Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Tecnoloxías de Tratamento de Residuos Código 610500116
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral Trátase dunha materia optativa que ten como obxectivo básico coñecer as principais tecnoloxías de tratamento de residuos e poder determinar que tecnoloxías son as máis apropiadas para cada tipo de residuo, tomando en consideración diferentes criterios, incluídos os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer que tipos de residuos se xeran na sociedade actual, e o seu peso relativo en cantidade e impacto. AM23
AM25
Identificar as alternativas de tratamento dos diferentes tipos de residuos e a aplicación que están a ter, a súa evolución no tempo e previsións. AM23
AM25
AM31
AM41
Coñecer e comprender as bases científico-técnicas das diferentes tecnoloxías de tratamento de residuos. AM31
AM41
AM42
Identificar e caracterizar diferentes tipos de residuos e determinar as tecnoloxías máis apropiadas que lles son de aplicación. AM23
Elaborar informes científico-técnicos e comunicar os resultados do seu estudo. AM29
AM32
Tomar as decisións máis adecuadas en relación coas tecnoloxías de tratamento alternativas e a súa relación coa sustentabilidade ambiental e o ben común. AM25
AM41

Contidos
Temas Subtemas
Tipos de residuos e alternativas de tratamento Introdución aos residuos
Clasificación dos residuos
Inventarios. Cantidades xeradas.
Alternativas de tratamento
O proceso de compostaxe. Bases teóricas
Variables e parámetros de control
Tecnoloxías de compostaxe
A calidade do compost
Compostaxe doméstica e comunitaria O proceso e a tecnoloxía de compostaxe na pequena escala
Calidade e eficiencia da compostaxe doméstica e comunitaria
Dixestión anaerobia de residuos sólidos municipais Adaptación da tecnoloxía anaerobia ao tipo de substrato
Plantas de biogás-compost
Tratamento mecánico-biolóxico dos residuos municipais Calidade da recollida separada de residuos
Clasificación en destino
Tratamento mecánico-biolóxico de residuos mesturados
Tratamentos térmicos. Incineración Datos enerxéticos dos residuos. Poder calorífico.
Tecnoloxías de tratamento térmico.
Incineración
Control das emisións na incineración de residuos
Tratamentos físico-químicos Operacións de separación
Operacións químicas de tratamento
Depósito en vertedoiro controlado

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A23 A25 A29 6 12 18
Seminario A25 A31 A41 A42 4 12 16
Saídas de campo A23 A42 2 2 4
Proba obxectiva A25 A31 A41 A42 1 0 1
Sesión maxistral A25 A29 A31 A32 A41 A42 9 27 36
 
Atención personalizada 0 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Experimentación de procesos ou dalgún elemento dun proceso, partindo do fundamento teórico, os materiais e métodos dispoñíbeis, a obtención de resultados experimentais, a súa análise e valoración, e a obtención de conclusións. Contarán con un guión previo e elaborarán unha memoria do traballo.
Seminario Formulación de problemas teóricos ou prácticos e estudo e análise de documentación, debate e obtención de conclusións no grupo.
Saídas de campo Realizarase unha visita a unha instalación de tratamento de residuos, na que o alumnado deberá recoller información directa, completala con información adicional (independente ou de diversas fontes), analizala criticamente e sacar conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
Proba obxectiva Consiste nun exame tipo test, con resposta única ou múltiple, que versará sobre os contidos traballados nas sesións maxistrais, seminarios e análise de fontes documentais.
Sesión maxistral O profesorado exporá oralmente e axudándose de medios audiovisuais os contidos básicos da materia. Realizará preguntas e outras observacións para dirixir a atención do alumnado sobre os aspectos claves. Facilitará aos estudantes os esquemas, gráficos e táboas que considere oportuno.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Seminario
Saídas de campo
Descrición
Haberá atención personalizada, nas actividades presenciais e por correo-e ou en titorías presenciais (individuais ou en pequeno grupo), sobre calquera aspecto da materia e do traballo do/a alumno/a. A atención ao/á alumno/a en relación coas prácticas de laboratorio e as saídas de campo terá lugar directamente durante a súa realización, así como posteriormente.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A25 A29 A31 A32 A41 A42 Avaliación continuada da participación activa do/a alumno/a nas mesmas. 5
Prácticas de laboratorio A23 A25 A29 A asistencia ás prácticas e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 30
Seminario A25 A31 A41 A42 Avaliación continuada da participación do/a alumno/a. 15
Saídas de campo A23 A42 A realización das saídas de campo (visitas a plantas de tratamento) e a elaboración dunha memoria conforme ós aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%. 10
Proba obxectiva A25 A31 A41 A42 Cuantificación en función da porcentaxe de respostas correctas. 40
 
Observacións avaliación

Os traballos que se acorden e
as memorias de laboratorio e de campo deberán ser entregados no prazo máximo de
2 semanas. A cualificación de Non Presentado resérvase para aqueles/as
alumnos/as que teñan participado en menos do 40% das actividades programadas
e/ou non se presenten á proba obxectiva. 

Todos os aspectos relacionados
con “dispensa académica”“dedicación ao estudo”“permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

G. Tchobanoglous, H. Theisen and S.Vigil (1994). GESTIÓN INTEGRAL DE RESIDUOS SÓLIDOS. Madrid. McGraw-Hill

M. Soto e A. Vega (Ed.) (2001). Tratamento de resíduos sólidos urbanos . Universidade da Coruña.

Moreno Casco, J. / Moral Herrero, R. (2008). COMPOSTAJE. Madrid. Mundi Pres.

W.F. Brinton Jr, E. Evans, M.L. Droffner e R.B. Brinton. (1995). Standardized test for evaluation of compost self-heating . BioCycle, pp 64-69

Sánchez e cols. (2014). DE RESIDUO A RECURSO. EL CAMINO HACIA LA SOSTENIBILIDAD. Residuos Urbanos. Mundi-Prensa: Madrid.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

 

Perspectiva de xénero: Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria incorpórase a perspectiva de xénero nesta materia, polo que deberás usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de diversos xéneros, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas.... Ademais, traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade. Prestárase atención á detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías