Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Preparación de Nanomateriais Código 610509120
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia darase unha introdución á preparación de nanomateriais, tanto inorgánicos como orgánicos incidindo sobre os factores clave no control e morfoloxía dos nanomateriais. Tamén se estudará a relación entre a morfoloxía e tamaño e as súas propiedades. E realizarase unha introdución as principais aplicacións do nanometeriais.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
• Describir os aspectos das leis físicas que predominan no comportamento de sistemas de dimensións nanométricas. AM9
BM1
BM3
BM8
BM9
CM3
Definir que métodos de construción de nanoestruturas deben elixirse en función das propiedades desexadas. AM3
BM1
BM3
BM5
CM1
Describir algúns métodos para a síntese de nanopartículas. AM3
AM9
BM7
BM10
CM1
CM4
Describir algúns métodos para a modificación superficial de nanopartículas. AM3
AM9
BM8
BM9
BM10
CM1
CM4
Explicar o fenómeno de autoensamblaxe, describir os distintos procedementos dispoñibles para conseguilo. AM3
AM9
BM3
BM5
BM8
CM1
CM3
Coñecer as actuais e potenciais aplicacións da nanotecnoloxía. AM3
AM9
BM1
BM7
BM8
BM10
CM1
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Introdución e perspectiva histórica sobre materiais avanzados Neste primeiro tema realizarase unha introdución histórica sobre o desenvolvemento dos materiais e nanomateriais. Establecerase unha clasificación dos materiais, así como unha breve descrición dos campos de actividade dos diferentes nanomateriais.
Tema 2. Estratexias na búsqueda de novos materiais Neste tema abordaranse as diferentes estratexias na síntese de materiais e nanomateriais, con especial atención a aqueles que nos permitan un control na estrutura e composición.
Tema 3. Nanoquímica e nanomateriais Neste tema introduciranse os nanomateriais e os principais métodos de síntese.
Tema 4. Nanomateriales Inorgánicos: metálicos, semiconductores, óxidos magnéticos Neste tema introduciranse os principais métodos de síntese de nanomateriais con especial énfases nos metálicos, semicondutores, e óxidos magnéticos.
Tema 5. Nanomateriais orgánicos: nanotubos de carbono, grafeno, materiais poliméricos Neste tema introduciranse os principais métodos de síntese de nanomateriais con especial énfases en nanotubos de carbono, grafeno e materiais poliméricos
Tema 6. Modificación superficial e materiais híbridos Neste tema introduciranse os principais métodos de modificación superficial de nanomateriais. Tamén se introducirán diferentes materiais híbridos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Seminario A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 7 21 28
Traballos tutelados A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 3 6 9
Proba mixta A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 2 0 2
Sesión maxistral A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 12 24 36
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Seminarios realizados con profesorado propio del Mestrado, ou con profesionais invitados do sector empresarial, administración ou doutras universidades. Sesións interactivas relacionadas coas distintas materias con debates e intercambio de opinións cos alumnos
Traballos tutelados Traballo en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo.
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obtivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade de este para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.
Sesión maxistral Na clase maxistral introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/o de maior dificultade de comprensión para o alumnado.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
A metodoloxía de ensinanza proposta esta baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable de seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha interacción estreita e constante alumno-profesor, a fin de guiar ó alumando neste proceso. A atención personalizada prestarase, principalmente a través das activades realizadas en grupos pequenos, ademais de en titorías individualizadas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados. 20
Traballos tutelados A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar informes que tamén poderán ser avaliados. 25
Proba mixta A3 A9 B1 B3 B5 B7 B8 B9 B10 C1 C3 C4 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso. 55
 
Observacións avaliación

Consideracións xerais:


moi importante asistir a tódalas clases.


imprescindible consultar a bibliografía e tratar de completar con aspectos
avanzados os conceptos máis fundamentais que se expliquen na clase.

-A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final.

-A avaliación continua terá un peso do 45% na cualificación da materia. O resto asignarase ó resultado na proba mixta.

Recomendacións de cara á avaliación:

O alumnado deberá repasar os conceptos teóricos
introducidos nos distintos temas utilizando o material de apoio aportado
polo profesorado e a bibliografía recomendada para cada tema. O grado de acerto na resolución dos exercicios propostos proporciona unha medida da preparación do alumnado para afrontar a proba mixta. Os estudantes que se encontren con dificultades importantes á hora de
traballar as actividades propostas deben consultar ó profesor, co
obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver ditas
dificultades.


Fontes de información
Bibliografía básica G. A. Ozin (2008). Nanochemistry: A Chemical Approach to Nanomaterials. Royal Society of Chemistry
D. Vollath (2013). Nanomaterials: an introduction to synthesis, properties and applications. Wiley-VCH
Kenneth J. Klabunde (2009). Nanoscale materials in chemistry. Wiley-Interscience,

Bibliografía complementaria K. T. Ramesh (2009). Nanomaterials: Mechanics and Mechanisms. Springer-Verlag
C. N. R. Rao, Chintamani Nagesa Ramachandra Rao (1997). New Directions in Solid State Chemistry. Cambridge University Press
A.R. West (2014). Solid State Chemistry and its Applications. Wiley-VCH
U. Schubert, N. Hüsing (2004). Synthesis of Inorganic Materials. Wiley-VCH
C.N. R. Rao and B. Raveau (1998). Transition metal oxides. John Wiley & Sons


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Os coñecementos necesarios para a realización do mestrado e os adquiridos no módulo 1.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías