Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Traballo Fin de Mestrado Código 610490006
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Obrigatoria 19
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Computación
Educación Física e Deportiva
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Psicoloxía
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Folgueira Otero, Mónica
Yañez Sanchez, Julian
Correo electrónico
m.folgueira@udc.es
julian.yanez@udc.es
Web http://www.usc.gal/es/estudios/masteres/ciencias-salud/master-universitario-neurociencia
Descrición xeral O Traballo de Fin de Máster (TFM) consistirá nun traballo empírico relacionado con calquera das liñas de investigación. Este traballo inclúe actividades tanto presenciais (asistencia a sesións de titorización individual, realización do traballo de investigación, presentación e defensa pública dos proxectos expostos) como non presenciais (revisión bibliográfica actualizada e completa en referencia a un tema, deseño da investigación, tratamento estatístico dos datos, interpretación e discusión de resultados, elaboración de conclusións, redacción do informe final, ensaios para a defensa oral do traballo).

Dependendo do carácter de cada traballo, as horas asignadas a cada tipo de actividade poden variar lixeiramente. O/a estudante deberá realizar e presentar un traballo de investigación que debe constar das seguintes partes: Introdución, obxectivos, materiais e métodos, resultados, discusión, conclusións e bibliografía. O contido pode ser calquera temática do ámbito da neurociencia ofertada nas liñas de investigación vinculadas a este Máster.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Realizar traballos experimentais baixo a dirección dun ou varios profesores do mestrado. Elaborar un informe co formato especificado na páxina web do máster. Presentar a obra publicamente e ante un tribunal. O regulamento do TFM pódese consultar na propia WEB do máster: https://www.usc.es/gl/titulacions/masters_oficiais/neurosci/master/trabajo_fin_master.html BI1
BI2
BI3
BI4
BI5
BI7
BI8
BI9
BI10
CI1
CI2
CI3
CI6
CI7
CI8

Contidos
Temas Subtemas
Calquera temática do ámbito da neurociencia ofertada nas líneas de investigación vinculadas a este mestrado.
Suxirese ao alumnado que revisen as líneas de investigación adscritas ao programa e contacten directamente cos titores das líneas de investigación do seu interés solicitando a súa titorización. En cualquiera caso a comisión académica do máster asesorará ao alumnado e garantirá a realización do traballo de investigación atendendo aos intereses dos alumnos e a dispoñibilidade dos titores

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Análise de fontes documentais B1 B4 B9 B10 C2 C3 C6 C7 C8 0 100 100
Presentación oral B3 B5 B7 C1 10 0 10
Traballos tutelados B1 B2 B3 B5 B7 C1 0 170 170
Investigación (Proxecto de investigación) B1 B2 B8 180 0 180
 
Atención personalizada 15 0 15
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Revisión bibliográfica necesaria para a elaboración da memoria e comprensión da metodoloxía utilizada
Presentación oral Presentacion oral publica frente a un tribunal evaluador. A presentacion tera una duracion de 10-12 minutos e ira seguida dun turno de preguntas do tribunal.
Traballos tutelados Elaboracion da memoria do traballo fin de mestrado
Investigación (Proxecto de investigación) Traballo de investigacion no laboratorio

Atención personalizada
Metodoloxías
Investigación (Proxecto de investigación)
Traballos tutelados
Descrición
En base a tutorias (solicitadas polo alumno/a) e supervision no laboratorio

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Presentación oral B3 B5 B7 C1 Concisión, claridade e orden na presentación oral, cumprimento do tempo establecido, utilización adecuada dos métodos audiovisuais, capacidade para argumentar e responder as cuestión suscitadas na exposición oral. 40
Traballos tutelados B1 B2 B3 B5 B7 C1 Relativo a memoria do TFM, valorarase a profundidade da introducción, a claridade e pertinencia dos obxectivos propostos, adecuación do deseño da investigación aos obxectivos propostos, rigor na obtención e presentación dos resultados e discusión, pertinencia no uso de figuras e tablas e calidades das mesmas, calidade da revisión bibliográfica, conclusións.
Valorarase a estructuración da memoria, redacción e coherencia do documento, manexo/precisión da linguaxe científica, e rigor na terminoloxía e vocabulário adecuado.


60
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica

Específicas de cada traballo

Bibliografía complementaria

Específicas de cada traballo


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Perspectiva de Xénero

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

En caso de discordancia entre a normativa da UDC e da USC, seguirase a normativa da universidade coordinadora do master (USC).



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías