Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O obxectivo da materia é presentar ao estudantado os conceptos básicos da xestión da calidade e da xestión ambiental. Ambos dende un punto de vista eminentemente industrial. Preténdese que o estudantado entenda, asimile e sexa capaz de manexar estas ideas básicas para visualizar os elementos mínimos que debe abranguer un sistema de xestión da calidade e/ou un sistema de xestión ambiental nunha empresa. |
AM23 AM29 AM30 AM31 AM32 AM42 AM43 AM44
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Introdución |
A Calidade e o medio ambiente como bases das estratexias empresariais. |
Tema 2: Evolución histórica do concepto de calidade |
Dende a calidade implícita ate a calidade total |
Tema 3: Modelos de xestión da calidade |
Modelos ISO 9000, ISO 17025, EFQM, Responsabilidade social corporativa.
Os puntos débiles dos sistemas da calidade. |
Tema 4: Modelos de xestión ambiental |
O Pacto Verde Europeo. As economías verde e azul. Modelos de xestión ambiental: EMAS e ISO 14001 |
Tema 5: Xeralizando a Calidade |
Integración de sistemas:
medioambiente e seguridade e protección (Oshas 18000) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A30 A31 A32 A43 |
1 |
21 |
22 |
Sesión maxistral |
A29 A30 A32 |
19 |
11.5 |
30.5 |
Estudo de casos |
A23 A42 A44 |
1 |
21 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Cada estudante entregará, por escrito, polo menos: (i) un traballo consistente na análise dun aspecto das guías internacionais de calidade (alternativamente tamén se pode facer un estudo dun caso de éxito dunha empresa); (ii) un traballo analizando algún aspecto da ISO 17025; (iii) un traballo analizando a regulamentación EMAS; (iv) outros traballos que aborden casos prácticos, resumos de conferencia, reflexións persoais acerca dun tema, etc. |
Sesión maxistral |
Descrición e estudo dos fundamentos dos Sistemas de Xestión da Calidade. Problemas habituais e vantaxes da súa aplicación. |
Estudo de casos |
Tendo en conta a dispoñibilidade dos profesionais alleos á Universidade aos caes se ten solicitado a súa colaboración, poderán abordarse casos reais de implantación de sistemas de calidade na industria ou organismos públicos. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Nas sesións maxistrais poderanse discutir dúbidas que presente o estudantado. Esta é a opción preferida para as dinámicas de traballo. Non obstante, establecese a opción de consulta de dúbidas ou discusión da bibliografía fora do horario docente habitual (nas horas de titorías).
Os traballos tutelados terán un período previo de reflexión co profesor/a para o seu enfoque e centrado.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A23 A42 A44 |
Asistencia e redacción dos resumos escritos de cada un dos casos de estudo. Calidade na redacción, extracción de ideas chave, extensión dos temas tratados |
30 |
Traballos tutelados |
A30 A31 A32 A43 |
Boa redacción, explicacións relevantes e capacidade de síntese. Cantidade de referencias a seccións da norma oficial. |
60 |
Sesión maxistral |
A29 A30 A32 |
Asistencia ás clases maxistrais e aos casos prácticos; asemade, actitude participativa. Aporte de ideas e implicación nas discusións. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Tódolos aspectos relacionados con “dispensa académica”, “adicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. A asistencia ás clases e Conferencias, xunto cunha actitude participativa e proactiva é sen distraccións alleas á docencia, é condición sine qua non para superar a materia. Na calidade dos traballos valoraranse principalmente (mais non só): a redacción, a organización, a coherencia e amplitude das explicacións, a non copia verbatim, o bo uso das referencias bibliográficas e a presentación.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
MORENO RAMÍREZ, A e HIDALGO MORILLO, V (2015). Calidad y seguridad en el laboratorio. Síntesis
BADIA, A. (2002). Calidad, modelo ISO9001. Deusto
COMPAÑO BELTRAN, R. y RÍOS CASTRO, A. (2002). Garantía de la calidad en los laboratorios analíticos. Síntesis
Normas ISO (). ISO 9001, ISO 14001, ISO 17025.
FERNANDEZ GARITAONAINDIA, A (2000). Organización y gestión de empresas. UDC
Unión Europea (2017). Regulation EU 2018/2026 (EMAS); 2004/9 & 2004/10 (GLP). |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
A asistencia á clase e a realización das actividades (nomeadamente, seminarios e traballos escritos) son condicións sine qua non para superar a materia. Perspectiva de Xénero: Buscarase desenvolver unha
perspectiva cidadán crítica, aberta e respectuosa coa diversidade
da Sociedade. Todo o alumnado terá os mesmos dereitos e trato. En colaboración con Programa Green Campus, para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias", os traballos documentais que se realicen nesta materia (cando se entreguen impresos) non levarán cubertas plásticas e realizaranse impresións a dobre cara e sen abundancia de cor. Empregarase papel reciclado, cando sexa posible.
Os traballos serán entregados en tempo e forma. De se detectaren irregularidades nos mesmos (plaxio, uso de sistemas virtuais, etc.), suporán o suspenso na materia.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “adicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. |
|