Perspectiva de Xénero
Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar
e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse detectar situacións
de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Programa Green Campus
Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha
contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental
da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen
nesta materia:
a. Solicitaranse
maioritariamente en formato virtual e soporte informático.
b. De realizarse en papel:
- Non se empregarán plásticos
- Realizaranse impresións a
dobre cara
- Empregarase papel reciclado
- Evitarase a realización de
borradores |