Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Mostraxe de contaminantes na atmosfera, plantexamento do procedemento de avaliación da calidade do aire e interpretación dos resultados baseados na normativa aplicable. |
AM24 AM25 AM27 AM30 AM33 AM35 AM42
|
|
|
Cálculos relativos á difusión de contaminantes en diferentes situacións atmosféricas.
|
AM24 AM26 AM42 AM43
|
|
|
Ser capaz de propoñer e desenvolver estratexias de tratamento de efluentes gasosos e aire contaminado en xeral |
AM24 AM31 AM34 AM36
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.- Introdución á contaminación atmosférica |
Problemática da contaminación atmosférica. Normativa específica. Redes de vixilancia e control. |
Tema 2.- Metodoloxía analítica para á avaliacón da calidade
do aire. |
Metodoloxía de referencia para o mostraxe e análise dos diversos contaminantes no aire. Casos prácticos e interpretación de resultados. Conclusións de certos estudos e investigacións actuais. |
Tema 3.- Emisións atmosféricas. |
Principais actividades contaminantes do aire. Introdución ao regulamento PRTR. Metodoloxías de mostraxe e análise dos principais contaminantes en emisión. |
Tema 4.- Introdución meteorolóxica. |
Presión e temperatura atmosférica: variación coa altura. Ecuación adiabática. Gradiente adiabático. Temperatura potencial. Estabilidade da estratificación do ar: criterios e clases. Inversións térmicas: tipos. |
Tema 5.- Difusión de contaminantes na atmosfera. |
Ecuación xeralizada de dispersión gaussiana. Resolución de casos particulares. Concentración no solo. |
TEMA 6. Penachos: tipos |
Penachos e modelos de predición. Condicións atmosféricas. Distribución da concentración ao longo do eixe do penacho. Elevación do penacho. Parámetros. Ecuacións de Briggs para cálculos de penachos. Modelos actuais de predición da dispersión de contaminantes na atmosfera |
Tema 7.- Tecnoloxías de eliminación de partículas. |
Fundamentos. Descrición de equipos. Ecuacións de deseño. Resolución de problemas. |
Tema 8.- Tecnoloxías de eliminación de gases/vapores. |
Fundamentos. Descrición de equipos. Ecuacións de diseño. Resolución de problemas. |
Tema 9.- Tecnoloxías innovadoras. |
Fundamentos. Descrición de equipos. Ecuacións de diseño. Resolución de problemas. Estudo de casos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Solución de problemas |
A24 A25 A26 A27 A35 A43 |
4 |
10 |
14 |
Estudo de casos |
A30 A33 A34 A42 |
2 |
7.5 |
9.5 |
Saídas de campo |
A27 A34 |
2 |
1 |
3 |
Proba mixta |
A25 A27 A30 A31 A34 |
2 |
2 |
4 |
Sesión maxistral |
A26 A27 A30 A31 A33 A34 A36 |
14 |
28 |
42 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Solución de problemas |
Remarcaranse aspectos esenciais dos temas tratados, coa aplicación de eses coñecementos. Por un lado se plantearán
problemas co profesorado resolverá na clase e ademais plantexaranse cuestións/problemas cos/cas estudantes terán que resolver de forma autónoma e que terán que entregar ao profesor nun prazo determinado. |
Estudo de casos |
Os/As alumnos/as terán que ser capaz de desenvolver e propoñer solucións a casos concretos e específicos de
contaminación do aire. Plantexaranse situacións hipotéticas de partida que terá que avaliar e elaborar un informe ao respecto sobre a situación medioambiental dun punto determinado. |
Saídas de campo |
Desprazamento a unha estación de inmisión da calidade do aire para dar a coñecer os sistemas de mostraxe e os principais métodos de análise que se empregan na avaliación da calidade do ar. |
Proba mixta |
Consistirá na avaliación na adquisición e posta en práctica das competencias relacionadas coa materia. Exame escrito que incluirá preguntas tipo test/ pregunta corta y resolución de algún problema/caso. |
Sesión maxistral |
Leccións impartidas polos profesores para presentar conceptos fundamentais e desenvolver os temas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Estudo de casos |
|
Descrición |
Atenderase aos alumnos, a título individual, en todos aqueles aspectos teórico-prácticos que así o esixan: orientación sobre fontes documentais, aspectos concretos sobre o estudo de casos prácticos e dúbidas que se lle presentan tanto nos temas teóricos como na resolución de problemas.
O alumno con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A25 A27 A30 A31 A34 |
O exame constará de preguntas tipo test, de preguntas cortas e da resolución de
problemas numéricos. |
50 |
Solución de problemas |
A24 A25 A26 A27 A35 A43 |
Plantexaranse problemas co profesorado resolverá na clase. De maneira complementaria plantexaranse cuestións/problemas co alumnado terá que resolver
de forma autónoma e individual e que entregarán ao profesor nun prazo que non
superará os 20 días naturais despois do remate da impartición da materia. |
30 |
Estudo de casos |
A30 A33 A34 A42 |
Ao alumnado plantexaráselle un caso real relativo á calidade do aire e o estudantado en base aos coñecementos adquiridos terá que realizar un informe medioambiental da zona. |
15 |
Saídas de campo |
A27 A34 |
O alumnado elaborará un resumo da visita realizada. O profesorado poderá requirir a busca de información ou a interpretación dalgún dato que se obtén na estación da calidade do ar. |
5 |
|
Observacións avaliación |
O traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da súa participación activa ao longo da impartición da materia. Outorgarase a cualificación de non presentado a aquel alumno que non se presente á proba mixta. PRIMEIRA OPORTUNIDADE A cualificación final da materia obterase da suma dos sumandos descritos na táboa anterior. SEGUNDA OPORTUNIDADE Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e manteranse as notas obtidas na solución de problemas, estudos de casos e saídas de campo namentres que a calificación obtida na proba mixta nesta oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. CONVOCATORIA ADIANTADA Manteranse as cualificacións do curso anterior pero as porcentaxes serán as do curso en vigor ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente. ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC): O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas na proba mixta (60%), resolucións de problemas (20%) e estudo de caso (20%). Isto aplica a ambas as oportunidades. Na avaliación da materia aplicarase todo o establecido no artigo 14, relativo á Comisión de Fraude e responsabilidades disciplinarias, das Normas de avaliación de graos e másteres da UDC. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Kennes,C.; Veiga, M.C (2013). Air pollution prevention and control: bioreactors and bioenergy . ohn Wiley & Sons, New York, USA
Thad Godish (1997). Air Quality. New York, Lewis Publisher
Stull, R. B. (2012). An introduction to boundary layer meteorology. Springer Science & Business Media.
Marshall, J. and Plumb, R. A. (2007). Atmosphere, ocean and climate dynamics: an introductory text. Academic Press
J. M. Wallace and P. V. Hobbs (2006). Atmospheric Science: an introductory survey. 2nd Edition, Elsevier
Kennes, C and Veiga, M.C (2005). Bioreactors for Waste Gas Treatment. Dordrecht, The Netherlands, Kluwer Academic Publishers
Echeverri Londoño, C.A. (2019). Contaminación Atmosférica. Ediciones de la U
Milton, R. Beychock (2005). Fundamentals of Stack gas dispersion. Milton R. Beychock, New Port Beach, California, USA
Reeve, R.N (2002). Introduction to Environmental Analysis. Analytical Techniques in the Sciences. Chichester, UK. John Wiley & Sons
Brasseur, G.P and Jakob, D.J. (2017). Modeling of Atmospheric Chemistry. Cambridge University Press
Baird, C (2001). Química Ambiental. Reverté, Barcelona
Blackadar, A.K. (1997). Turbulence and diffusion in the atmosphere. New York, Springer- Verlag |
|
Bibliografía complementaria
|
J.R. Holton (1992). An Introduction to Dynamic Meteorology. Academic Press
(). http://www.aemet.es/es/portada .
(). http://www.cmati.xunta.es/.
(). http://www.magrama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/.
(). http://www.sogama.es/es.
McIntosh, D.H., (1983). Meteorología básica. . Madrid, Alhambra
Haltiner, G.J. and Martion, F.L. (1957). Meteorología dinámica y física. New York, McGraw-Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Posuír coñecementos das ferramentas informáticas (follas de cálculos, procesador de textos, navegación internet) e de inglés nivel básico. Ademais é recomendable levar a asignatura ao día para ir asimilando os conceptos e que a participación do alumnado sexa frutífera. Asemade, é fundamental a resolución dos problemas plantexados, o que implica a comprensión dos diferentes temas tratados na materia. Os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático b) De realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, cando sexa posible, evitarase a impresión de borradores. |
|