Identifying Data 2024/25
Subject (*) Graphic Engineering (Dual formation) Code 770G02141
Study programme
Grao en Enxeñaría Eléctrica
Descriptors Cycle Period Year Type Credits
Graduate 1st four-month period
Fourth Obligatory 6
Language
Spanish
Teaching method Face-to-face
Prerequisites
Department Enxeñaría Industrial
Coordinador
E-mail
Lecturers
E-mail
Web
General description
A formación dual permite que o alumnado integre os coñecementos adquiridos no contexto académico e profesional, favorecendo así a adquisición de competencias que lles preparen para o exercicio das súas actividades profesionais, faciliten a súa empleabilidad e fomenten a súa capacidade de emprendemento.
Trátase dun proceso de formación estruturado, organizado e consensuado no que as persoas encargadas de tutelar ao estudante na empresa e na universidade comparten unha importante responsabilidade formativa.

Competencies / Study results
Code Study programme competences / results
A36 Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas da enxeñaría gráfica
A37 Realización e interpretación de planos normalizados mediante o manexo e utilización da simboloxía, normas e regulamentos máis adecuados
B1 Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico.
B5 Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta.
B11 CB4 - Que los estudiantes puedan transmitir información, ideas, problemas y soluciones a un público tanto especializado como no especializado.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.

Learning aims
Learning outcomes Study programme competences / results
É capaz de elaborar e interpretar planos e esquemas de instalacións industriais. A36
A37
B1
B5
B11
C3
É capaz de traballar nunha contorna gráfica tanto de forma autónoma como colaborativa A37
B1
B5
B11
C3
É capaz de elaborar a documentación gráfica e informes de datos do proxecto A37
B1
B5
B11
C3

Contents
Topic Sub-topic
Debuxo de instalacións industriais
Interpretación de planos e esquemas de instalacións e equipos industriais
Aplicacións de Deseño Asistido por Computador e BIM

Planning
Methodologies / tests Competencies / Results Teaching hours (in-person & virtual) Student’s personal work hours Total hours
Supervised projects A36 A37 B1 B5 B11 C3 150 0 150
 
Personalized attention 2 0 2
 
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students.

Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects Os obxectivos perseguidos son, entre outros, que o estudante:
Xestione, seleccione e sexa capaz de sintetizar a información que necesite.
Coñeza a normativa vixente que haberá de ter en conta no traballo profesional de enxeñaría.
Aplique os seus coñecementos teóricos á representación de pezas ou instalacións industriais
Desenvolva e potencie habilidades de comunicación, procura de información, resolución de problemas.

Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Description
O estudante terá un seguimento personalizado por parte de dous titores: o da universidade e o da empresa.
Ambos os titores serán os encargados de realizar o seguimento do desenvolvemento e execución das tarefas e traballos programados, de maneira que se garanta a adquisición das competencias. Programaranse reunións do titor da entidade, titor académico e estudante, a metade e final da estancia de prácticas.

Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Supervised projects A36 A37 B1 B5 B11 C3 O estudante entregará dous informes de seguimento, a final de cada cuadrimestre, que recollerán a descrición concreta e detallada das tarefas e traballos que vai desenvolvendo, departamentos da entidade aos que está a ser asignado e unha relación dos problemas que se lle van expondo e o procedemento que seguiu para a súa resolución. Redactará tamén unha memoria final na que valore as competencias adquiridas e avalíe a idoneidade das prácticas realizadas e o que estas lle achegaron á súa formación.
A avaliación das competencias e resultados de aprendizaxe obterase considerando os informes de ambos os titores e a memoria presentada polo estudante.
100
 
Assessment comments

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha
vez comprobada, implicará directamente a Cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en
que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota
numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade
como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Da cordo con o Regulamento disciplinar
do estudantado da UDC, no caso de
que o alumno/a cometa unha falta disciplinaria na materia : o/a estudante será cualificado
con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a
súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.


Sources of information
Basic

Complementary


Recommendations
Subjects that it is recommended to have taken before

Subjects that are recommended to be taken simultaneously

Subjects that continue the syllabus

Other comments

Recomendacións sobre sostibilidade e medio ambiente:

Intentarase transmitir ao alumnado a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade para que os apliquen non só na aula, senón tamén no comportamento persoal e profesional.

Para contribuír á consecución dunha contorna inmediata sustentable e ao cumprimento do obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación ambiental e social saudables e sostibles” do “Plan de Acción Green Campus Ferrol”:

 A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

- Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

- Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

- De se realizar en papel:

·         Non se empregarán plásticos.

·         Realizaranse impresións a dobre cara.

·         Empregarase papel reciclado.

·         Evitarase a impresión de borradores.

Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

 Recomendacións en materia de igualdade de xénero e respecto á diversidade:

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…).

Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)The teaching guide is the document in which the URV publishes the information about all its courses. It is a public document and cannot be modified. Only in exceptional cases can it be revised by the competent agent or duly revised so that it is in line with current legislation.