Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os aspectos éticos e legais que regulan a Biotecnoloxía, con obxecto de poder desenvolver a profesión de Biotecnólogo consecuentemente cos mesmos. |
AM17 AM18 AM19
|
BM1 BM10 BM11 BM12 BM15
|
CM4 CM7
|
Aplicar os principios comunitarios, constitucionais, legais e éticos relacionados coa biotecnoloxía, a partir do dominio da súa especificidade, obxecto e fontes de regulación xurídica |
AM18 AM19
|
BM1 BM7 BM10 BM11 BM12
|
CM4 CM7
|
Utilizar criterios independentes para sustentar a toma de decisións de carácter ético relacionadas coa práctica da biotecnoloxía |
AM18 AM19
|
BM1 BM7 BM9 BM10 BM11 BM12 BM15
|
CM4 CM7
|
Desenvolver a inquietude sobre o papel do biotecnólogo nun mundo globalizado |
AM18 AM19
|
BM7 BM10 BM11 BM12 BM15
|
CM4 CM7
|
Identificar e extraer da literatura especializada a información necesaria para a resolución dos problemas expostos |
AM17 AM18 AM19
|
BM1 BM7
|
CM4 CM7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Ciencia e Tecnoloxía como obxecto da Ética e do Dereito |
1. Por que a ciencia debe de ser obxecto da ética?
2. Por que a técnica e, en particular, a (bio)tecnoloxía debe ser obxecto da ética?
3. A Biotecnoloxía como obxecto do Dereito. |
Tema 2. O marco socio-político do debate sobre a biotecnoloxía |
1. A sociedade do risco: a sociedade industrial versus a sociedade do risco
2. Ciencia e política na sociedade do risco
3. O principio de precaución |
Tema 3. Cuestións ontolóxicas: o valor dos obxectos e campos do operar científico-tecnolóxico |
1. Os seres humanos. O principio de dignidade.
2. Os animais. Debémoslles un respecto diferenciado?
3. A natureza. Concepcións da natureza no imaxinario ideolóxico e político moderno |
Tema 4. A protección ética e xurídica da biotecnoloxía |
1. A avaliación da investigación: comités de ética
2. A protección da investigación: patentes biotecnolóxicas |
Tema 5. Problemas específicos en materia biotecnolóxica |
1. Mostras biolóxicas e biobancos
2. Clonación
3. O horizonte da bioloxía sintética
4. Melloramiento humano somático e germinal
5. Xenes, xenoma e patentabilidade. Sentenzas Brüstle e Myriad Genetics
6. Análises xenéticas. Tratamento de datos persoais de carácter xenético |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A17 A18 A19 B10 B11 B12 B15 |
17 |
25.5 |
42.5 |
Seminario |
A17 A18 A19 B1 B7 B10 B11 B12 B15 C4 C7 |
3 |
17.5 |
20.5 |
Discusión dirixida |
A18 A19 B1 B7 B9 B11 B15 C4 C7 |
3 |
4.5 |
7.5 |
Proba obxectiva |
A17 A18 A19 B1 B7 B11 B15 |
2 |
2 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nestas sesións os profesores exporán oralmente e, se fose o caso, valéndose dos medios informáticos ao uso, a estrutura e os conceptos que fan significativo o tema obxecto do temario antes proposto. Esta exposición ordenada e xustificada do tema complementarase coa recomendación anticipada de lecturas que estimulen entre o alumnado o coñecemento dos aspectos elementais e problemáticos do tema, o coñecemento das diferentes propostas de solución, o seu tratamento lexislativo ou as súas implicacións éticas. |
Seminario |
Os estudantes traballan e presentan un tema que pode, no seu caso, ser sometido a discusión co resto de compañeiros. Iso posibilita un estudo con maior profundidade e detalle, así como o desenvolvemento de habilidades de análises e interpretación de fontes normativas e bibliográficas e de habilidades argumentativas. |
Discusión dirixida |
Trala pertinente explicación de cada un dos temas se desenvolverá un debate sobre os contidos explicados. O alumnado intervirá para formular dúbidas ou reflexións argumentadas. As lecturas anticipadas recomendadas servirán para potenciar intervencións que poidan ampliar o explicado nas aulas.
|
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. A proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve ou media, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén se pode construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Discusión dirixida |
Seminario |
|
Descrición |
Tanto para os Seminarios como para a Discusión dirixida a atención personalizada atenderá as necesidades e consultas do alumnado sobre a preparación das actividades. Proporcionarase sobre todo unha guía sobre que materiais de apoio empregar, ou que ideas poden ser máis relevantes para desenvolver nas correspondentes sesións.
A atención personalizada realizarase preferentemente por medios telemáticos: concertando unha cita vía mail e desenvolvendo a atención a través de Teams.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Discusión dirixida |
A18 A19 B1 B7 B9 B11 B15 C4 C7 |
En relación aos resultados de aprendizaxe que corresponden á
tipoloxía "facer", avalíase a capacidade de aplicar os
coñecementos adquiridos a un suposto práctico. En particular,
valórase o adecuado manexo das fontes de información e as
habilidades crítica e argumentativa. |
40 |
Proba obxectiva |
A17 A18 A19 B1 B7 B11 B15 |
Exame final no que se valorará a conxunción de todos os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso |
40 |
Seminario |
A17 A18 A19 B1 B7 B10 B11 B12 B15 C4 C7 |
Avaliarase a orixinalidade, a calidade expositiva, a análise crítica e a capacidade para o debate sobre o tema proposto. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A puntuación da Discusión dirixida dependerá do número e da calidade das intervencións realizadas nas horas dedicadas a tal avaliación. A calidade avaliarase atendendo á corrección con que se presentan as ideas traballadas durante as sesións maxistrais, a consideración dos posibles argumentos xa estudados e a capacidade de ofrecer unha posición ben defendida. As datas das probas obxectivas poden consultarse no seguinte enlace. Terá prioridade para optar á matrícula de honra o alumnado que se presente á primeira convocatoria. Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación. Calquera estudante poderá optar por unha única proba global, en lugar da avaliación continua recollida no apartado anterior. Para isto, deberá comunicalo na data establecida a tal efecto polo decanato. Neste caso, o profesor da materia indicará as condicións desa proba global. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Jonas, H. (1995). El principio de responsabilidad. Ensayo de una ética para la civilización tecnológica. Barcelona: Herder
Beck, U. (2002). La sociedad del riesgo. Hacia una nueva modernidad. Barcelona: Paidós
Romeo Casabona, C.M. (dir.) (2022). Manual de Bioderecho. Adaptado para la docencia en ciencias, ciencias de la salud y ciencias sociales y jurídicas. Madrid: Dykinson |
|
Bibliografía complementaria
|
Sen, A. (2000). Desarrollo y libertad. Barcelona: Planta
Jonas, H. (1997). Técnica, medicina y ética: Sobre la práctica del principio de responsabilidad. Barcelona: Paidós
Shiva, V. (2001). Biopiratería. El saqueo de la naturaleza y del conocimiento . Barcelona: Icaria
Silveira Gorski, H.C. (ed.) (2008). El derecho ante la biotecnología . Barcelona: Icaria
Habermas, J. (2002). El futuro de la naturaleza humana. Barcelona: Paidos
Riechmann, J.; Tickner, J. (2002). El principio de precaución. En el medio ambiente y salud pública: de las definiciones a la práctica . Barcelona: Icaria
Attfield, R. (2018). Environmental Ethics: A Very Short Introduction. Oxford: Oxford University Press
Attfield, R. (2014). Environmental Ethics: An Overview for the Twenty-First Century. Polity Press
Attfield, R. (2022). Ética ambiental. Una breve introducción . Madrid: San Pablo
Romeo Casabona, C.M.; de Miguel Beriáin, I. (eds.) (2010). Ética de la biotecnología. Una Introducción. Granada: Comares
Suzuki, D.; Knudtson, P. (1991). GenÉtica. Conflictos entre la ingeniería genética y los valores humanos . Madrid: Tecnos
Winner, L. (2008). La ballena y el reactor. Una búsqueda de los límites en la era de la alta tecnología . Barcelona: Gedisa |
LEGISLACIÓN Ley 14/2006 sobre Técnicas de reproducción humana asistida. Ley 14/2007 de Investigación biomédica. RD. 1801/2003 sobre seguridad general de los productos. Real Decreto 2132/2004 por el que se establecen los requisitos y procedimientos para solicitar el desarrollo de proyectos de investigación con células troncales obtenidas de preembriones sobrantes. Real Decreto 53/2013 por el que se establecen las normas básicas aplicables para la protección de los animales utilizados en experimentación y otros fines científicos, incluyendo la docencia. Real Decreto 1090/2015 por el que se regulan los ensayos clínicos con medicamentos, los CEIm y el REEC. Ley 9/2003 de Organismos Modificados Genéticamente + Real Decreto 178/ 2004, de 30 de enero, de desarrollo. Directiva 2001/18/CE de liberación intencionada el el medio ambiente de OMG. Ley 24/2015 de Patentes + Real Decreto 316/2017 de patentes). Directiva 1998/44/CE de protección jurídica de las invenciones biotecnológicas. OTROS DOCUMENTOS DE INTERÉS Declaración de Helsinki (las diferentes versiones desde la primera de 1964, hasta la última aprobada en Fortaleza, Brasil, 2013). Convenio de Bioética, para la protección de los derechos humanos y la dignidad del ser humano con respecto a las aplicaciones de la Biología y la Medicina, hecho en Oviedo el 4 de abril de 1997 y ratificado por España el 5 de octubre de 1999 (BOE de 20 de octubre, de 1999); protocolo adicional por el que se prohíbe la clonación de seres humanos (1998) y protocolo adicional sobre transplante de órganos y tejidos de origen humano (2002). Declaración Universal sobre el Genoma Humano y los Derechos Humanos, de la UNESCO, de 11 de noviembre de 1997. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Organización y Gestión: Gestión Empresarial y Gestión Eficaz del Laboratorio/610475201 | Auditoría de empresas biotecnolóxicas/610475202 |
|
Materias que continúan o temario |
PROXECTO FIN DE MÁSTER/610475006 | PRÁCTICAS EXTERNAS/610475007 |
|
Observacións |
Dado que parte da bibliografía empregada para esta materia atópase en inglés, é aconsellable ter coñecementos desta lingua, polo menos, a nivel de comprensión de textos escritos. |
|