Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Medidas e Tarifas Eléctricas Código 770G02135
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría Industrial
Coordinación
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Profesorado
Santome Couto, Emilio
Correo electrónico
emilio.santome@udc.es
Web http://http://moodle.udc.es
Descrición xeral Trátase dunha materia que ten un carácter fundamentalmente tecnolóxico. O seu obxectivo principal é proporcionar ao alumno a base científica e técnica que lle permita coñecer e entender a natureza dos problemas relacionados coas medidas das distintas magnitudes eléctricas e a tarifación dos consumos medidos na estrutura do mercado eléctrico español. Abárcase o estudo dos instrumentos e métodos de medida eléctricos, esquemas de conexión e condicións para unha medida segura, xa sexa directa ou indirecta, así como lexislación afectante a instalacións de medida.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Deseñar, calcular as instalacións para a adquisición de medidas eléctricas Coñece os diferentes sistemas de medida. Coñece os principios de normativa, regulamentación e lexislación das instalacións de medida. A4
B1
B4
B5
B9
C3
Coñecer as solucións técnicas que ofrece o mercado no ámbito da medida. É capaz de interpretar a información técnica e outras fontes de información, en español e inglés. A4
B1
B4
B5
B9
C3
Coñecer as distintas modalidades de tarifas eléctricas (mercado libre, mercado regulado e bono social) e a súa estrutura. A4
B1
B5
B9
C3
Coñecer a estrutura e funcionamento do mercado eléctrico español, así como os axentes do sistema e as súas funcións. A4
B1
B4
B5
B9
C3

Contidos
Temas Subtemas
Principios de funcionamento dos aparellos de medida.(Contidos: Medidas directas de: intensidade e tensión. Esquemas e prácticas de conexión de aparallos de medida eléctricos) Técnicas de medida. Aparellos analóxicos.

Erros de medición.

Características funcionais e distintivas dos aparellos dixitais.

O osciloscopio analóxico-dixital.
Medidas eléctricas. (Contidos: Medidas directas de intensidade, tensión, resistencia, frecuencia, potencia, enerxía, factor de pot., aislamento, calidad de onda, etc. Medidas indirectas: transductores de medida y trafos de medida. Esquemas e prácticas de conexión de aparallos de medida eléctricos. Mercado eléctrico Español. Tarifas eléctricas.) Medidad de resistencias, intensidade e tensión.

Medida de potencia, factor de potencia e frecuencia.

Facturación e contadores de enerxía.


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Proba obxectiva A4 B1 B5 2 1 3
Solución de problemas A4 B1 B4 B5 B9 C3 7.5 21 28.5
Sesión maxistral A4 B1 B4 B5 12 19 31
Prácticas de laboratorio A4 B1 B4 B5 B9 C3 12 35 47
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba de avaliación de caracter prático, escrita e final sobre todos os contidos da materia. Consistirá na solución de dez preguntas, podendo ser todas: algún tipo test ou/e exercicios e problemas.
Solución de problemas Seminarios en grupos de tamaño intermedio destinados a resolver exercicios e problemas sobre os contidos teóricos da materia. Durante a sesión resolveranse as dúbidas ou dificultades que xurdan, tamén se exporán os traballos derivados da sesión maxistral.
Sesión maxistral Exposición oral teórica-práctica dos capítulos do programa para transmitir coñecementos, podendo ser complementada co uso de medios audiovisuais/multimedia. Ofrecerá unha visión xeral e estruturada dos temas, destacándose os aspectos importantes. O profesor poderá solicitar traballos en grupo que amplíen ou redunden en aspectos teóricos/prácticos, para a súa posterior exposición nas clases de solución de problemas.
Prácticas de laboratorio Realización de diversas experiencias prácticas de laboratorio do desenvolvido nos contidos da materia, que sirvan para reforzar e contrastar os coñecementos teóricos adquiridos.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
Se realizan en las correspondientes tutorías, donde a iniciativa del alumno se resuelven, o aclaran las posibles dudas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 B1 B5 Ao final do cuadrimestre e nas datas fixadas oficialmente polo centro, levarase a cabo esta proba obxectiva final.

Esta proba que pode alternar preguntas tipo problema e tipo cuestión teórica, representa o 30% da nota final da materia.
30
Prácticas de laboratorio A4 B1 B4 B5 B9 C3 As sesións de prácticas de laboratorio son de obrigada asistencia, e é indespensable telas aprobadas para poder superar a materia.

As prácticas de laboratorio representan o 20% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 3.0 puntos sobre 10.0 puntos.
20
Solución de problemas A4 B1 B4 B5 B9 C3 Poderanse realizar a cabo varios traballos tutelados ao longo do curso, cuxa entrega será obrigatoria e que tratarán sobre problemas ou tarefas propostas, relacionados coa materia.

Os traballos tutelados representan o 50% da nota final da materia, e que se sumará cando a nota obtida na proba obxectiva sexa igual ou superior a 3.0 sobre 10.0 puntos.
50
 
Observacións avaliación

Para poder sumar os puntos das actividades denominadas como
Solución de problemas" e "Prácticas de laboratorio", na nota da
"Proba obxectiva" o alumno terá que ter alcanzado un mínimo de 3.0
puntos.

Segunda oportunidade: a avaliación nesta ocasión será a mesma que
a primeira oportunidade, mantendo os pesos das actividades.

Convocatoria avanzada: nesta convocatoria o 100% da cualificación
corresponderá á obtida na Proba Obxectiva.

O alumnado con reconoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia deberá realizar a totalidade das
actividades obrigatorias nalgún dos horarios establecidos de antemán.











A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación, unha vez comprobada, implicará implicará que o/a estudante será
cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do
curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario


Fontes de información
Bibliografía básica Torrente Artero, Oscar (2009). ARDUINO: CURSO PRACTICO DE FORMACION . RC(RS) libros
Cornejo, Javier (2014). La nueva facturación de la energía eléctrica . Barcelona:Ediciones Experiencia S.L.
Cavia Soto, Mª de los Ángeles (2000). Laboratorio de Medidas Eléctricas . Santander: Universidad de Cantabria. Departamento de Ingeniería Eléctrica
Bolton, William. (1995). Mediciones y pruebas eléctricas y electrónicas. Barcelona:Marcombo
Ramírez Vázquez, José. (1992). Medidas eléctricas. Barcelona : Ceac
Chacón de Antonio, Francisco Julián (2000). Medidas eléctricas para Ingenieros. Madrid: Universidad Pontificia Comillas
Grupo de Formación de Empresas Eléctricas (1995). Medidda electricas I, II y III . Madrid: Paraninfo
Pallas Arenuy, R (1989). Transductores y acondicionadores de señal. Barcelona: Marcombo

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Expresión Gráfica/770G02005
Estatística/770G02008
Fundamentos de Electricidade/770G02013

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Máquinas Eléctricas I/770G02021
Instalacioós Eléctricas en Baixa Tensión/770G02022

Materias que continúan o temario
Máquinas Eléctricas II/770G02026
Instalacións Eléctricas en Media e Alta Tensión/770G02027
Accionamentos de Máquinas Eléctricas/770G02035

Observacións
Para unha contorna sostible e cumprir co obxectivo da actuación núm. 1: a entrega dos traballos documentais que se realicen na materia:
1.1. Solicitaranse en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
1.3. De realizarse en papel:
- Non empregaranse plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías