Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Técnicas de estudo da degradación de solos Código 610500114
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Vidal Vázquez, Eva
Correo electrónico
eva.vidal.vazquez@udc.es
Profesorado
Lado Liñares, Marcos
Vidal Vázquez, Eva
Correo electrónico
marcos.lado@udc.es
eva.vidal.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral Neste módulo, os alumnos profundizarán nos principales procesos de degradación de solos, as súas causas, e os métodos de remediación.
Ademáis, introducirase ós alumnos nos principios da análise de variables espaciais con Sistemas de Información Xeográfica e os métodos de interpolación de variables espaciales, con especial atención ás propiedades do solo e os seus contaminantes.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Os alumnos profundizarán nos principales procesos de degradación de solos e as medidas correctoras máis axeitadas. Ademáis, comprenderán o comportamento dos contaminantes en medios naturales e a forma en que a súa especiación modifica a dispoñibilidade para os organismos. AM23
AM25
AM26
AM27
AM31
AM33
AM38
AM41
Coñecer os fundamentos do traballo con Sistemas de Información Xeográfica e o manexo de información espacial. AM31
AM42
Familiarizarse cos conceptos de variabilidade espacial e métodos de interpolación para cartografiar as propiedades dos solos. AM24
AM27
AM31
AM38
AM42

Contidos
Temas Subtemas
Principales procesos de degradación de solos e medidas correctoras. Degradación física: Erosión e compactación.
Degradación química: Principales contaminantes orgánicos e inorgánicos.
Medidas correctoras para evitar e correxir a degradación de solos.
Nanotecnolozía para o tratamento de solos.
Procesos red-ox para o tratamento de solos.
Especiación de contaminantes e biodispoñibilidade. Principios de especiación de contaminantes.
Factores que inflúen na biodispoñibilidade de contaminantes.
Fundamentos dos Sistemas de Información Xeográfica (SIX) Tipos de información espacial en formato dixital.
Principales fontes de información xeográfica e xeoportales para o estudo do solo.
Capa ráster e vectorial. Edición de datos xeográficos. Creación de capas xeográficas. Álxebra de mapas.
Variabilidade espacial e cartografía de propiedades e contaminantes do solo (Incluíndo o uso de SIX) Variabilidade espacial das propiedades do solo.
Mostraxe para a caracterización da variabilidade espacial.
Principales algoritmos de interpolación: ventaxas e inconvintes.
Validación e incertidume dos datos interpolados.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A23 A25 A26 A27 A33 A38 A41 C4 10.5 21 31.5
Prácticas a través de TIC A23 A42 B5 B6 C10 C6 8 20 28
Solución de problemas A24 A31 A38 A42 B4 B6 C4 2.5 13 15.5
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrales presenciales destinadas a impartir os contidos teóricos do módulo coa axuda de material audiovisual.
Prácticas a través de TIC Clases prácticas nas que se aprenderán os fundamentos dos Sistemas de Información Xeográfica, e técnicas de interpolación para a cartografía das propiedades dos solos e a contaminación.
Solución de problemas Levaranse a cabo sesións de resolución de problemas con datos reales de solos. Revisión de distintas técnicas aplicables ó estudo de solos degradados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
A atención persoalizada farase por medio de titorías e entrevistas persoales nas datas sinaladas.
Ademáis, esta atención persoalizada poderá facerse tamén de forma telemática, empregando o correo electróncio, o campus virtual, e a plataforma Microsoft Teams.
Prestarase especial atención a aqueles alumnos que polas súas características especiales poidan ter maiores problemas de aprendizaxe e a aqueles con adicación a tempo parcial con ou sin dispensa académica.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A23 A42 B5 B6 C10 C6 Valorarase o aproveitamento das sesións prácticas a través dos proxectos que os alumnos deberán facer cos coñecementos adquiridos en ditas sesións. 50
Solución de problemas A24 A31 A38 A42 B4 B6 C4 Os alumnos elaborarán un proxecto centrado na resolución de problemas relacionados coa contaminación dos solos e medidas correitoras. 50
 
Observacións avaliación

- O traballo do alumnado será avaliado de forma continuada mediante a asistencia a actividades avaliables, a resolución de casos prácticos de resolución de problemas e os proxectos prácticos a través das TIC.

- Para superar a materia é necesario obter unha nota mínima de 5 puntos (sobre 10) en cada unha das actividades avaliables.

- A realización das actividades prácticas é obrigatoria para superar a materia. O alumnado que non realice TODAS as prácticas, sen motivo debidamente xustificado, non poderá superar a materia, independentemente do seu peso na avaliación.

Primeira oportunidade:

a cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e restricións previamente establecidas, sendo necesario obter unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). O alumno obterá a cualificación de "Non Presentado" cando non realice as prácticas de laboratorio ou non presente os proxectos das actividades avaliables.

Segunda oportunidade

: na segunda oportunidade repetirase a entrega dos proxectos non superados na primeira oportunidade, cuxa cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade. Manterase as cualificacións das actividades superadas na primeira oportunidade.

A cualificación final obtense aplicando as porcentaxes e restricións previamente establecidas, esixindo unha nota final igual ou superior a 5 (sobre 10). Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso correspondente non estivese totalmente cuberto na primeira oportunidade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e exención académica de exención de asistencia

- Estes alumnos deberán realizar prácticas de laboratorio e están exentos doutras actividades. Deberán entregar e aprobar os proxectos das actividades avaliables.

Probas fraudulentas

- No caso de realización fraudulenta dalgunha das probas ou actividades de avaliación, será de aplicación a normativa vixente na UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

Mirsal, I. A. (2004). Soil pollution origin, monitoring & remediation (2nd ed.). Springer.

Thomas, S., Thomas, M. S., & Pothan, L. A. (Eds.). (2022). Nanotechnology for environmental remediation. John Wiley & Sons, Inc.

Pourghasemi, H. R., & Gokceoglu, C. (Eds.). (2019). Spatial modeling in GIS and R for earth and environmental sciences. Elsevier.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

 Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

 

Perspectiva de xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".

"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".

"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas".

 



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías