Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Métodos Estatísticos para o Tratamento de Datos Ambientais Código 610500106
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Matemáticas
Química
Coordinación
Estevez Perez, Maria Graciela
Correo electrónico
graciela.estevez.perez@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Estevez Perez, Maria Graciela
Saavedra Martínez, Samuel
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
graciela.estevez.perez@udc.es
samuel.saavedra@udc.gal
Web http://http://ciencias.udc.es/es/ciencias-tecnologias-e-gestion-ambiental
Descrición xeral En estudos medioambientais manéxanse xeralmente importantes cantidades de datos. A análise estatística dos mesmo permitirá a extracción da información contida neles, o que aportará información relevante sobre o fenómeno en estudio. Deste xeito introduciranse técnicas estatísticas de modelización lineal e análise multivariable de datos. O procesamento dos datos realizarase mediante algún software estatístico, o que aportará á materia gran interese práctico.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COM 2 - Planexar a realización dun traballo profesional ou de investigación no ámbito do medio ambiente, considerando: o estudo e caracterización de materiais e/ou substancias, a súas propiedades fisicoquímicas, biolóxicas e toxicolóxicas, os procesos de distribución- transformación e os seus posibles efectos, propoñendo tecnoloxías para a súa monitorización e/ou tratamento, tomando en consideración a lexislación aplicable e elaborando informes profesionais que faciliten a comprensión aos destinatarios. TIPO: Competencias AM24
CON 3 - Definir indicadores de calidade do ár, auga e solo, identificando as súas propiedades e os procesos de distribución en cada medio, a súa avaliación e métodos de análise. TIPO: Coñecementos e contidos AM27
HAB 9 - Aplicar distintas estratexias para o tratamento estatístico de datos relacionados con estudos medioambientais, empregando ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). TIPO: Habilidades e destrezas AM39
RAC 3.1 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades e destrezas AM43
RAC 4.2 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias AM44

Contidos
Temas Subtemas
Introdución Análise exploratoria de datos uni e multivariantes
Relación entre variables Regresión lineal Simple e Múltiple
Modelos ANOVA dunha vía e modelos ANCOVA
Análise Multivariable Descrición de datos multivariables
Métodos de ordenación: Análise de Compoñentes Principais
Métodos de clasificación: Análise Discriminante e Análise Clúster

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A24 A27 A39 A43 A44 11 19 30
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 A39 A43 A44 10 15 25
Proba de resposta múltiple A24 A27 A39 A43 A44 1 4 5
Traballos tutelados A24 A27 A39 A43 A44 2 12 14
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/á estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. O profesorado exporá os puntos fundamentais do programa convintemente ilustrados con exemplos prácticos.
Aprendizaxe colaborativa Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
Proba de resposta múltiple Proba obxectiva que consiste en formular unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só unha delas é válida.
Rematada a exposición dos contidos e resolución de problemas de cada tema da materia, faranse exercicios prácticos e/ou cuestionarios. Propóñense como traballo autónomo do alumnado.
Traballos tutelados Realización dun traballo en grupo, que consistirá no tratamento completo dun conxunto de datos, na medida do posible do ámbito de estudos medioambientais, que poderá ser corrixido no aula.
Pretende promover a aprendizaxe autónoma do alumnado, baixo a tutela do/a docente. Implica fundamentalmente traballo autónomo por parte do alumnado, pero sempre baixo a supervisión do/a docente.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de resposta múltiple
Traballos tutelados
Descrición
O alumnado realizará problemas/cuestionarios e resolverá un caso práctico nos que aplicarán, a diversos arquivos de datos, técnicas estatísticas explicadas na materia para responder ás preguntas formuladas. Disporán de atención personalizada do profesorado responsable de cada bloque para supervisar o desenvolvemento destas actividades e resolver todas aquelas dúbidas que se lles presenten.

Esta atención personalizada poderase realizar de xeito presencial ou virtual. A vía presencial desenvolverase mediante titorías personalizadas ou en grupo nos despachos dos/as docentes. A vía non presencial realizarase mediante correo electrónico, plataforma virtual, videoconferencia ou medios semellantes.

O estudantado co recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia as aulas disporán da mesma atención personalizada do profesorado, tanto pola vía presencial como a non presencial.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A24 A27 A39 A43 A44 Participación nas aulas adicadas á aprendizaxe colaborativa e realización dunha proba escrita 40
Proba de resposta múltiple A24 A27 A39 A43 A44 Resolución de problemas/cuestionarios 20
Traballos tutelados A24 A27 A39 A43 A44 O alumnado analizará os datos e expoñerá as conclusións dos traballos realizados, ben de forma individual ou en grupo. 40
 
Observacións avaliación

A asistencia ás
clases é obrigatoria. Valorarase positivamente a actitude e a participación nas
mesmas. A asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (agás
ausencias debidamente xustificadas). 

Na corrección das distintas
actividades terase en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas

plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos argumentos
presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos resultados
acadados. 

Para os estudantes
co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e/ou dispensa académica
 de
exención de asistencia, a cualificación obterase a partir das actividades de Proba
de resposta múltiple (25%) e Traballos
tutelados (75%).

Para obter a cualificación
de NP
 (Non Presentado), o alumnado non poderá ter realizado a proba
incluída nas actividades de aprendizaxe colaborativa nin os traballos.

Todos os
aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao
estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de
acordo coa normativa
académica vixente da UDC
.


Fontes de información
Bibliografía básica BEHAR GUTIÉRREZ, R. y GRIMA CINTAS, P. (2010). 55 respuestas a dudas típicas de estadística. Díaz de Santos, Madrid
Peña, D. (2002). Análisis de Datos Multivariantes. McGraw-Hill
Jobson, J.D. (1992). Applied Multivariate Analysis. Vol. II: Categorical and Multivariate Methods. Springer Texts in Statistics, Springer-Verlag: NewYork
Lara Porras, A. M. (2010). Estadística para Biología y Ciencias Ambientales: Tratamiento Informático mediante SPSS. Editorial Proyecto Sur. España.
Miller, J.N. & Miller, J.C. (2002). Estadí­stica y Quimiometrí­a para Quí­mica Analí­tica. Edit. PrenticeHall
SAMUELS, M. L.; WITMER, J.A. Y SCHAFFNER, A. (2012). Fundamentos de estadística para las ciencias de la vida. 4ª edición. Pearson España
Vargas Franco, Viviana (2007). https://pubhtml5.com/skfd/dsve/Estadistica-descriptiva-para-ingenieria-ambiental-con-SPSS/.
Pérez López, C. (2005). Métodos Estadísticos Avanzados con SPSS. Thomson, Madrid
Morrison, D.F. (1990). Multivariate statistical method. 3rd Edition. McGraw-Hill Series in Probability and Statistics
Mongay Fernández, C. (2005). Quimiometría. Servicio Publicaciones Universidad de Valencia
Ramis Ramos, G. (2001). Quimiometría.. Síntesis, Madrid
Pérez López, C. (2004). Técnicas de análisis multivariante de datos. Aplicaciones con SPSS. Pearson Prentice Hall, Madrid

Bibliografía complementaria Koch, I. (2013). Analysis of multivariate and high-dimensional data. Cambridge University Press
Millard, S.P. & Neerchal, N.J. (2001). Environmental Statistics with S-Plus. Springer. CRC Press LLC


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recoméndase a asistencia e participación nas aulas tanto de índole teórico como práctico. Así mesmo, recoméndase completar o material facilitado polo profesorado coa bibliografía por eles recomendada e a realización das tarefas encomendadas. Un estudo continuo da materia e o uso das titorías para resolver dúbidas é fundamental para superar con éxito a asignatura. Recoméndase o uso das titorías individuais para os alumnos con dificultades en superar a materia.

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".

"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".

"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías