Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprobar a importancia que ten o sistema nervioso no correcto funcionamento de todo o noso organismo.
Coñecer cómo funciona o noso propio cerebro.
Apreciar que a diversidade de conductas animais correspóndese coa diversidade de sistemas nerviosos. |
AI6 AI7 AI8
|
BI3 BI5 BI9
|
CM1 CM2 CM8 CM9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1) Doutrina neuronal: introducción histórica á neurobioloxía moderna.
|
Teoría reticular.
Técnica de Golgi e estudos de Santiago Ramón y Cajal.
Doutrina neuronal.
|
2) Organización e señalización neuronal.
|
Estrutura básica da neurona.
Tipos de neuronas.
Sinapse eléctrica.
Sinapse química. |
3) O encéfalo cambiante. |
Desenvolvemento temperán do sistema nervioso.
Formación de circuítos neurais.
Modificación de circuítos neurais e plasticidade sináptica.
|
4) Organización anatómica do sistema nervioso. |
Anatomía do Sistema Nervioso Central.
Anatomía do Sistema Nervioso Periférico.
Nocións de anatomía comparada.
|
5) Bases neurais da percepción sensorial. |
Sistema sensorial somático.
Sistema visual.
Sentidos químicos.
Sistema auditivo e vestibular.
Dor.
Sistema sensitivo visceral. |
6) Control neural da actividade motora e a súa coordinación. |
Organización xeral dos sistemas de control motor. |
7) Funcións encefálicas complexas. |
Aprendizaxe e memoria.
Emocións.
|
8) Técnicas para o estudo do encéfalo. |
Transxénicos.
Optoxenética.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A6 A7 A8 |
6 |
14 |
20 |
Prácticas de laboratorio |
C8 |
7 |
7 |
14 |
Análise de fontes documentais |
B3 B5 B9 C1 C2 C9 |
3 |
24 |
27 |
Proba obxectiva |
A6 A7 A8 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
6 |
0 |
6 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Sesións de 60 minutos de duración aproximada sobre os contidos correspondentes ao temario.
Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase que o alumno revisase, con anterioridade, os aspectos fundamentais dos diferentes contidos nos textos e nos enlaces web que se recomendan no apartado "Fontes de información".
Ademais, o alumnado dispoñerá dos contidos dos temas desenvolvidos nesta materia na plataforma "Campus Virtual" en diferentes formatos (pdf, ppt, gravacións, vídeos...). |
Prácticas de laboratorio |
As prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial da materia.
Durante o seu desenvolvemento, aspectos relacionados con:
- Identificación de distintas rexións do sistema nervioso
- O uso de modelos animais para o estudo do sistema nervioso en condicións normais e / ou patolóxicas
- O uso de liñas mutantes e transxénicas en estudos de Neurociencia
- O manexo de páxinas interactivas, atlas de neuroanatomía en liña e ligazóns web relacionadas con contidos prácticos.
Ao finalizar o período de prácticas, os estudantes deberán presentar un informe sobre elas e elaboraran un breve proxecto de investigacion. |
Análise de fontes documentais |
Consistirá na lectura individual de artigos recentes de Neurobioloxía designados polo profesorado e que complementan o contido das clases maxistaris. Posteriormente, o alumnado presentará un breve resumo cunha valoracion critica dun artigo seleccionado.
Os materiais necesarios para desenvolver esta actividade serán proporcionados polo profesorado, previamente, a través da plataforma Campus Virtual.
Os estudantes poderán consultar as súas dúbidas co profesorado a través de correo electrónico, chats e videochamadas. |
Proba obxectiva |
Consistirá na realización dun exame sobre os contidos da materia, con preguntas de tipo test e/ou preguntas curtas.
O exame farase preferentemente en liña a través da plataforma Campus Virtual. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Análise de fontes documentais |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
O alumnado pode consultar as súas dúbidas puntuais durante as sesións maxistrais.
Ademais, contará con titorías personalizadas para consultar as súas dúbidas relacionadas coa materia teórica, práctica e coas actividades programadas na disciplina.
O profesorado comunicarase co alumnado a través das canles oficiais como: videoconferencia, foros, correo electrónico e chat.
Dada a finalidade destas titorías, tentarase que o horario sexa o máis acomodado para o profesor e o alumno, concertándose previamente entre ambos. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A6 A7 A8 |
Consistirá en preguntas de resposta curta e preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de completar ou de asociación sobre os contidos dos temas tratados nas sesións maxistrais, discusións dirixidas e seminarios.
|
70 |
Análise de fontes documentais |
B3 B5 B9 C1 C2 C9 |
Realizaranse unha discusion e revision crítica dun artigo de investigación actual. |
10 |
Prácticas de laboratorio |
C8 |
Ao final do período de prácticas, os estudantes deberán presentar un informe relacionado cos contidos das actividades prácticas realizadas e un breve proxecto de investigacion. |
20 |
|
Observacións avaliación |
OBSERVACIÓNS: OS ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS QUE ELIXAN ESTA MATERIA, TERÁN QUE REALIZAR TODAS AS ACTIVIDADES DE FORMA PRESENCIAL, isto non inclue asistencia as clases maxistrais.
As Prácticas de laboratorio configúranse como unha parte esencial do contido da materia, polo que a súa asistencia será presencial. É condición necesaria que todos os alumnos aproben as actividades "Análise de fontes documentais" e "Prácticas de laboratorio" para poder superar a materia. No caso da segunda oportunidade da convocatoria do ano en curso (convocatoria de Xullo) manterase o sistema de avaliación previsto para a primeira oportunidade, tanto para o alumnado que non superase algunha/s da/s partes coma para aquel alumnado que non se presentou ás mesmas. As matrículasde honra concederanse preferentemente entre os/as alumnos/as que se presenten na primeira oportunidade de cada convocatoria. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica: - Dale Purves et al. (2008). Neuroscience. Sinauer Associates, cop. 4th ed. - Eric R. Kandel, James H. Schwartz, Thomas M. Jessell (2000).Principios de neurociencia. McGraw Hill-Interamericana. - Greg Lemke (2009). Developmental neurobiology. Academic Press-Elsevier. - John H. Byrne; James L. Roberts (2009). From molecules to networks an introduction to cellular and molecular neuroscience. Elsevier. - Larry Squire et al. (2008). Fundamental neuroscience. Academic Press. - Daniel P. Cardinale (2007). Neurociencia aplicada: sus fundamentos. Editorial Médica Panamericana. Enlaces web: https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK20385/ https:// www.brainfacts.org/ https://www.frontiersin.org/journals/neuroscience https://www.ncbi.nlm.nih.gov/books/NBK10799
https://neurophysics.ucsd.edu/courses/physics_171/Neuroscience%20Exploring%20the%20Brain%20-%20Bear,%20Mark%20F.%20[SRG].pdf
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Citoloxía/610212103 | Histoloxía Vexetal e Animal/610212104 | Organografía Microscópica/610212628 |
|
Observacións |
OS ALUMNOS SEMIPRESENCIAIS QUE ELIXAN ESTA MATERIA, TERÁN QUE REALIZAR TODAS AS ACTIVIDADES DE FORMA PRESENCIAL. Recoméndase ao alumno que traballe de forma autónoma coa axuda da bibliografía/webgrafía aconsellada e dos recursos web que se poñerán á súa disposición. Perspectiva de Xénero Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...) Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas.
Programa
Green Campus da Facultade de Ciencias Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental
da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia: a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b. De realizarse en
papel: - Non se empregarán plásticos - Realizaranse impresións a dobre cara - Empregarase papel reciclado - Evitarase a realización de borradores |
|