Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Nanotecnoloxías para a Transición Enerxética Código 610500119
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Bermúdez García, Juan Manuel
Correo electrónico
j.bermudez@udc.es
Profesorado
Bermúdez García, Juan Manuel
Cabeza Gras, Oscar
Fernández Trillo, Francisco
Temprano Fariña, Irsrael
Correo electrónico
j.bermudez@udc.es
oscar.cabeza@udc.es
f.ftrillo@udc.es
i.temprano@col.udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia explicase as tendencias actuais da nanociencia e nanotecnoloxía no ámbitos da transición enerxética en catro bloques: 1. Enerxía térmica, 2. Celas de combustible e a cadea do hidróxeno, 3. Baterías e supercondensadores, 4. Células solares e fotosíntese artificial.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Analizarase o retos actuais das tecnoloxías clave para a transición enerxética tecnoloxías de almacenamento térmico, celas de combustible e tecnoloxías do hidróxeno, baterías e supercondensadores, celas solares e tecnoloxías de fotosíntese artificial. AM25
AM31
AM41
Coñecer as nova solucións emerxentes propostas para solucionar estes retos, baseadas na nanotecnoloxía e nos nanomateriais innovadores. AM23
AM28
AM29
AM40
AM42
AM43
AM44

Contidos
Temas Subtemas
1. Introdución aos retos actuais no ámbito da enerxía
2. Nanotecnoloxías e nanomateriais para almacenamento de enerxía térmica
3. Nanotecnoloxías e nanomateriais para celas de combustible e para a cadea do hidróxeno
4. Nanotecnoloxías e nanomateriais para baterías e supercondensadores
5. Nanotecnoloxías e nanomateriais para celas solares e para fotosíntese artificial

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A25 A28 A31 A41 1 1 2
Sesión maxistral A23 A29 A40 A43 9 18 27
Seminario A42 A43 A44 4 8 12
Estudo de casos A23 A25 A28 A29 A40 A41 A43 4 8 12
Traballos tutelados A23 A25 A28 A29 A31 A40 A41 A42 A43 A44 2 14 16
Proba obxectiva A42 A44 1 4 5
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Presentación da materia: contidos, metodoloxía, programa, avaliación.
Sesión maxistral Presentación pormenorizada do contido teórico dos distintos bloques da materia.
Seminario Resolución de problemas, casos prácticos ou discusión aberta sobre un tema particular.
Estudo de casos Resolución de casos prácticos a través de análise, procesado de datos, e interpretación de resultados experimentais.
Traballos tutelados Realización de traballos relacionados co contenido da materia.
Proba obxectiva Proba obxectiva de preguntas de teoría, resolución de casos prácticos e/ou resolución de problemas sobre o contido explicado nas sesións maxistrais

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición
Os temas dos traballos tutelados serán propostos polo profesorado e os traballos serán realizados polo alumnado, tendo sempre a súa disposición ao profesorado para que lle guíe no desenvolvemento.
Recoméndase ao alumnado asistir a titorías para aclarar aspectos dos contidos da materia, e resolución de exercicios.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A42 A44 Proba obxectiva de preguntas de teoría, resolución de casos prácticos e/ou resolución de problemas sobre o contido explicado nas sesións maxistrais 50
Seminario A42 A43 A44 Resolución de problemas, casos prácticos ou discusión aberta sobre un tema particular. 25
Traballos tutelados A23 A25 A28 A29 A31 A40 A41 A42 A43 A44 Realización de traballos relacionados co contenido da materia. 25
 
Observacións avaliación

A asistencia a un mínimo de sesións maxistrais (75%) e obrigatoria para á avaliación do alumno. O alumno considérase non presentado cando non asiste ó mínimo das sesións maxistrais, independentemente da nota acadada nas distintas metodoloxías que se avalían.

Na primeira oportunidade

-   Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

-   É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 75% de asistencia ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.

 

Na segunda oportunidade

-   O alumnado que asistiu a lo menos ó 75% das sesiones deberá repetir as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

-   Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso-

-   En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

 

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

-   Deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase

-   Na primeira oportunidade, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregalos nas datas que estableza o profesorado. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).

-   Na segunda oportunidade, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria

Fontes de información
Bibliografía básica Pierre-Camille Lacaze, Jean-Christophe Lacroix (2021). Nanotechnology and Nanomaterials for Energy. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9781119881599
Baldev Raj, Marcel Van de Voorde, Yashwant Mahajan (2017). Nanotechnology for energy sustainability. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9783527696109

Bibliografía complementaria Inamuddin, Tariq Altalhi, Sayed Mohammed Adnan, Mohammed A. Amin (2023). Materials for Hydrogen Production, Conversion, and Storage. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9781119829584
Knut Rurack, Ramón Martínez-Máñez (2010). The Supramolecular Chemistry of Organic-Inorganic Hybrid Materials. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9780470552704
Guido Kickelbick (2006). Hybrid Materials: Synthesis, Characterization, and Applications. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9783527610495
Wei. Li, Alessandro Stroppa, Zhe-Ming Wang, Song Gao. (2020). Hybrid organic-inorganic perovskites. Wiley
Michael Vollmer, Klaus-Peter Möllmann (2018). Infrared Thermal Imaging: Fundamentals, Research and Applications. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9783527693306
Giorgio Graditi, Marialaura Di Somma (2022). Technologies for Integrated Energy Systems and Networks. https://onlinelibrary.wiley.com/doi/book/10.1002/9783527833634
Bert F. Sels, Leonid M. Kustov (2016). Zeolites and Zeolite-Like Materials. https://www-sciencedirect-com.accedys.udc.es/book/9780444635068/zeolites-and-zeolite-like-materials


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 e 8 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)": 

Punto 6. Os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

Punto 8. Fomentar a ambientalización curricular, incorporando a dimensión medioambiental ás actividades docentes e investigadoras.

Incorporación da Perspectiva de Xénero

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

- Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

- Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías