Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos.
|
A1 A12 A17 A18 A23
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. |
A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A25
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. |
A1 A12 A16 A20 A21 A24
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Conceptos previos.
|
Práctica 1. Seguridade no laboratorio.
Práctica 2. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio.
Práctica 3. Material de laboratorio.
Práctica 4. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.
|
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico. |
Práctica 5. Preparación de disolucións.
Práctica 6. Destilación.
Práctica 7. Separación dunha mestura de sólidos e purificación de un sólido por cristalización.
Práctica 8. Preparación dunha corrente de gas.
Práctica 9. Extracción líquido-líquido.
Práctica 10. Cromatografía. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A25 B5 B6 B7 C3 |
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
10 |
48 |
58 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
40 |
32 |
72 |
Proba de resposta breve |
A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 |
2 |
0 |
2 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade en grupo grande ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumnado.
|
Sesión maxistral |
Sesións de aula en grupo intermedio nas que, abordaranse parte dos contidos do Bloque I que requiren a participación activa do alumnado. |
Obradoiro |
Sesións en grupo intermedio nas que traballaranse os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico. Cada práctica levará asociado un guión con cuestións de comprensión dos fundamentos teóricos, posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación pol@s estudantes e recollidos nun Traballo Previo que será revisado polo profesorado nos obradoiros. O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo intermedio para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso.
|
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo intermedio, os/as estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico. Todo o traballo feito nas prácticas quedará reflexado no Caderno de Laboratorio. |
Proba de resposta breve |
Ao finalizar cada práctica realizaranse probas de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos das prácticas traballadas. |
Proba mixta |
Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Obradoiro |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumnado (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
As horas de atención personalizada servirán para a aclaración dos conceptos fundamentais da materia, así como para a resolución de cuestións individuais expostas nos seminarios, nas sesións maxistrais e nas prácticas.
Aquel@s estudiantes que se acollan o réxime de "recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia", según a normativa académica vixente da UDC disporán dunha atención específica que se concreta nos seguintes aspectos:
- Este alumnado disporá, a petición propia e en horarios a convir, de axuda tutorial para a preparación dos contidos do Bloque I e dos contidos do Bloque II que se traballarán nos talleres previos ás clases prácticas de laboratorio, así como do obradoiro posterior ás mesmas (ver metodoloxía).
- Igualmente, e cando así o solicite, este alumnado recibirá axuda tutorial complementaria para orientación e resolución de dúbidas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
Durante a realización das prácticas de laboratorio, levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumnado, o grao de comprensión das prácticas, a actitude e a racionalización dos experimentos. Igualmente, avaliaranse tanto o contido, como o formato do Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
|
40 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado en todas as actividades realizadas.
|
30 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
Avaliación do Traballo Previo que o alumnado debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas. Esta actividade será avaliada mediante a participación activa do alumnado e os conceptos adquiridos na preparación do Traballo Previo. |
10 |
Proba de resposta breve |
A1 A7 A18 A20 A21 A24 B2 B3 C1 |
Ao finalizar cada práctica do Bloque II, levarase a cabo unha proba de resposta curta e/ou cálculo relacionadas cos contidos e aspectos relevantes da práctica realizada para evaluar a racionalización dos fundamentos teóricos coa experimental. |
20 |
|
Observacións avaliación |
- Para superar a materia será preciso acadar, sumadas as cualificacións
de todas as actividades de evaluación continuada (Seminarios e Prácticas de laboratorio), un mínimo de 5 puntos (sobre 10) e obter un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na
cualificación da Proba mixta. No caso de que o alumnado non conseguise a
puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de todas as
actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos, a materia
figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - No caso de non superar a materia na primeira oportunidade: 1) A cualificación dos Seminarios e das Prácticas de Laboratorio conservaranse na segunda oportunidade de xullo, sempre que sumen un mínimo de 5 puntos (sobre 10). 2) A cualificación da Proba mixta da
segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da
primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5
puntos (sobre 10) na puntuación da Proba mixta para poder superar a
materia. - Para obter a cualificación de non presentado, o
alumnado non poderá ter participado en máis dun 25% das Prácticas de
laboratorio e dos Seminarios, nin realizar a Proba mixta. - De
acordo coa normativa académica, o alumnado que sexa avaliado na "segunda
oportunidade", só poderá optar a matrícula de honra se o número máximo
destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira
oportunidade". - Para aquel
alumnado que se acolla ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia"
tratarase de adaptar os horarios á súa dispoñibilidade na medida do
posible. A cualificación final para este alumnado, tanto para a primeira
como para a segunda oportunidade, seguirá o esquema de avaliación
anteriormente descrito. - No caso de circunstancias moi
excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor
Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do
alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumnado
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe lugar a dúbidas sobre a consecución das competencias
propias da materia. Consideracións xerais: Todos os aspectos relacionados
con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e
"fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Convocatoria
adiantada de decembro: A ponderación na avaliación das diferentes actividades
docentes do alumnado que participe na convocatoria adiantada de decembro será
adaptada ás novas porcentaxes de avaliación recollidas na presente guía, no
caso de que estas difiran entre si en ámbolos dous cursos académicos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R. H. Petrucci, W.S.Harwood, F.G. Herring (2003). Química General. Madrid, 8ª Ed., Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis |
- GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición do alumnado a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
Esta páxina Web sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO, elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona, contén información moi completa sobre practicamente todos os aspectos que se van tratar nesta materia. Igualmente, conta co soporte dun banco de imaxes que resulta moi útil como ferramenta de consulta. |
Bibliografía complementaria
|
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M. Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Xeral 1/610G01007 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 |
|
Observacións |
Para superar con éxito a asignatura, é imprescindible co alumno teña unha serie de coñecementos previos de química, según o nivel requerido en secundaria e bacherelato, tales como: nomenclatura e formulación química, axuste de reaccións químicas e cálculos estequiométricos. Consideracións xerais: Todos os aspectos relacionados
con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e
"fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC. Perspectiva de xénero: - Segundo se recolle nas
distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria,
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase
linguaxe non sexista, utlizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas,...). - Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade. - Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Programa Green Campus Facultade de Ciencias Para
axudar a
conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da
"Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos
documentais que se realicen nesta materia: a.- Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|