Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) MÁQUINAS TERMICAS E HIDRAULICAS Código 730G04023
Titulación
Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Naval e Industrial
Coordinación
Lema Rodríguez, Marcos
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
Profesorado
Lema Rodríguez, Marcos
López Peña, Fernando
Correo electrónico
marcos.lema@udc.es
fernando.lopez.pena@udc.es
Web
Descrición xeral Preténdese dar unha visión xeral dos tipos, compoñentes, funcionamento, usos e aplicacións das máquinas de fluído, tanto térmicas (fundamentalmente motores alternativos, turbinas de gas e turbinas de vapor) como hidráulicas. O alumno alcanzará as habilidades que todo enxeñeiro industrial precisa na súa carreira profesional nun campo relacionado con estas máquinas de fluídos.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título
A21 TEM6 Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas.
B2 CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo
B5 CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía
C4 C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os tipos, compoñentes, funcionamiento, usos e aplicacións das máquinas de fluido A21
B2
B5
C4

Contidos
Temas Subtemas
Los temas siguientes desarrollan los contenidos que se indican tal como aparecen en la memoria de verificación Motores. Turbomáquinas.
TEMA 1.Introdución as máquinas de fluido
Lección 1.Introdución as máquinas de fluido
TEMA 2.Motores de combustión interna alternativos

Lección 1. Características fundamentais dos MCIA

Lección 2. Ciclos de traballo en MCIA. Ciclos de aire.

Lección 3. Perdas de calor. Refrixeración

Lección 4. Perdas mecánicas. Lubricación

Lección 5. O proceso de renovación da carga

Lección 6. Sobrealimentación de MCIA

Lección 7. O proceso de combustión

Lección 8. Semellanza de motores
TEMA 3.Turbomáquinas térmicas
Lección 1. A turbina de vapor

Lección 2. A turbina de gas

Lección 3. Ecuación fundamental das turbomáquinas

Lección 4. Escalonamentos

Lección 5.Pérdidas y regulación en turbomáquinas
TEMA 4.Turbomáquinas hidráulicas
Lección 1. Introdución

Lección 2. Balance enerxético en turbomáquinas hidráulicas

Lección 3. Teorema de Euler

Lección 4. Semellanza en máquinas hidráulicas

Lección 5. Curvas características de turbobombas

Lección 6. Instalacións de turbobombas

Lección 7. Regulación de turbobombas hidráulicas
Programa de Prácticas.
Práctica n.º 1. Despezamento de motores. Curva de Potencia e Consumo.

Práctica n.º 2. Módulo de turbinas.

Práctica n.º 3. Caracterización dunha bomba centrífuga

Práctica n.º 4. Caracterización dunha turbina Pelton.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A21 B2 B5 4 6 10
Sesión maxistral A21 B2 B5 C4 28 42 70
Proba mixta B2 0 2 2
Traballos tutelados B2 B5 C4 2 9 11
Solución de problemas A21 B5 C4 20 30 50
 
Atención personalizada 7 0 7
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio En visitas á "Escuela de Energía y Propulsión de la Armada" en Ferrol e no laboratorio da EPS
Sesión maxistral Son as clases de teoría
Proba mixta Realizaranse dúas probas de avaliación, unha a mediados e outra ao final de curso. Consistirán nunha proba escrita na que haberá que responder diferentes tipos de preguntas teóricas e resolver problemas curtos e longos.
Traballos tutelados Realizaranse traballos sobre temas levados en clase e sobre prácticas de laboratorio.
Solución de problemas Son as clases de resolución de problemas propostos

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Descrición
Actualmente parte das prácticas desta materia, correspondente á parte de máquinas térmicas, desenvólvense na Escola de Enerxía e Propulsión da Armada Española, en Ferrol. Necesítase, por tanto o guiado personalizado dos alumnos por parte do profesor da materia, así como por parte dun profesor da Armada.

As prácticas de máquinas hidráulicas realízanse no laboratorio da EPS en grupos reducidos dun máximo de 8 persoas por sesión.

Aquelas alumnas e alumnos con dispensa académica deberán realizar as prácticas de laboratorio e poderán voluntariamente resolver problemas facilitados polas e os docentes da materia cuxa solución será discutida en titorías, e que poderá formar parte da avaliación final. As datas da realización das prácticas e da entrega das memorias correspondentes poderán ser acordadas cos e as docentes da materia.

A atención personalizada refírese ás horas de titoría habituais.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados B2 B5 C4 Realizaranse dous traballos tutelados durante o cuadrimestre, cuxo contido se fará coincidir con cada unha das partes da materia. A cualificación obtida conservarase para a segunda oportunidade. Aqueles alumnos e alumnas que non realicen os traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 e non poderán facer entregas posteriores. 15
Proba mixta B2 Na convocatoria de primeira oportunidade a avaliación da materia farase de forma continua con dúas probas mixta: A primeira proba realizarase ao longo do primeiro cuadrimestre e avaliará aos alumnos e alumnas do contido da parte de Máquinas Térmicas e terá un peso de 60%. A segunda proba realizarase na data prevista no calendario de examenes da EPEF onde se avaliará do contido de Máquinas Hidráulicas e terá un peso de 40%. Na primeira oportunidade non será posible avaliarse de todo o contido da materia nun único exame.
Para poder aprobar a materia en primeira oportunidade é necesario obter unha nota mínima de 5 sobre 10 en cada proba mixta e a nota final obterase coa media ponderada co peso de cada parte. Os alumnos que só aproben unha das probas liberarana e conservarán dita nota para a convocatoria de segunda oportunidade. Por tanto, estes alumnos e alumnas só terán que avaliarse en segunda oportunidade da parte que non aprobasen en primeira oportunidade.
Os alumnos e alumnas que se presentaron en primeira oportunidade aos dous exames e que non superasen os dous ou un deles obterán a cualificación de “suspenso”. Os alumnos e alumnas que non se presentaron aos dous exames ou a un deles recibirán a cualificación de “non presentado”.
70
Prácticas de laboratorio A21 B2 B5 A asistencia as prácticas de laboratorio é obrigatoria, así como a entrega e aprobado da memoria de prácticas correspondente á parte de máquinas hidráulicas. Os alumnos e alumnas que non acudan ás prácticas nas datas previstas non poderán superar a materia no presente curso académico e non haberá posibilidade de realizar as prácticas de novo ata o seguinte curso. Aqueles alumnos e alumnas que non aproben a memoria de prácticas que se entregará na parte de máquinas hidráulicas (5 sobre 10) non poderán aprobar a materia na primeira oportunidade. Estes alumnos poderán realizar un exame de prácticas na convocatoria de segunda oportunidade que, en caso de aprobala, permitiralles aprobar a materia na devandita convocatoria.
Os alumnos e alumnas que realicen e aproben as prácticas nun mesmo ano académico, e en caso de non aprobar a materia, non terán que repetilas nos tres cursos seguintes ao que realizasen as prácticas. En ningún caso avaliaranse memorias de prácticas realizadas en cursos precedentes.
15
 
Observacións avaliación

A parte de Máquinas Térmicas ten un peso do 60% da nota media e a de Máquinas Hidráulicas do 40%. Para aprobar a materia o alumno necesita unha nota media igual ou superior a 5 en cada unha destas dúas partes. 

A realización das prácticas de laboratorio son obrigatorias e imprescindibles para que o alumno poida aprobar a materia. 

Aqueles alumnos e alumnas que se presenten á convocatoria adiantada, ten que cumprir os mesmos requisitos esixidos nas convocatorias ordinarias para superar a materia: Realización obrigatoria das prácticas de laboratorio en cursos anteriores e nota final igual ou superior a 5/10 tanto na parte de Máquinas Térmicas como en Máquinas Hidráulicas. Nesta convocatoria a proba mixta terá un peso do 85% e as prácticas de laboratorio do 15%.

Aqueles alumnos e alumnas con dispensa académica deberán realizar: As prácticas de laboratorio, os traballos tutelados e as probas mixtas. Con todo, os alumnos e as alumnas con dispensa académica poderán acordar cos e as docentes da materia datas alternativas para a realización dos traballos tutelados.


Fontes de información
Bibliografía básica MACINTYRE, A. (1997). Bombas e Instalaçoes de Bombeamento . Livros Técnicos e Científicos Editora, S.A., Brasil
Muñoz Torralbo, Manuel (2002). Máquinas Térmicas. UNED
HERNÁNDEZ KRAHE, J.M. (1976). Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED, Madrid
F. Payri (2002). Motores de combustión interna alternativos. UPM-ETSII
HERNÁNDEZ, J y CRESPO, A. (1976). Problemas de Mecánica de Fluidos y Máquinas Hidráulicas . UNED
Marta Muñoz Domínguez (1999). Problemas resueltos de motores térmicos y turbomáquinas térmicas. UNED
MATAIX, C. (1975). Turbomáquinas Hidráulicas . ICAI, España

Bibliografía complementaria KARASSIK, I.J. y CARTER, R. (1980). Bombas Centrífugas . CECSA, México
PFLEIDERER, C. (1971). Bombas Centrífugas y Turbocompresores . Labor, USA
YOUNG, F.R. (1989). Cavitation . McGraw-Hill
STEPANOFF (1993). Centrifugal and Axial Flow Pumps . John Wiley and Sons, USA
WISLICENUS, G.F. (1965). Fluid Mechanics of Turbomachinery, . Dover, USA
FOX R.W. y McDONALD A.T. (1995). Introducción a la Mecánica de Fluidos . McGraw-Hill
CASANOVA, E. (2001). Máquinas para la Propulsión de Buques . Serv. publicacións UDC
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1984). Motores de Combustión Interna Alternativos . Serv. publicaciones UPV, Valencia
REQUEJO, I. y otros. (). Problemas de Motores Térmicos . Serv. publicaciones UPV, Valencia.
CHERHASSY, V.M. (1980). Pumps, Fans, compressors . MIR, Moscow
MUÑOZ, M y PAYRI, F. (1978). Turbomáquinas Térmicas. . Serv. publicaciones ETSII, Madrid


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
CÁLCULO/730G03001
FÍSICA I/730G03003
ÁLXEBRA/730G03006
FÍSICA II/730G03009
ECUACIÓNS DIFERENCIAIS/730G03011
TERMODINÁMICA/730G03014
MECÁNICA DE FLUÍDOS/730G03018
CALOR E FRÍO INDUSTRIAL/REFRIXERACIÓN/730G03020
MECÁNICA/730G03026

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías