Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Calidade da Auga Código 610500102
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Garcia Dopico, Maria Victoria
Soto Castiñeira, Manuel
Torres Vaamonde, Jose Enrique
Correo electrónico
victoria.gdopico@udc.es
m.soto@udc.es
enrique.torres@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Calidade da Auga" é un módulo específico do Mestrado en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental, en se abordan diferentes aspectos científicos e tecnolóxicos relacionados coas augas naturais e residuais, tales como a caracterización, indicadores de contaminación físico-químicos e biolóxicos, os recursos dispoñíbeis e usados e a planificación hidrolóxica.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as características físico-química das augas naturais, as augas modificadas e as augas residuais, e os índices de calidade que lle son propios. AM24
AM25
AM27
AM37
Coñecer os principios da planificación hidrolóxica e os contidos básicos dos plans hidrolóxicos das bacías galegas. AM25
AM37
AM41
Interpretar a operativa e utilidade das redes de control da calidade da auga. AM23
AM24
AM37
Estudar e identificar fenómenos superficiais, de intercambio iónico e de especiación química. AM26
AM33
Avaliar as reservas, taxas de consumo e caudais de xeración dos distintos tipos de augas. AM25
AM33
AM41
Determinar as características físico-químicas e microbiolóxicas das augas naturais e das augas residuais urbanas e industriais. AM23
AM24
AM34

Contidos
Temas Subtemas
Augas naturais Características físico-químicas
Índices de calidade
Reservas e taxas de renovación
Augas residuais Taxas de consumo e caudais de xeración
Características físico-químicas
Índices de calidade das augas rexeneradas.
Planificación hidrolóxica Fundamentos da planificación hidrolóxica
Plans hidrolóxicos das bacías galegas
Control da calidade da auga Descrición e operativa das redes de control
Interpretación dos datos obtidos
Procesos químico-físicos na auga Fenómenos superficiais
Fenómenos de intercambio
Especiación química
Laboratorio de augas naturais e residuais Caracterización físico-química
Caracterización microbiolóxica

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A24 A27 A33 A34 7 15 22
Proba obxectiva A25 A26 A27 A33 A37 2 0 2
Seminario A24 A25 A26 A27 A41 4 12 16
Sesión maxistral A23 A26 A27 A33 A37 10 25 35
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos de análise da calidade da auga, ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test ou mixto, con resposta única, múltiple ou aberta, que versará sobre os contidos traballados nas e sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou prácticos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo. Elección dunha temática para a elaboración dun traballo escrito.
Sesión maxistral O profesorado exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumno sobre os aspectos claves. Facilitará ao alumno os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
Haberá atención personalizada, nas actividades presenciais e por correo-e ou en titorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio terá lugar directamente durante a súa realización, así como posteriormente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A24 A27 A33 A34 A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Sesión maxistral A23 A26 A27 A33 A37 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a nas mesmas. 5
Proba obxectiva A25 A26 A27 A33 A37 Cuantificación en función da corrección das respostas recibidas. 40
Seminario A24 A25 A26 A27 A41 Avaliación continuada da participación do/a alumno/a nos seminarios, da resolución dos problemas e exercicios propostos, e da calidade do traballo escrito realizado. 25
 
Observacións avaliación
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica
- Poch, M. (1999). ?Las calidades del agua?. . Barcelona Rubes editorial, S.L.,
- AENOR ( 1999). ?Calidad del agua?. AENOR, Madrid
- American Water Works Association ( 2003). "Calidad y tratamiento del
agua", . Mac Graw Hill, Madrid
- Henze, M., Harremoes, P., Jansens, J. & Arvin, E. ( 1995). Wastewater treatment.
Springer-Verlag, New York
- Métodos Normalizados Para El Análisis De Aguas Potables Y Residuales. Madrid: Eds. Díaz de Santos, 1992.
- N.F. Gray (2005). Water Technology. Ed.Elsevier
- CEDEX (1992). "Curso sobre tratamiento de aguas residuales y explotación de estaciones
depuradoras"; . Gabinete de Formación y Documentación del CEDEX, MOPT, M
- Metcalf-Eddy (1995). ?Ingeniería de aguas residuales. Tratamiento, vertido y reutilización?. McGraw-Hill;
- Tejero, I., Suárez, J., Jácome A., Temprano, J. (2001). ?Introducción a la Ingeniería Sanitaria y Ambiental?. .
Impreso por Tórculo. Coruña. España.
Bibliografía complementaria
Recursos web: · http://www.xunta.es/conselle/cma/ · http://www.adega.info/ · http://hispagua.cedex.es/
Outros materiais de apoio: Artigos de revistas científicas especializadas

Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

 

Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia, polo que deberás usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de diversos xéneros, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas.... Ademais, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Prestárase atención á detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías