Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Economía Ambiental Código 610500107
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Profesorado
Iglesias Gomez, Guillermo
Correo electrónico
guillermo.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Introdúcense conceptos xerais de Economía para poder comprender a interacción co medio ambiente do sistema económico. Preséntanse as perspectivas microeconómicas e macroeconómicas para o estudo de cuestións medioambientais, dende os fallos de mercado ata o tratamento agregado de problemas globais como o cambio climático. Os paradigmas de sustentabilidade son presentados como referentes de acción social, política e económica. Trátase de xeito xeral a configuración dunha economía circular, tendo presentes marcos de análise como o ciclo de vida.
Amósase o rol das políticas públicas medioambientais a través do establecemento de obxectivos, e o emprego de diferentes instrumentos económicos para a súa consecución. Estúdanse, principalmente, os impostos ambientais e os sistemas de negociación de permisos ambientais. No nivel agregado afóndase na necesidade de acordos globais de políticas.
Na parte final, danse unhas nocións sobre ferramentas de valoración económica de aspectos ambientais debido a súa importancia para a análise integrada de aspectos ambientais e económicos, para a toma de decisións de política ambiental e tamén para definir o interese de proxectos de carácter ambiental.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social AM29
Empregar os conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. AM40
Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. AM41
Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. AM42

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Economía e Medioambiente 1.1. Conceptos xerais de Economía
1.2. Actividade económica e medioambiente
1.3. Aspectos metodolóxicos da análise económica do medioambiente
1.4. Economía circular
Tema 2. Política económica medioambiental 2.1. Esquema xeral: obxectivos e instrumentos
2.2. A imposición medioambiental
2.3. Permisos negociables
2.4. Acordos ambientais globais
Tema 3. Valoración económica ambiental e toma de decisións 3.1. Fundamentos básicos: a DAP e a DAC
3.2. Métodos de valoración
3.3. Métodos de decisión multicriterio
3.4. Análise Custo Beneficio (ACB)

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Solución de problemas A29 A40 A42 4 10 14
Sesión maxistral A29 A40 A41 A42 10 25 35
Proba obxectiva A29 A40 A41 3 0 3
Estudo de casos A29 A40 A41 A42 4 16 20
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Solución de problemas de tipo práctico
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos teóricos básicos do programa da materia. Interacción co estudantado para complementar a aplicación das demais metodoloxías
Proba obxectiva Proba de respostas breves sobre o contido teórico da materia e de solución de problemas de aplicación práctica
Estudo de casos Análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia e de lecturas destinadas á comprensión da materia. Estos estudos incluirán un cuestionario que os alumnos deberán responder en clase ou a través de traballos escritos a entregar e que puntuarán para a calificación final.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Solución de problemas
Proba obxectiva
Descrición
A atención persoalizada ten un carácter integral referida tanto ós contidos teóricos como prácticos da materia. En consecuencia todas as metodoloxías inclúen dita atención persoalizada.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Estudo de casos A29 A40 A41 A42 Valoraráse a entrega de casos prácticos. Poden ser casos reais ou ficticios, que requirán a lectura e análise de fontes documentais e/ou o emprego de ferramentas prácticas desenvolvidas na aula para enfrontar situacións nas que os aspectos ambientais son relevantes 35
Solución de problemas A29 A40 A42 Requírese a resolución de exercicios prácticos de carácter numérico 35
Proba obxectiva A29 A40 A41 Proba teórica e práctica sobre os contidos das sesións maxistrais. 30
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será preciso obter 5 puntos en total, sin que sexa preciso obter nungún mínimo en cada unha das partes con puntuación na avaliación final.

A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia, solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non participasen na avaliación continua de actividades realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 20 %.

A avaliación da convocatoria de segunda oportunidade realizarase cos mesmos criterios, e o mesmo aplicárase no caso de convocatorias adiantadas, adaptándose ao calendario establecido pola facultade. En todo caso, poderáse acadar o 100% da cualificación.

Para os alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa de asistencia, agás para as datas aprobadas no que compete a probas obxectivas, para as restantes actividades avaliables acordarase, de ser necesario, ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Está prohibido o acceso á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. O alumno deberá demostrar a súa personalidade, cando se lle requira, de acordo coa normativa vixente. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, como por exemplo plaxio, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida nas outras actividades de avaliación da convocatoria

En calquera caso, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Fontes de información
Bibliografía básica Edwards-Jones, G. et al. (2000). Ecological Economics. Oxford. Blackwell Science
Field, B. C. y Field, M.K. (2003). Economía Ambiental. Madrid. McGraw-Hill
Labandeira, X; León, C.J. y Vázquez, M.X. (2007). Economía ambiental. Madrid. Pearson Prentice Hall
Pearce, D.W. y Turner, R.K. (1995). Economía de los recursos naturales y del medio ambiente. Madrid. Celeste Ediciones
Bioemprende (2011). Guía de valoración económico-financiera de proyectos biotecnológicos. Santiago de Compostela, BIC Galicia
Comisión Europea - DX Política Rexional (2003). Guía del Análisis Costes-Beneficios de los proyectos de inversión. Bruselas, Dirección Xeral de Política Rexional Comisión Europea
Portal, A. et al. (2013). Introducción a las finanzas empresariales. Madrid. Pirámide
Riera, P. et al. (2008). Manual de Economía Ambiental y de los Recursos Naturales. Madrid, Paraninfo
Munda, G. (2008). Social multi criteria evaluation for a sustainable economy. Berlin. Springer
Romero, C. (1993). Teoría de las decisiones multicriterio. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Madrid, Alianza Editorial

Aclaración importante sobre a bibliografía:

Ademáis dos textos indicados nas referenzas bibliográficas básicas, que en maior ou menor medida se utilizarán nas clases teóricas da materia, para o estudo de casos e para os exemplos concretos das clases teóricas, utilizaránse outros textos procedentes de libros, artigos especializados, informes, e textos lexislativos que se proporcionarán ós alumnos para que podan realizar as tarefas propostas en ditos estudos de caso e para seguir as clases expositivas. Podería ademáis incorporarse á bibliografía algún novo texto se se considera necesario para poder mellorar a docencia expositiva dos temas publicados no intre de elaborar esta guía docente ou cando o transcorrer das clases requira algunha aportación bibliográfica que non está contida nas referenzas básicas.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
1.3. De se realizar en papel:- Non se empregarán plásticos.- Realizaranse impresións a dobre cara.- Empregarase papel reciclado.- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria. 

8. Promoverase a compatibilidade da actividade académica e deportiva do alumno que teña o recoñecemento da condición de deportista de alto nivel (DANUDC) ou de deportista de nivel cualificado ou similar facilitándolles procesos como cambios de grupos docentes, horarios ou exames, para os efectos de permitir conciliar a súa aprendizaxe coas súas responsabilidades e actividades deportivas. 

9. Todo o material elaborado polo profesorado da materia está suxeito ao dereito da propiedade intelectual. Non se poderá utilizar, baixo ningún concepto, sen a autorización expresa dos seus autores.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías