Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as principais matrices e contaminantes ambientais, a súa natureza, as fontes emisoras e a normativa sectorial aplicable. Decidir as mellores estratexias e metodoloxías químico-analíticas ante unha problemática medioambiental, e saber validalas para a determinación de contaminantes ambientais. |
AM24 AM25 AM26 AM31 AM33 AM34 AM35 AM36 AM41 AM42 AM43 AM44
|
BM2 BM6
|
CM2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Características da análise medioambiental. |
Tipos e características das matrices ambientais. Definición e tipos de contaminación e principais contaminantes. Normativas sectoriais. |
Tema 2. Métodos de análise e técnicas instrumentais na análise medioambiental. |
Criterios de selección dun método de análise. Características da análise cualitativa y cuantitativa. Clasificación de métodos de análise e técnicas instrumentais na análise ambiental. Mostraxe: obxectivos e estratexias. |
Tema 3. Principais métodos de análise de contaminantes de natureza inorgánica. |
Introdución á análise de contaminantes inorgánicos (elementos metálicos) en matrices ambientais: sólidas, líquidas e gasosas. Técnicas de extracción e dixestión de matrices orgánicas e inorgánicas. Técnicas instrumentais de determinación. Aplicacións analíticas. Introdución á especiación química. |
Tema 3. Principais métodos de análise de contaminantes de natureza orgánica. |
Introdución a análise de contaminantes orgánicos en matrices ambientais: sólidas, líquidas e gasosas. Principais técnicas de extracción, purificación, preconcentración e determinación instrumental na análise ambiental. Aplicacións analíticas. |
Tema 5. Validación dun método de análise. |
Introdución. Características de desempeño dun método analítico. Directrices oficiais para a validación dun método analítico. Ferramentas de validación. Tipos de validación intra e interlaboratorio. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A25 A26 A34 A41 |
10 |
15 |
25 |
Seminario |
A24 A31 A35 A36 A43 B2 B6 C2 |
4 |
10 |
14 |
Prácticas de laboratorio |
A33 A42 A44 |
7 |
17.5 |
24.5 |
Traballos tutelados |
A24 A31 A34 A42 |
3 |
6 |
9 |
Proba mixta |
A24 A25 A26 A31 A33 A34 A42 B2 B6 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
|
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentaranse os contidos máis importantes da materia. Para un total aproveitamento das mesmas, recoméndase ao alumno que teña lido previamente os aspectos fundamentais do tema a tratar (nos textos recomendados). Para a impartición empregaranse medios audiovisuais e/ou informáticos e fomentarase o diálogo para a correcta comprensión dos contidos, a resolución de dúbidas e o fomento do sentido crítico. |
Seminario |
Aplicacións dos aspectos esenciais das clases maxistrais coa resolución de exercicios numéricos, problemas ou dun caso práctico de carácter ambiental. |
Prácticas de laboratorio |
Abordarase a avaliación medioambiental dun medio coa aplicación dun ou dous métodos de análise completo, empregando diferentes técnicas de pretratamento da mostra, separación do(s) analito(s) da matriz e a posterior determinación instrumental. Ao finalizar as prácticas os estudantes discutirán os resultados obtidos a través dunha análise crítica e detallada, ben por escrito ou de discusión na aula. |
Traballos tutelados |
Plantéase para promover a aprendizaxe autónoma, independente e responsable dos estudantes, baixo a tutela do profesor. Indicarase un problema medioambiental de actualidade e os estudantes tentarán de plantexar a mellor estratexia para a determinación do contaminante que ocasiona a devandita contaminación. |
Proba mixta |
Proba escrita para avaliar os resultados da aprendizaxe por parte do alumnado. Inclúe preguntas de opción múltiple, de asociación, explicación e resolución de problemas. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
As prácticas de laboratorio están concibidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumnado participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada permitindo un mellor seguimento e orientación.
No caso dos traballos tutelados programarase unha titoría para cada grupo de estudantes co gallo de discutir as actividades propostas e resolver dúbidas das mesmas. Deste xeito poderase tamén analizar se o proceso de aprendizaxe do alumnado é axeitado. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A33 A42 A44 |
Valorarase tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención, interpretación dos resultados obtidos) como pola elaboración do diario de laboratorio |
30 |
Seminario |
A24 A31 A35 A36 A43 B2 B6 C2 |
Valorarase a participación dos estudantes neles, ademais da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesorado. |
20 |
Proba mixta |
A24 A25 A26 A31 A33 A34 A42 B2 B6 |
Realizarase un exame que consistirá en cuestións tipo test de resposta única, cuestións de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contidos teóricos. |
35 |
Traballos tutelados |
A24 A31 A34 A42 |
Valorarase o informe detallado onde o estudantado debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución do problema medioambiental proposto.
|
15 |
|
Observacións avaliación |
A realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, ou a detección de plaxio nalgunha delas, implicará
que o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na
convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se
produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a
modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose
necesario.
O traballo do alumno será avaliado de
forma continua a través da súa participación activa ao longo da impartición da
materia.
O
alumnado obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as
prácticas de laboratorio nin a proba mixta.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE: A cualificación final da materia obterase da suma
dos sumandos descritos na táboa anterior.
SEGUNDA OPORTUNIDADE: Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta e
manteranse as notas obtidas na solución de problemas, estudos de casos e saídas
de campo namentras que a cualificación obtida na proba mixta nesta oportunidade
substituirá á obtida na primeira oportunidade.
A cualificación final da materia non será
inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o
resto de actividades avaliables.
O estudantado avaliado na segunda
oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas
para o correspondente curso non se cubriron na súa totalidade na primeira
oportunidade.
CONVOCATORIA
ADIANTADA: Manteranse as cualificacións das
actividades avaliables do curso anterior pero a cualificación final obterase
tendo en conta as porcentaxes do curso actual.
Todos
os aspectos relacionados con "DISPENSA ACADÉMICA", "DEDICACIÓN
AO ESTUDO", "PERMANENCIA" e "FRAUDE ACADÉMICA"
rexeranse de acordo coa normativa
académica vixente da UDC.
ESTUDANTES
CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN A TEMPO PARCIAL: Aplícanse os mesmos criterios de avaliación
indicados anteriormente.
ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE
EXENCIÓN DE ASISTENCIA: O alumno con dispensa
académica de exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as
cualificacións obtidas na proba mixta (60%), resolucións de problemas (20%) e
estudo de caso (20%). Isto aplica a ambas as oportunidades.
O alumnado con recoñecemento de adicación
a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en
réxime de horas de titorías (previa cita).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Environmental analytical chemistry Fifield, F.W., Haines, P.J. 2000 Trace environmental quantitative
analysis: principles, techniques, and applications Loconto, Paul R. 2006 Foundations of analytical chemistry:
a teaching-learning approach Valcárcel
Cases, M.; López Lorente, Á. I.; López Jiménez, M. Á. 2018 Environmental trace analysis
techniqus and applications Dean, J. R. 2014 Comprehensive sampling and sample
preparation analytical techniques for scientists Pawliszyn, J., Bayona, J. M., Lord,
H. L., Le, X. Chris, Li, Xing-Fang., Lee, H. K., Mondello, L., Dugo, P. 2012 Handbook of analytical validation Swartz, M., Krull, I. S. 2012 |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Posuír coñecementos das ferramentas informáticas (follas de cálculos, procesador de textos, navegación internet) e de inglés nivel básico. Ademais é recomendable levar a materia ao día para ir asimilando os conceptos e que a participación do alumnado sexa frutífera. Asemade, é fundamental a resolución dos problemas plantexados, o que implica a comprensión dos diferentes temas tratados na materia. Os traballos documentais que se realicen nesta materia: a) Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático b) De realizarse en papel: non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado, cando sexa posible, evitarase a impresión de borradores. |
|