Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) ORGANIZACIÓN DE EMPRESAS Código 730G03024
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Crespo Pereira, Diego
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
Profesorado
Crespo Pereira, Diego
Pernas Álvarez, Javier
Correo electrónico
diego.crespo@udc.es
javier.pernas2@udc.es
Web http://www.gii.udc.es
Descrición xeral Este curso ensina as operacións a partir dun punto de vista de Enxeñaría Industrial.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os métodos productivos da empresa. A17
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C4
C6
Coñecer de forma básica os sistemas de producción e fabricación. A17
B2
B3
B4
B5
B7
C1
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: Sistema productivo da empresa
Organización da producción
Planificación, xestión e control

1. Introducción Bens, servizos e operacións. Áreas funcionais da empresa. A función de produción e a súa relación coas outras áreas da empresa. O proceso entrada-transformación-saída. Obxectivos: calidade, rapidez, interdependencia, flexibilidade, custo.
2. Análisis técnico económico de alternativas de decisión Estimación do fluxo de caixa. Valor Actual Neto. Taxa Interna de Retorno. Período de Recuperación.
3. Selección, deseño e análise do proceso Tipos de procesos. Diagramas de procesos. Deseño do proceso e mapa do fluxo de valor (Value Stream Mapping). Utilización de recursos. Lei de Little.
4. Previsión e planificación da demanda Previsión da demanda. Técnicas de previsión. Métodos de previsión cuantitativos. Análise de series temporais. Media móbil. Alisamento exponencial. Regresión e previsión da demanda. Problemas.
5. Planificación agregada da produción Planificación agregada da produción. Estratexias básicas que se poden seguir na determinación dun plan agregado. Desenvolvemento do plan de produción. O método gráfico. Regras para a obtención de plans de produción alternativos. Planificación agregada mediante programación lineal. Problemas.
6. Xestión de inventarios Tipos de inventarios. Xestión de inventarios. Custos de inventarios. Clasificación ABC. Modelos de inventarios. Modelo de revisión continua (punto de pedido). Modelo de revisión periódica (intervalo de revisión). Problemas.
7. Produción LEAN e JIT Sincronización esvelta: beneficios do fluxo sincronizado. A filosofía LEAN. Aspectos básicos da filosofía LEAN. Eliminación de dilapidacións: os sete tipos de dilapidacións. Factores para eliminar a dilapidación: fluxo coordinado, procesos flexibles, minimización da variabilidade. As cinco Ss. Problemas.
8. Planificación de recursos empresariais ERP Planificación de recursos. Planificación de requirimentos de material: programa mestre de produción, lista de materiais, ficheiro de estado de inventario, cálculos para a planificación de requirimentos de material. Implantación dun sistema ERP.
9. Programación de traballos Programación de traballos: medidas de rendemento. Regras de despacho. Programación dunha máquina. Programación dunha liña de produción. Programación de talleres. Problemas.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A17 B2 B3 B5 30 33 63
Prácticas a través de TIC B4 B7 C1 C4 C6 15 15 30
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 2 20 22
Solución de problemas A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 13 13 26
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 2 4 6
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais en grupos grandes
Prácticas a través de TIC Clases en grupos medianos e pequenos utilizando TIC (Excel, FlexSime outras ferramentas que se consideren oportunas).
Traballos tutelados Traballo por grupos a realizar durante o curso.
Solución de problemas Resolución de problemas da materia con axuda do ordenador.
Proba mixta Examen final da materia

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Proba mixta
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
A atención personalizada farase en horario de titorías.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Examen final da materia 70
Traballos tutelados A17 B2 B3 B4 B5 B7 C1 C4 C6 Entrega e presentación dun traballo proposto polo profesor. 30
 
Observacións avaliación

Criterios de avaliación

Segunda oportunidade e Convocatoria Adiantada
Para os alumnos tanto de primeira como desegunda oportunidade, a avaliación realizarase dando o peso relativo indicadona táboa de metodoloxías, o mesmo que para os alumnos de convocatoria adiantada. Os traballos tutelados poden presentarse e avaliarse en segunda convocatoria ou convocatoria adiantada en caso de non superarse durante o periodo ordinario.

O alumno que presentase e aprobase a parte de traballos tutelados pero non superase a materia poderá conservar a nota dos traballos tutelados só no curso inmediatamente posterior. O alumno pode decidir repetir o traballo, o que deberá ser comunicado ao comezo do curso aos profesores da materia.

Cualificación '"Non presentado"

Será cualificado con "Non Presentado" o alumnado que non asista ao exame final que terá lugar na data establecida no calendario oficial de exames da escola. Este criterio aplicará tanto na primeira como na segunda oportunidade de avaliación, así como na convocatoria adiantada.

Normativa

Todos os aspectos normativos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraudeacadémica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente daUDC.

Avaliación de alumnado con dispensa académica

O sistema de avaliación para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será o seguinte: proba mixta (70%) e traballos tutelados (30%).


Fontes de información
Bibliografía básica García del Valle, Alejandro; Lamas, Adolfo; Crespo, Diego (). Apuntes de Organización de Empresas. Moodle
Collier, David Alan; Evans, James R. (). OM4. CENGAGE Learning
Slack, Nigel; Chambers, Stuart; Johnston, Robert (). Operations Management. Prentice Hall
Heizer, Jay and Render, Barry (). Operations Management. Prentice Hall

Bibliografía complementaria Askin, Ronald G and Jeffrey, B. Goldberg (2002). Desing and Analysis of Lean Production Systems. John Wiley
Greasley, Andrew (2009). Operations Management. John Wiley


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
ESTATÍSTICA/730G03008
XESTIÓN EMPRESARIAL/730G03010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 

1.2. Realizarase a través de Teams, en formato dixital sen necesidade de imprimilos



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías