Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos:
-As prácticas de laboratorio son obrigatorias.
-Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta.
- A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos/as que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (20% da cualificación global) nas dúas oportunidades.
As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade.
Na primeira e segunda oportunidade, o alumnado que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global.
O alumnado terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
Os alumnos/as avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade.
Para aqueles estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro, aplicaranse as consideracions indicadas na guía docente do curso anterior.