A asistencia ás clases non forma parte da avaliación.
Probas de avaliación continua. Realizaranse tres. A primeira dos contidos
dos temas 1 e 2, a segunda dos contidos dos temas 3 e 4, e a terceira dos
contidos dos temas 5 e 6. Cada una delas avalíase cunha nota comprendida entre
0 e 10 puntos. A estas notas as denominamos NEC1, NEC2 e NEC3.
Prácticas de laboratorio. Avaliaranse cunha proba ou traballo na que os estudiantes
poden usar o material docente da materia publicado no Campus Virtual da UDC. A
nota desta proba, comprendida entre 0 e 10 puntos, a denominamos NL.
O exame oficial de cada oportunidade abarca todos os temas da materia.
Avaliarase cunha nota NPO ou NSO comprendida entre 0 e 10 puntos.
Previamente a cada oportunidade o alumnado pode elixir entre conservar ou renunciar ás
notas NEC1, NEC2 e NEC3 de avaliación continua. Dita renuncia é a totalidade da avaliación continua. De tal xeito que a nota da acta calcularase cun dos
seguinte xeitos:
• Se se decide conservar as notas de avaliación continua. A nota da acta calcularase coma:
0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NPO na primeira oportunidade
0.15×NL+0.2/3×(NEC1+NEC2+ NEC3)+0.65×NSO na segunda oportunidade.
• Se se decide renunciar ás notas de avaliación continua. A nota da acta calcularase coma:
0.15×NL+0.85×NPO na primera oportunidade,
0.15×NL+0.85×NSO na segunda oportunidade.
As condicións de avaliación da oportunidade adiantada consistirán na realización das prácticas de laboratorio e o exame final oficial de dita oportunidade. Deste xeito, a nota final calcularase coma:
0.15×NL+0.85×NOA na oportunidade adiantada.
Tódolos aspectos relacionados coa "dispensa académica", "dedicación ó estudo", "permanencia" e "fraude académico" rexiranse dacordo coa normativa académica vixente da UDC.