Perspectiva de Xénero.
Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...).
Traballarase para
identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna
para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias.
Para axudar a
conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia:
a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático b. De realizarse
en papel: - Non se
empregarán plásticos - Realizaranse
impresións a dobre cara - Empregarase
papel reciclado - Evitarase a
realización de borradores |