Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Nanotecnoloxías para a Protección Ambiental Código 610500120
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Correo electrónico
Profesorado
Canle López, Moisés
Fernández Trillo, Francisco
Gómez Pérez, Jennifer
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
moises.canle@udc.es
f.ftrillo@udc.es
i.jennifer.gomez@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia estúdanse as características e aplicacións dos nanomateriais e nanotecnoloxías na solución de problemas ambientais e na loita contra o cambio climático.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias AM23
CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos AM25
CON 2 - Describir o comportamento de diferentes espécies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as interaccións entre distintos compartimentos medioambientais. TIPO: Coñecementos e contidos AM26
HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas AM31
HAB 6 - Relacionar a problemática ambiental das emisións á atmosfera cos principais contaminantes, fontes emisoras, emisións industriais, control da calidade do ár e tecnoloxías de tratamento. TIPO: Habilidades e destrezas AM36
HAB 7 - Establecer a calidade das augas naturais en función do seu uso, impactos recibidos sobre o medio, incluíndo o establecemento de indicadores químicos e biolóxicos e plantexar posibles tratamentos de depuración. TIPO: Habilidades e destrezas AM37
HAB 8 - Avaliar o comportamento do solo fronte a accións antropoxénicas, planificación do seu uso en función dos resultados obtidos mediante as técnicas de estudo, identificando solos degradados e contaminados e os procesos de recuperación. TIPO: Habilidades e destrezas AM38
HAB 10 - Empregar los conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. TIPO: Habilidades e destrezas AM40
RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos AM41
RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias AM42
RAC 3.1 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades e destrezas AM43
RAC 4.2 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias AM44

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1: Nanomateriais e nanotecnoloxías para a solución de problemas ambientais e para combatir o cambio climático.
Introdución á nanotecnoloxía e a súa relevancia na protección ambiental. Tipos de nanomateriales. Aplicacións de nanomateriales na mitigación do cambio climático: captura e almacenamento de carbono, redución de gases de efecto invernadoiro.
Tema 2:Producción baseada en nanotecnoloxía verde, nanobiomateriais. Principios da nanotecnoloxía verde. Síntese de nanomateriales sostibles e ecolóxicos. Aplicacións de nanobiomateriales na remediación ambiental.
Tema 3:Nanodispositivos para sensorización
Principios de nanosensorización. Tipos de nanodispositivos sensores: sensores de gas, sensores de calidade do aire, sensores de calidade da auga. Tecnoloxías emerxentes na sensorización ambiental utilizando nanomateriales.
Tema 4: Nanoestructuras para adsorción
Propiedades das nanoestructuras que as fan adecuadas para a absorción. Exemplos de nanoestructuras utilizadas na absorción de contaminantes: nanomateriales de carbono, zeolitas, óxidos metálicos. Aplicacións prácticas na remediación ambiental.
Tema 5: Nanomateriais para a conservación, purificación e tratamento do aire e auga; (foto)catálise.
Mecanismos de purificación de aire e auga usando nanomateriales. Aplicacións da fotocatálisis e catálisis no tratamento de contaminantes. Casos de estudo: purificación de auga con nanotecnoloxía, redución de contaminantes atmosféricos con fotocatálisis.
Tema 6: Nanotecnoloxía no nexo auga-enerxía-alimentos, a conversión e procesado de alimentos. Interaccións entre auga, enerxía e alimentos desde unha perspectiva nanotecnológica. Aplicacións da nanotecnoloxía na mellora da eficiencia enerxética e no procesamento de alimentos. Nanomateriales na conservación de alimentos e o seu impacto na seguridade alimentaria.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Prácticas de laboratorio A23 A26 A31 A37 A40 7 14 21
Estudo de casos A25 A31 A41 A42 A43 A44 2 12 14
Proba mixta A23 A26 A31 A42 2 6 8
Sesión maxistral A23 A25 A26 A36 A37 A38 A40 A44 10 20 30
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio realizaranse demostracións e experimentos de caracter práctico que complementan os contenidos teóricos impartidos.
Estudo de casos Plantéanse problemas concretos que o alumno ten que valorar e resolver para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de revisión e presentación en para a súa discusión na aula.
Proba mixta Realizarase un exame final para avaliar os resutlados de aprendizaxe dos contidos teóricos como prácticos imparrtidos na materia, combinando preguntas de tipo resposta múltiple e respostas breves.
Sesión maxistral Nas sesión maxistrais o profesorado imparte os conceptos fundamentais e contidos máis importantes de cada un dos temas do programa. Ademais, expón diferentes cuestións para discutir e resolver polos estudantes, fomentando a participación

Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Estudo de casos
Descrición


Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A23 A26 A31 A37 A40 Evaluarase de modo continuado o traballo e a participación activa do estudante 20
Estudo de casos A25 A31 A41 A42 A43 A44 As actividades académicas dirixidas serán avaliadas pola realización y /ou exposición das mismas por parte do estudante.
40
Proba mixta A23 A26 A31 A42 O grado de aprendizaxe dos contidos propios da materia e dos resualtados da aprendizaxe por parte do estudante evaluarase mediante unha proba obxectiva. Constará de preguntas teóricas, cuestións aplicadas e resolución de problemas. 40
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Dasgupta, N., Ranjan, S., & Lichtfouse, E. (2018). Environmental Nanotechnology: Volume 2. Springer International Publishing AG
Pudake, R. N., Chauhan, N., & Kole, C. (2019). Nanoscience for Sustainable Agriculture . Springer International Publishing AG.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Programa Green Campus Facultade de Ciencias

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizarse en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a realización de borradores.

Perspectiva de xénero

"Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)".

"Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade".

"Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas".



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías