Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Toxicología Xenética Código 610441018
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Psicoloxía
Coordinación
Laffon Lage, Blanca
Correo electrónico
blanca.laffon@udc.es
Profesorado
Laffon Lage, Blanca
Correo electrónico
blanca.laffon@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia o estudante coñecerá conceptos fundamentais da toxicoloxía, se familiarizará cos aspectos toxicocinéticos e toxicodinámicos subxacentes á acción dos tóxicos, e aprenderá o fundamento e utilidade das principais metodoloxías que se utilizan na avaliación de risco xenético.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Traballar en grupo de forma colaborativa BI6
Saber expresarse en público BI9
Dominar a linguaxe científica propia da disciplina e comunicarse de xeito efectivo BI5
CM1
CM2
Capacidade para buscar e interpretar información toxicolóxica de calquera tipo empregando ferramentas informáticas e a rede internet AI6
BI3
CM6
Coñecer os procesos físico-químicos que experimenta un tóxico cando se incorpora ao organismo e os factores que condicionan as fases de absorción, distribución, metabolización e eliminación AI6
AI8
AI12
Coñecer as distintas relacións existentes entre a concentración de tóxicos no lugar de acción e os efectos producidos nos sistemas biolóxicos, e os factores que afectan á toxicidade das sustancias AI6
AI8
Coñecer a relación existente entre os procesos de xenotoxicidade e o desenvolvemento de cancro AI6
AI12
Coñecer como se realiza a avaliación da exposición a axentes xenotóxicos e as avantaxes da biomonitorización fronte a avaliación ambiental AI12
Coñecer as diferentes metodoloxías para avaliar a xenotoxicidade e o papel dos polimorfismos xenéticos como biomarcadores de susceptibilidade individual AI6
AI12

Contidos
Temas Subtemas
I. Principios xerais de Toxicoloxía 1. Conceptos básicos en Toxicoloxía.

2. Toxicocinética (procesos ADME).

3. Toxicodinamia (curvas dose-resposta, índices de toxicidade, factores que afectan á toxicidade).

II. Toxicoloxía xenética 4. Xenotoxicidade e relación con cancro.

5. Avaliación do risco xenético I: Análise da exposición a axentes xenotóxicos.

6. Avaliación do risco xenético II: Metodoloxías de avaliación da xenotoxicidade.

7. Avaliación do risco xenético III: Susceptibilidade individual.

III. Toxicoxenética reproductiva 8. Técnicas para estudar o dano cromosómico e do ADN en espermatozoides.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A6 A8 A12 12 24 36
Prácticas a través de TIC B3 C6 C2 2 4 6
Prácticas de laboratorio A12 A8 B6 B3 C6 4 6 10
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C2 C1 0 15 15
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 2 4 6
Proba mixta A6 A12 B5 B3 C1 1 0 1
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Introdución polos profesores dos contidos do programa con axuda de materiais multimedia. Resolución ás cuestións expostas polos estudantes.
Prácticas a través de TIC Práctica realizada utilizando equipamento informático sobre a busca e manexo de información toxicolóxica en internet.
Prácticas de laboratorio Prácticas que se realizarán nos laboratorios do Laboratorio de Xenética Molecular e Radiobioloxía do Centro Oncolóxico de Galicia, nas que se aprenderán diversas metodoloxías para a avaliación do dano xenético.
Traballos tutelados Traballos tutelados en grupos sobre un tema relaconado coa materia. A petición dos estudantes realizaranse tutorías para concretar os pontos a tratar en cada traballo. Os ficheiros correspondentes a cada traballo e á súa presentación entregaranse a través da plataforma Moodle antes do fin do prazo fixado. Posteriormente os traballos poranse a disposición de todos os alumnos no Moodle.
Seminario Seminario bibliográfico no que os alumnos presentarán ante a clase os traballos realizados. Posteriormente realizarase un debate sobre o tema exposto.
Proba mixta Ao finalizar o programa da materia realizarase unha proba que constará de preguntas de resposta curta e/ou preguntas tipo test.

Atención personalizada
Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
A solicitude dos alumnos, realizáranse titorías para concretar os puntos a tratar en cada traballo, así como para resolver dúbidas e cuestións, ofrecer orientación e axudar no desenvolvemento tanto das competencias específicas da materia como nas competencias transversais e nucleares da titulación.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A6 A12 B5 B3 C1 Exame: cuestionario con preguntas de resposta curta e/ou tipo test. Cómpre aprobar este exame para superar a asignatura. 40
Prácticas a través de TIC B3 C6 C2 Asistencia obrigatoria. Valorarase a participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido.
4
Sesión maxistral A6 A8 A12 Valorarase a asistencia regular e a participación, sempre que se aprobe o exame. 12
Prácticas de laboratorio A12 A8 B6 B3 C6 Asistencia obrigatoria. Valorarase a participación, sempre que se aprobe o exame.
Os alumnos que por motivos xustificados non asistan ás prácticas deberar encher o cuestionario correspondente aos estudantes semipresenciais, e entregalo a través do Moodle antes da fin do prazo establecido.
4
Traballos tutelados A12 B3 B5 B6 B9 C2 C1 Realización obrigatoria dun traballo tutelado en grupo (sempre que o número de estudantes o permita). A cualificación será a mesma para todos os membros do grupo. Valorarase sempre que se aprobe o exame. 40
Seminario B3 B5 B6 B9 C1 Asistencia obrigatoria para presentar o traballo tutelado.
No caso de non poder asistir por motivos xustificados, a presentación do traballo realizarase online.
0
 
Observacións avaliación

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia, será considerada causa de cualificación de suspenso (nota numérica 0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.

Requisitos para superar a materia: Entregar e expoñer o traballo tutelado, asistir ás prácticas a través de TIC e de laboratorio, obter unha puntuación mínima dun 50% do peso do exame, e obter unha puntuación mínima global do 50% do total da materia.

Avaliación na segunda oportunidade: Os alumnos deberán entregar e expoñer o traballo tutelado (se non se fixo no seu momento) e realizarán o exame. Ademáis, se os alumnos non asistiron ás prácticas obrigatorias deberán entregar un cuestionario sobre as actividades que se traballaron nelas.

En caso de existir discrepancias entre as guías docentes en distintos
idiomas, prevalecerá a versión en español.


Fontes de información
Bibliografía básica

LIBROS:

Greim, H.; Snyder, R. (2007) Toxicology and risk assessment: a comprehensive introduction. Chichester: John Wiley & sons.

Klaassen, C.D.; Watkins III, J.B. (2005) Fundamentos de Toxicología de Casarett y Doull. Madrid: MacGraw Hill.

Marquardt, H. ; Schäfer, S.G.; McClellan, R.O.; Welsch, F. (1999) Toxicology. San Diego: Academic Press.

Proudlock, R. (2016) Genetic Toxicology testing – A laboratory manual. Elsevier.

Repetto, M.; Repetto, G. (2009) Toxicología fundamental. Madrid: Díaz de Santos.

Riviere, J.E. (2006) Biological concepts and Techniques in Toxicology. An integrated approach. New York: Taylor & Francis.

Stine, K.E; Brown, T.M. (2006) Principles of toxicology. 2nd edition. Londres: CRC Press Taylor & Francis.

ARTIGOS:

Albertini, R.J.; Anderson, D.; Douglas, G.R.; Hagmar, L.; Hemminki, K.; Merlo, F.; Natarajan, A.T.; Norppa, H.; Shuker, D.E.G.; Tice, R.; Waters, M.D.; Aitio, A. (2000) IPCS guidelines for the monitoring of genotoxic effects of carcinogens in humans. Mutat. Res.463: 111-172.

Cimino, M. C. 2006. Comparative overview of current international strategies and guidelines for genetic toxicology testing for regulatory purposes. Environmental and Molecular Mutagenesis 47:362-390.

Gallo, V.; Khan, A.; Gonzales, C.; Phillips, D.H.; Schoket, B.; Györffy, E.; Anna, L.; Kovács, K.; Moller, P.; Loft, S.; Kyrtopoulos, S.; Matullo, G.; Vineis, P. (2008) Validation of biomarkers for the study of environmental carcinogens: A review. Biomarkers 13: 505 - 534.

Imyanitov, E.N.; Togo, A.V.; Hanson, K.P. (2004) Searching for cancer-associated gene polymorphisms: promises and obstacles. Cancer Lett.204: 3-14.

Srám, R.J. y Binková, B. (2000) Molecular epidemiology studies on occupational and environmental exposure to mutagens and carcinogens, 1997-1999. Environ. Health Perspect.108: 57-70.

Young, R. 2002. Genetic toxicology: Web resources. Toxicology 173:103-121.

Bibliografía complementaria

LIBROS:

Barile, F.A. (2008) Principles of Toxicology Testing. Florida: CRC Press.

Córdoba, D. (2001) Toxicología. Bogotá: Manual Moderno.

DeCaprio, A. (2006) Toxicologic biomarkers. New York: Taylor and Francis.

Hamadeh, H.K.; Afshari, C.A. (2004) Toxicogenomics. Principles and Applications. New Jersey: Wiley-Liss.

Hodgson, E.; Levi, P.E. (1997) A textbook of modern toxicology. Connecticut: Appleton and Lange.

IPCS (1993) Biomarkers and risk assessment: concepts and principles. International Programme on chemical safety. Environmental Health Criteria 155. World Health Organization. Geneva.

Mendelsohn, M.L.; Mohr, L.C.; Peeters, J.P. (1998) Biomarkers. Medical and workplace applications. Washington D.C.: Joseph Henry Press.

Mendelsohn, M.L.; Peeters, J.P.; Normandy, M.J. (1995) Biomarkers and occupational health: progress and perspectives. Washington D.C.: Joseph Henry Press.

National Research Council of the National Academies (2006) Human biomonitoring for environmental chemicals. Washington D.C.: The National Academies Press.

Niesink, R.J.M. (1996) Toxicology: principles and applications. Boca Raton-Florida: CRC Press.

Repetto, M. (1995) Toxicología avanzada. Madrid: Díaz de Santos.

ARTIGOS:

Albertini, R.J.; Nicklas, J.A.; O'Neill, J.P. (1996) Future research directions for evaluating human genetic and cancer risk from environmental exposures. Environ. Health Perspect104 (Suppl 3): 503-510.

Au, W.W.; Oh, H.Y.; Grady, J.; Salama, S.A. y Heo, M.Y. (2001) Usefulness of genetic susceptibility and biomarkers for evaluation of environmental health risk. Environ. Mol. Mutagen.37: 215-225.

Autrup, H. (2000) Genetic polymorphisms in human xenobiotica metabolizing enzymes as susceptibility factors in toxic response. Mutat. Res.464: 65-76.

Bonassi, S. (1999) Combining environmental exposure and genetic effect measurements in health outcome assessment. Mutat. Res.428: 177-185.

Butterworth, B.E.; Bogdanffy, M.S. (1999) A comprehensive approach for integration of toxicity and cancer risk assessments. Regul. Toxicol. Pharmacol.29: 23-36.

Garte, S. (2001) Metabolic susceptibility genes as cancer risk factors: time for a reassessment? Cancer Epidemiol. Biomarkers Prev.10: 1233-1237.

Gyorffy, E., Anna, L., Kovacs, K., Rudnai, P., and Schoket, B. (2008) Correlation between biomarkers of human exposure to genotoxins with focus on carcinogen-DNA adducts. Mutagenesis 23:1-18.

Ingelman-Sundberg, M. (2001) Genetic variability in susceptibility and response to toxicants. Toxicol. Lett.120: 259-268.

Lang, M. y Pelkonen, O. (1999) Metabolism of xenobiotic and chemical carcinogenesis. Metabolic polymorphisms and susceptibility to cancer. IARC Scientific Publications No. 148. International Agency for Research on Cancer. Lyon. pp: 13-22.

Norppa, H. (2001) Genetic polymorphisms and chromosome damage. Int. J. Hyg. Environ. Health204: 31-38.

Pavanello, S. (2003) Metabolic and DNA repair variations in susceptibility to genotoxins. Polycyclic Aromatic Compounds23: 49-107.

Pavanello, S. y Clonfero, E. (2000) Biological indicators of genotoxic risk and metabolic polymorphisms. Mutat. Res.463: 285-308.

Seidegard, J. y Ekström, G. (1997) The role of human glutathione transferases and epoxide hydrolases in the metabolism of xenobiotics. Environ. Health Perspect.105: 791-799.

Talaska, G.; Maier, A.; Henn, S.; Booth-Jones, A.; Tsuneoka, Y.; Vermeulen, R.; Schumann, B.L. (2002) Carcinogen biomonitoring in human exposures and laboratory research: validation and application to human occupational exposures. Toxicol. Lett.134: 39-49.

Thier, R.; Brüning, T.; Roos, P.H.; Golka, K.; Ko, Y. y Bolt, H.M. (2003) Markers of genetic susceptibility in human environmental hygiene and toxicology: the roles of selected CYP, NAT and GST genes. Int. J. Hyg. Environ. Health206: 149-171.

Thybaud, V., Le Fevre, A.-C., and Boitier, E. 2007. Application of toxicogenomics to genetic toxicology risk assessment. Environmental and Molecular Mutagenesis 48:369-379.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Mecanismos de xeración da variación xenética/610441005

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

-Recoméndase ter coñecementos de informática a nivel usuario, para a utilización da plataforma virtual Moodle e a preparación do traballo obrigatorio e a súa exposición.

-Recoméndase ter coñecementos de inglés, para a consulta de materiais bibliográficos.

-Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta asignatura entregaranse en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel:

Non se utilizarán plásticos.

Realizaranse impresións a doble cara.

Utilizarase papel reciclado.

Evitarase a realización de borradores.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías