Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social |
AM29
|
|
|
Empregar os conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. |
AM40
|
|
|
Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS |
AM41
|
|
|
Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. |
AM42
|
|
|
Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión |
AM43
|
|
|
Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. |
AM44
|
|
|
Expresar as ideas e argumentos de forma clara e con corrección, tanto de xeito oral como escrito, nas línguas oficiais da comunidade autónoma |
AM45
|
|
|
Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. |
AM46
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria, que son: |
Concepto e relevancia do emprendemento
Ecosistema de apoio ao emprendemento: redes de interacción; tecnoloxía e industria 4.0; apoio institucional
Empresas de orixe circular: circular start-ups (CSUs). Lean Start-Up. Modelos de negocio baseados en economía circular (circular business models- CBM)
Creación de valor compartido. O emprendemento social
Plan de negocio circular. Modelo Canvas de tripla capa
Cadro de mando integral para lograr obxectivos de sustentabilidade
Autoemprego |
Tema 1. Iniciativas de negocio e emprendemento. |
1.1. Emprendemento e proxectos de negocio: relevancia e fases iniciais de desenvolvemento.
1.2. A financiación do proxecto e o apoio ao emprendemento. |
Tema 2. Viabilidade da idea de negocio e consecución de obxectivos. |
2.1. Procura de oportunidades e xeración de valor.
2.2. Valoración de proxectos e plan de negocio.
2.3. O cadro de mando integral.
|
Tema 3. O autoemprego. |
3.1. O empresario individual.
3.2. Medidas de apoio ao autoemprego. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Proba obxectiva |
A29 A40 A41 A43 A45 A46 |
2 |
21 |
23 |
Sesión maxistral |
A29 A40 A41 A43 A46 |
10 |
0 |
10 |
Estudo de casos |
A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 |
3 |
12 |
15 |
Traballos tutelados |
A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 |
4 |
21 |
25 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Proba obxectiva |
Proba obxectiva sobre os contidos desenvolvidos na aula. Pode ser integramente tipo test, con varias opcións de resposta que se contestará polo alumnado de xeito individual. |
Sesión maxistral |
Explicación por parte do profesorado dos contidos do programa teórico da materia, mediante exposición oral guiada co uso de presentacións e medios audiovisuais. A explicación se complementará coa introdución de preguntas dirixidas ao alumnado co obxectivo de facilitar a aprendizaxe. |
Estudo de casos |
Análise de casos prácticos relacionados cos contidos da materia e de lecturas destinadas á comprensión da materia. Estos estudos incluirán un cuestionario que os alumnos deberán responder en clase ou a través de documentos escritos a entregar. |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo práctico por parte do grupo, co obxectivo de promover a aprendizaxe autónoma do alumnado baixo a tutela do profesorado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A) Alumnado a tempo completo:
A atención personalizada para o seguemento dos traballos prácticos realizados en grupo comprenderá unha serie de actividades presenciais de traballo co profesorado. Ao longo do curso se irá indicando o tipo de actividade e o momento da súa realización.
b) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial:
A atención personalizada para o alumnado a tempo parcial farase do mesmo modo que para o alumnado a tempo completo, sendo obrigatorio para este tipo de alumnado formar parte dun grupo de traballo.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A29 A40 A41 A43 A45 A46 |
Test de resposta múltiple individual. |
30 |
Traballos tutelados |
A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 |
Desenvolvemento e defensa do caso ou traballo práctico en equipo. Valorarase:
- A capacidade de aplicar correctamente os coñecementos sobre creación e dirección de proxectos empresariais.
- A capacidade de reunir e interpretar datos relevantes.
- A capacidade de utilización de ferramentas metodolóxicas.
- A capacidade de expoñer a información de forma clara e ordenada.
- A capacidade de coordinar e aunar as distintas partes do traballo, demostrando o traballo en equipo. |
40 |
Estudo de casos |
A29 A40 A41 A42 A43 A44 A45 A46 |
Análise de casos. Respostas a un cuestionario relacionado.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
A. NORMATIVA DE AVALIACIÓN: Condicións de avaliación: está prohibido acceder á
aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior
e/ou almacenamento de información. A realización fraudulenta das probas ou actividades de
avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0’ na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en
todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. Identificación do/da estudante: o/a estudante terá que
acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente. B. TIPOS DE CUALIFICACIÓN: Cualificación de non presentado: corresponde ao alumnado,
cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación
inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación
alcanzada. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia: os/as estudantes con
recoñecemento de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de
asistencia, serán avaliados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo
completo. C. OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de
avaliación indicados. Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os
mesmos para todas as oportunidades de avaliación. Convocatoria adiantada: na convocatoria adiantada séguense
os mesmos criterios que para a primeira e segunda oportunidade. En calquera caso, todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”,“dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. D. OUTRAS OBSERVACIÓNS DE AVALIACIÓN: a) Exame (proba de resposta múltiple): 30% da cualificación. b) Estudo de casos 30% da cualificación c) Traballos tutelados: 70% da cualificación. A nota agregada (a+ b+c) deberá ser igual ou superior a 5
puntos sobre 10 para poder superar a materia. Os criterios de avaliación son os
mesmos para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como
para a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira
oportunidade, pódese gardar a puntuación do traballo tutelado (parte c) para a segunda oportunidade e para a
convocatoria adiantada, ou se pode facer un novo traballo de maneira
individual, que deberá presentarse tres días antes da data sinalada para o
exame oficial.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Longenecker, J.G.; Petty, J. W.; Palich, L. E. y Hoy, F. (2012). Administración de pequeñas empresas. Lanzamiento y crecimiento de iniciativas de emprendimiento. Cengage Learning
Gil Estallo, M. A. y Giner de la Fuente, F. (2013). Cómo crear y hacer funcionar una empresa. ESIC
Ruano, L. A. y Velasco, R. (2018). Emprendimiento en el entorno digital. El lanzamiento de una startup. Alfaomega
Sanchis Palacio, Joan Ramon (2020). Emprendimiento sostenible : empredimiento desde la cocreación de valor y el bien común. Madrid : Pirámide
Hoyos Iruarrizaga, J. y Blanco Mendialdua, A. (2014). Financiación del proceso emprendedor. Pirámide
Osterwalder, A. y Pigneur, Y. (2011). Generación de modelos de negocio. Un manual para visionarios, revolucionarios y retadores. Deusto |
|
Bibliografía complementaria
|
Llorente Olier, J. I. (2013). Análisis de la viabilidad empresarial. Centro de Estudios Financieros (CEF)
Valbuena, E. y Pardinas, C. (2013). Aspectos legales del emprendimiento y la gestión empresarial. ESIC
Grant, R. M. (2004). Dirección estratégica. Conceptos, técnicas y aplicaciones. Thomson Civitas
Maqueda, J.; Olamendi, G. y Parra, F. (2003). Tu propia empresa: un reto personal. Manual útil para emprendedores. ESIC |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Recomendacións: 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: 1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático. 1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos. 1.3. De se realizar en papel:- Non se empregarán plásticos.- Realizaranse impresións a dobre cara.- Empregarase papel reciclado.- Evitarase a impresión de borradores.
2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.
4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).
5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
7. Facilitarase a plena integración do alumnado que, por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.
8. Promoverase a compatibilidade da actividade académica e
deportiva do alumno que teña o recoñecemento da condición de deportista de alto
nivel (DANUDC) ou de deportista de nivel cualificado ou similar facilitándolles
procesos como cambios de grupos docentes, horarios ou exames, para os efectos
de permitir conciliar a súa aprendizaxe coas súas responsabilidades e
actividades deportivas.
9. Todo o material elaborado polo profesorado da materia
está suxeito ao dereito da propiedade intelectual. Non se poderá utilizar,
baixo ningún concepto, sen a autorización expresa dos seus autores. |
|