1-1ª Oportunidade (xaneiro):
A nota final da primeira oportunidade será consecuencia da suma da puntuación global de Prácticas de laboratorio (máx 2 pto)+ proba obxetiva (máx 4 pto) + proba mixta (máx 4 pto). A nota final será sobre 10 e a realización das prácticas é indispensable para aprobar a materia. Para superar a materia a suma de [(nota de prácticas (obrigatorias)) +( nota da proba obxetiva)+ (nota da proba mixta)] debe acadar unha calificación total de 5 puntos.
2ª Oportunidade (xullo):
A nota final da segunda oportunidade será consecuencia da suma da puntuación global de Prácticas de laboratorio (máx 2 pto)+ proba mixta (8 pto). A nota final será sobre 10 e a realización das prácticas é indispensable para aprobar a materia. Para superar a materia a suma de [(nota de prácticas (obrigatorias)) + (a proba mixta )] debe ser de 5 puntos. É preciso sacar 3.5 pto na proba mixta para que se podan ter en conta as prácticas.
2-A puntuación obtida nas prácticas de laboratorio conservarase para as oportunidades de xaneiro e xullo.
3- A realización
das prácticas é OBRIGATORIA e polo tanto se non se realizan NON se pode
aprobar a materia.
4-A calificación de NON PRESENTADO se reservara para aqueles alumnos que non se presenten a proba mixta oficial das oportunidades de xaneiro e xullo.
5- Todos aqueles alumnos que SE MATRICULEN A TEMPO PARCIAL ou teñan DISPENSA ACADÉMICA terán a siguiente valoración:
a) As prácticas de laboratorio de carácter obrigatorio
(valor máximo 2 punto)
b) A proba mixta (valor máximo de 8 puntos)
Para superar a materia a suma de nota de prácticas (obrigatorias) máis a proba mixta debe ser de 5 puntos.
6-Se concederá a calificación de "matricula de
honra " prioritariamente ós alumnos que a obtiveron na primeira
oportunidade.
7-En calquera actividade avaliable a falta de honradez levará a cualificación de 0 na convocatoria.