha atención personalizada para desenvolver as tarefas encomendadas.
Asimesmo, os traballos que deberá realizar e presentar na proba oral estarán titorizados polo profesorado da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A13 A16 A58 A81 A83 Asistencia e avaliación do traballo realizado no laboratorio 10
Proba mixta A23 A26 A27 A74 Proba escrita que consta de preguntas de diferente tipo (resposta curta, ensaio, exercicios ou problemas) sobre os contidos da materia. 20
Traballos tutelados A6 A13 A16 A58 A81 A83 Entrega e defensa do traballo práctico da materia.
Na avaliación terase en conta:
- Orixinalidade na formulación e na execución
- Dominio das ferramentas
- A presentación e a claridade na exposición
70
 
Observacións avaliación

A asistencia as sesións de prácticas de laboratorio será obrigatoria para superar a materia.

Os criterios de avaliación da segunda oportunidade son os mesmos cos da primeira.

Os criterios de avaliación en convocatoria adiantada son 100% proba mixta.

Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Hartley, Richard (). Multiple view geometry in computer vision . Cambridge University Press
Kurfess, Thomas R. (). Robotics and automation handbook. CRC Press
Bruno Siciliano, Oussama Khatib (eds.) (). Springer handbook of robotics. Springer
Diegel, Olaf (). A Practical guide to design for additive manufacturing . Springer
Gebhardt, Andreas (). Additive manufacturing : 3D printing for prototyping and manufacturing. Hanser Publications
Toru Yoshizawa (ed.) (). Handbook of optical metrology. Principles and Applications. CRC Press
Dahotre, Narendra (). Laser machining of advanced materials . CRC Press
Kalpakjian, Serope (). Manufactura ingeniería y tecnología. Pearson Education
Corke, Peter (). Robotics, Vision and Control. Fundamental algorithms in Matlab. Springer

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Taller de Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación/770538022

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías