Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Recursos Enerxéticos Código 610500104
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña
Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Cabeza Gras, Oscar
Correo electrónico
oscar.cabeza@udc.es
Profesorado
Cabeza Gras, Oscar
Romero Gómez, Manuel
Correo electrónico
oscar.cabeza@udc.es
m.romero.gomez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia explicase a actualidade da enerxía en dos bloques: 1. Fontes de enerxía tradicionais. 2. Fontes de enerxía limpias e renovables, almacenamiento enerxético e desenvolvementos futuros.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizarase o uso pasado e actual de fontes enerxéticas tradicionais. Plantearánse distintos escenarios enerxéticos e a necesidade e posibilidade de desarrollo de infraestructuras enerxéticas. Analizaránse os distintos mercados enerxéticos e as posibilidades actuais de aforro enerxético. Describiránse os aspectos máis relevantes das diferentes enerxías renovables, con incidencia nas posibilidades de aforro e melloras da eficiencia enerxética que poden producir. Finalmente, abordaránse as tecnoloxías enerxéticas alternativas e o seu posible desarrollo a futuro AM25
AM28
AM36
AM41
AM42
AM43
AM44
Coñecer as fontes de enerxía limpa e renovable: eólica, solar fotovoltaica, termosolar, undimutriz, maremotriz e fusión nuclear. Se analiza o estado actual do tema e a sua evolución, así como as perspectivas futuras. Os documentos de estudo vanse renovando anualmente. AM25
AM28
AM36
AM41
AM42
AM43
AM44
O aforro e xestión enerxética.Sistemas para o almacenamento, tecnoloxías actuais e proxección futura. Outras formas de xeración de enerxía. AM25
AM28
AM36
AM41
AM42
AM43
AM44

Contidos
Temas Subtemas
Bloque I: Fontes enerxéticas tradicionais. Enerxía. Recursos. Transporte, almacenamento e distribución. Sistema electrico español. Sistema gasistico Español. Transformacións enerxéticas. Centrais de transformación eléctrica: Carbón. Petróleo. Gas natural. Hidroeléctricas. Marco energético mundial.
Bloque II: Escenarios enerxéticos. Introducción ás enerxías renovables. Almacenamiento de enerxía eléctrica. Tecnoloxías alternativas e desenvolvementos futuros. Enerxía eólica. Enerxía solar térmica de alta temperatura e fotovoltaica. Paneis solares. Enerxía do mar (maremotriz, undimotriz...). Estado da tecnoloxía, tipos de dispositivos e novas propostas. Enerxía nuclear por fusión. Almacenamiento a través de baterías, hidróxeno, gravitacional, térmica, ultracondensadores...

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 2 2 4
Sesión maxistral A25 A28 A36 A41 9 18 27
Proba de resposta múltiple A42 A43 1 3 4
Seminario A42 A44 4 8 12
Estudo de casos A41 A42 A43 A44 4 8 12
Traballos tutelados A25 A28 A36 A41 A42 A43 A44 2 14 16
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Descrición
Presentación dos distintos módulos da materia. Incluindo a descripción da Metodoloxía, Programa e Evaluación.
Sesión maxistral Explicación pormenorizada dos distintos aspectos do programa. Usarase para elo Presentacións por ordenador e a pizarra.
Proba de resposta múltiple Proba tipo test sobre os contidos explicados nas leccións maxistrais.
Seminario Resolución de problemas numéricos, casos prácticos o discusión aberta sobre un tema particular.
Estudo de casos Plantexaranse e desenvolverase experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, interpretando os resultados obtidos.
Traballos tutelados Realización individualizada ou por parellas de traballos relativos aos contidos da materia segundo a indicación e tutorización do Profesor.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Sesión maxistral
Seminario
Descrición
Os estudantes deben ir a tutorías para a orientación e tutorización do traballo tutelado. Tamén poden asistir para aclarar dúbidas da Sesión Maxistral, dos exercicios plantexados nos Seminarios ou acerca dos Estudio de Casos.


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A41 A42 A43 A44 Realización das tarefas encomendadas nos distintos casos a estudo. 20
Traballos tutelados A25 A28 A36 A41 A42 A43 A44 Realización de traballos solicitados polos distintos profesores sobre temáticas contidas no programa da materia. 40
Proba de resposta múltiple A42 A43 Exame tipo test sobre os contidos dos distintos módulos da materia. 20
Seminario A42 A44 Realización das distintas tarefas plantexadas (problemas, discusións críticas...) 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a un mínimo de sesións maxistrais (75%) e obrigatoria para á evaluación do alumno. O alumno considérase non presentado cando non asiste ó mínimo das sesións maxistrais, independentemente da nota acadada nas distintas metodoloxías que se evalúan.

Na primeira e segunda oportunidades

- Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

"Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.”


Fontes de información
Bibliografía básica SABUGAL GARCIA, SANTIAGO y GOMEZ MOÑUX, FLORENTINO (2006). CENTRALES TERMICAS DE CICLO COMBINADO: TEORIA Y PROYECTO. . Díaz de Santos
R.M. Mujal Rosas (2005). Fuentes de Energía Eléctrica. Barcelona
M. Kaltschmitt et al. (2007). Renowable energy: technology foundations, economical and enviromental aspects. Holanda

Bibliografía complementaria J.M. Escudero López (2004). Manual de Energía Eólica. Madrid
M. Alonso Abella (2005). Sistemas Fotovoltaicos. Introducción al diseño y dimensionado de instalaciones solares fotovoltaicas.. Madrid
J. W. Tester, E.M. Drake, M.J. Driscoll, M. W. Golay, W. A. Peters (2005). Sustainable Energy: Choosing among options.. Boston (USA)


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 e 8 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)":

Punto 6. Os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

Punto 8: Fomentar a ambientalización curricular, incorporando a dimensión medioambiental ás actividades docentes e investigadoras.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías