Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Química Xeral 2 Código 610G01008
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Barriada Pereira, José Luis
Correo electrónico
jose.barriada@udc.es
Profesorado
Barriada Pereira, José Luis
Gómez Carnota, David
Herrero Rodriguez, Roberto
Iglesias Martinez, Emilia
Penedo Blanco, Francisco Jose
Correo electrónico
jose.barriada@udc.es
david.gcarnota@udc.es
r.herrero@udc.es
emilia.iglesias@udc.es
francisco.penedo.blanco@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Esta materia enmárcase no módulo de Química, 1º curso da titulación de Grao en Química. É continuación natural da asignatura "Química 1", amosando cómo os conceptos alí estudados a nivel atómico e molecular se expresan en termos macroscópicos. Así, estúdanse os fundamentos da termoquímica, estados de agregación, cambios de fase, mezclas e disolucións, bases da cinética química, etc.
Esta asignatura prepara ao alumno para o estudo dos fenómenos de equilibrio, así como dos cambios físicos que pode sufrir a materia, e da reactividade química.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer as características dos diferentes estados da materia, o modo en que se obteñen algunhas das súas propiedades, as teorías empregadas para describilos, e os cambios de estado. A3
A12
B3
C3
Comprender os principios elementais da termodinámica e as súas aplicacións en Química (fundamentos de termodinámica, termoquimica). A4
A5
B3
C3
Coñecer, a un nivel elemental, a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. A4
A10
B3
C3
-Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades para resolver problemas de química xeral (termoquímica, estados de agregación, mezclas e disolucións, cambios de fase, cinética elemental) A1
A14
A16
A21
B2
B3
B4
C1
C3
C6
- Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas (estados de agregación, interaccións intermoleculares, cambios de fase, propiedades coligativas) A12
A14
A16
B3
C1
C3
C6
- Adquirir destreza no traballo no laboratorio. A14
A16
A21
A23
A24
B2
B3
B4
C1
C3
C6

Contidos
Temas Subtemas
Gases. -Presión dun gas.
-Leis dos gases: Boyle, Charles-Gay Lussac e Avogadro.
-Ecuación xeral dos gases ideais e as súas aplicacións.
-Teoría cinético-molecular dos gases.
-Gases reais: ecuación de van der Waals.
Termoquímica. -Termos básicos en Termoquímica.
-Calor e traballo: convenio de signos.
-Primeiro principio da Termodinámica. Enerxía interna.
-Funcións de estado. Entalpía. Estados estándar.
-Lei de Hess.
-Entalpías estándar de formación.
-Outras entalpías.
Líquidos e sólidos puros. -Visión xeral das forzas intermoleculares en líquidos e sólidos.
-Algunhas propiedades de líquidos e sólidos: tensión superficial, viscosidade, enerxía de rede.
-Cambios de fase: ecuación de Clausius-Clapeyron.
-Diagramas de fase: punto triple e punto crítico.
Disolucións. -Forzas intermoleculares e proceso de disolución.
-Solubilidade de sólidos e de gases. Lei de Henry
-Propiedades coligativas das disolucións: descenso da presión de vapor, elevación do punto de ebullición, disminución do punto de conxelación e presión osmótica.
Cinética química. -Velocidade de reacción. Ecuación de velocidade, Ordes de reacción. Constante de velocidade.
-Obteción da ecuación de velocidade: método das velocidades iniciais e método das ecuacións integradas.
-Efecto da temperatura sobre a velocidade de reacción: ecuación de Arrhenius.
-Modelos teóricos en Cinética Química.
-Mecanismo de reacción.
Prácticas -Determinación da masa molar dun líquido volátil.
-Determinación do punto de conxelación e do descenso crioscópico.
-Determinación de calores de reacción a presión constante.
-Determinación da velocidade dunha reacción. Efecto da temperatura.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A4 A5 A10 A12 A24 27 54 81
Seminario A1 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 9 36 45
Prácticas de laboratorio A3 A5 A14 A16 A23 A24 B3 B4 C1 C3 C6 15 3.75 18.75
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 B3 3.5 0 3.5
 
Atención personalizada 1.75 0 1.75
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais describiránse as liñas mestras da materia e os seus contidos fundamentais.
Seminario Nos seminarios incidirase nos aspectos máis de detalle dos contidos, reforzando os conceptos tratados nas sesións maxistrais, principalmente a través da resolución de cuestións, problemas e o tratamento de casos.
As sesións de seminario basearanse no traballo dos alumnos, que se lles irá marcando a medida que avance a materia.
Para un axeitado aproveitamento, se indicará con antelación aos estudantes o traballo que deben ir facendo con antelación a cada sesión de seminario.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio desenvolverán exemplos experimentais dos conceptos tratados na materia.
A realización das prácticas é requisito imprescindible para superar a materia no seu conxunto.
Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que deberán entregar nunha data prefixada. Salvo excepcións debidamente xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo.
Proba mixta Integra preguntas abertas de desenvolvemento, tipo problemas, e preguntas tipo test, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Prácticas de laboratorio
Proba mixta
Descrición
Recoméndase aos estudantes facer uso das tutorías para resolver todas as dúbidas xurdidas nas sesións maxistrais, seminarios, prácticas de laboratorio ou na preparación da proba final.
Os profesores estarán a dispor dos alumnos para resolver calquer tipo de dúbidas sobre a asignatura no horario de atención establecido.
Os alumnos a tempo parcial ou con dispensa académica de asistencia disporán de titorías tanto presenciais como por correo electrónico, sempre que o necesiten.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 Os estudantes deberán traballar tanto por anticipado como a posteriori os contidos tratados nestas sesións. Ademáis, deberán manter a atención e concentración durante estas sesións.
A asimilación do traballo realizado durante os seminarios medirase, de xeito esporádico, mediante cuestións de resposta curta ou a resolución dalgún excercicio breve, a realizaren na clase maxistral ou en seminarios.
10
Prácticas de laboratorio A3 A5 A14 A16 A23 A24 B3 B4 C1 C3 C6 Terase en conta o traballo do alumno no laboratorio, incluindo a planificación dos experimentos, o seu desenvolvemento, a análise crítica dos resultados obtidos, a capacidade de xeneralización e para tirar conclusións, etc. Asemade, valoraranse cualidades como a iniciativa, capacidade de comunicación, etc., así como a calidade do traballo desenvolto.
Os alumnos deberán, segundo as indicacións dos profesores, rexistrar un diario de laboratorio, que entregarán nunha data prefixada. Salvo excepcións xustificadas, non se valorarán os entregados fora de prazo.
10
Proba mixta A1 A3 A4 A5 A10 A12 A14 A21 B2 B3 Cada estudante deberá realizar unha proba na que deberá amosar a súa capacidade para resolver problemas, cuestións conceptuales e o tratamento breve e sintético de determinados temas, facéndoo de xeito independente e nun intervalo de tempo prefixado.
A avaliación terá en conta os coñecementos amosados e a calidade dos resultados obtidos no tempo establecido.
80
 
Observacións avaliación

* A asistencia ás prácticas é requisito imprescindible para superar a materia.

* Para superar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 (4 sobre 8) e acadar, sumadas as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5.0.

* De non ter acadado a cualificación mínima na proba mixta final a materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a cualificación final outorgada será de 4.5.

* A cualificación de non presentado terana aqueles alumnos que non realizaren as prácticas nin a proba mixta final.

* A segunda oportunidade de xullo enténdese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta final. Consecuentemente, mantéñense as cualificacións das prácticas de laboratorio e os seminarios obtidas ao longo do curso, mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade.

* Os alumnos que sexan avaliados na chamada "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na"primeira oportunidade".

* Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial:

Son de aplicación os criterios anteriores.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC):

Son de aplicación os criterios anteriores a excepción da asistencia e participación nos seminarios. Neste caso, a proba mixta final representará o 90% da cualificación final e o 10% restante corresponderá coa cualificación de prácticas.

A asistencia as prácticas é obrigatoria, ainda que se tentará, na medida do posible, adaptar os horarios a dispoñibilidade dos alumnos.


Fontes de información
Bibliografía básica R.H. Petrucci, W.S. Hardwood, F.G. Herring (2011). Química general, 10ª ed. . Madrid, Prentice Hall

Bibliografía complementaria P. Atkins, L. Jones (2012). Principios de Química. Los caminos del descubrimiento. Madrid. Editorial Médica Panamericana
N.J. Tro (2010). Principles of Chemistry. Upper Saddle River, New Jersey, Pearson Education International
J.A. López Cancio (2000). Problemas de Química. Cuestiones y ejercicios.. Madrid, Prentice Hall
M.D. Reboiras (2007). Problemas resueltos de Química. Madrid, Thomson
C. Orozco Barrenetxea, M.N. González Delgado, A. Pérez Serrano (2011). Problemas resueltos de Química Aplicada. Madrid, Paraninfo
R. Chang (2010). Química, 10ª ed.. México, Mc Graw Hill Interamericana
T.L. Brown, H.E. LeMay, B.E. Bursten, C.J. Murphy (2009 ). Química, la Ciencia Central, 11ª ed. . Naucalpán de Juárez, México, Pearson Educación


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Xeral 1/610G01007
Laboratorio de Química 1/610G01010

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Química Xeral 3/610G01009

Materias que continúan o temario
Química Física 3/610G01018
Experimentación en Química Física/610G01019
Química Física Avanzada/610G01020

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías