Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Transporte de Enerxía Eléctrica Código 770G02036
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Tuimil Parapar, Roberto
Correo electrónico
roberto.tuimil@udc.es
Profesorado
Tuimil Parapar, Roberto
Correo electrónico
roberto.tuimil@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.gal
Descrición xeral O obxectivo da asignatura é introducir ó alumnado nos conceptos relativos á transmisión de enerxía eléctrica en alta tensión, así como no deseño de liñas de transporte e o manexo da principal normativa de aplicación.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Utilizar métodos e técnicas de cálculo de liñas eléctricas e de transporte de enerxía eléctrica A4
A5
A28
B1
B2
B3
B4
B5
B9
C1
C3
Aplicar os fundamentos sobre rexímenes permanentes e transitorios de sistemas eléctricos de potencia á transmisión de enerxía eléctrica A28
B1
B3
B4
B5
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Teoría de liñas eléctricas - Parámetros característicos
- Modelo de parámetros concentrados
- Modelo de parámetros distribuidos
- Análise de liñas en réxime permanente
- Análise de liñas en réxime transitorio
Cálculo de liñas eléctricas de transporte - Normativa
- Cálculo Mecánico
- Cálculo Eléctrico
Transporte de enerxía eléctrica en alta tensión

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A4 A5 A28 B4 21 32 53
Prácticas de laboratorio A4 A28 B3 B4 B5 C3 9 9 18
Solución de problemas A5 B5 B9 C1 C3 C6 21 40 61
Proba obxectiva A28 B1 B2 B9 C1 C6 4 12 16
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na aula, onde se realizará unha exposicion dos contidos teóricos da materia, empregando os medios audiovisuais axeitados no seu caso. O obxectivo é transmitir os coñecementos ó alumnado, orientando sobre os conceptos a desenrolar no seu tempo de traballo autónomo.
Prácticas de laboratorio As prácticas no laboratorio serán de tipo expositivo e interactivo. Consistirán en aplicacións prácticas dos coñecementos desenrolados nas sesións maxistrais, que serán levadas a cabo polo alumnado de acordo ás indicacións do profesor.
Solución de problemas O profesor explicará de xeito sistemático os métodos e recursos necesarios para a resolución de problemas tipo. Os alumnos resolverán os problemas propostos polo profesor.
Proba obxectiva Proba de avaliación onde o alumno deberá demostrar o seu grao de aprendizaxe dun xeito obxectivo. Consistirá nun número comprendido entre 6 e 12 preguntas, que alternará problemas e cuestións teóricas.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Resolución ou aclaración das posibles dúbidas que o alumno plantexe ó profesor.

Tamén se poden realizar a propuesta del profesor, requirindolle que explique ou resolva os problemas que se poidan plantexar nas sesións de Solución de Problemas, ou nas Prácticas de Laboratorio.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A28 B1 B2 B9 C1 C6 Estará composta por un total de entre 6 e 12 preguntas. Unha parte das preguntas tratará sobre cuestións teóricas, e outra parte sobre resolución de problemas.

Deberá de acadarse unha nota mínima de 4 puntos sobre 10 puntos nesta proba, para que se teñan en conta na puntuación final as puntuacións obtidas nas probas de "Prácticas de laboratorio" e "Solución de problemas"
70
Prácticas de laboratorio A4 A28 B3 B4 B5 C3 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, sendo necesario a súa superación para poder aprobar a asignatura.

As prácticas de laboratorio representan o 10% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos.
10
Solución de problemas A5 B5 B9 C1 C3 C6 Resolución de exercicios propostos e participación activa na aula.

A solución de problemas representa o 20% da nota final da asignatura, pero só se considerará como suma á nota obtida na "Proba obxectiva" cando esta última sexa igual ou superior a 4 puntos sobre 10 puntos.
20
 
Observacións avaliación

Todas as actividade, que contribúen á nota final do alumno, serán cualificadas sobre 10 puntos.

Para a superación da materia, requírese ter superado as "Prácticas de Laboratorio" e a "Solución de problemas".

Os criterios de avaliación serán os mesmos para a 1ª e 2ª oportunidade, e ámbalas probas serán similares.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Fontes de información
Bibliografía básica (). .
Stevenson, Wilian y Grainger Jonh J. (). Análisis de Sistemas Eléctricos de Potencia.. McGraw Hill.
Pascual Simón, Fernando Garnacho, Jorge Moreno, Alberto González (). Cálculo y Diseño de Líneas Eléctricas de Alta Tensión. Garceta Grupo Editorial
Checa, Luis María. (). Líneas de transporte de energía. Marcombo
D.P. Kothari y I.J. Nagrath. (). Sistemas Eléctricos de Potencia. McGraw Hill.

Bibliografía complementaria Chan-Ki Kim, Vijay K.Sood, Gil-Soo Jang, Seong-Joo LIm, Seok-Jim Lee (). HVDC Transmission. Power Conversion Applications in Power Systems. John Wiley&Sons


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Máquinas Eléctricas I/770G02021
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022
Circuitos Eléctricos de Potencia/770G02023
Centrais Eléctricas/770G02024
Fundamentos de Electricidade/770G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión/770G02027

Materias que continúan o temario

Observacións

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostida e cumprir co obxectivo da acción número 5: "Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social" do "Plan de Acción Green Campus Ferrol", a entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

* Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático

* Realizaranse a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

* De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías