Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
- Explicar de maneira axeitada fenómenos e procesos relacionados coas principais técnicas analíticas cromatográficas, electroquímicas, electroforéticas, imnunoquímicas e de análise térmico.
- Comprender os sus principios, instrumentación, compoñentes e limitacións.
- Adquirir, avaliar e empregar calqueira información bibliográfica e técnica relacionada
coas técnicas de análise. |
A7 A15 A20 A21 A24
|
B1 B2 B3 B4 B5
|
C1 C3 C6 C7
|
- Adquirir destreza no traballo de laboratorio. Nomeadamente:
- avaliar e empregar información bibliográfica relacionada coas técnicas de análise.
- deseñar e desenvolver estratexias para a resolución de problemas.
- interpretar os datos e expresar os resultados analíticos.
- desenvolver unha actitude crítica no traballo experimental |
A15 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26
|
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Técnicas electroanalíticas |
Fundamentos das medidas potenciométricas
Fundamentos das voltametrías e da polarografía
Sensores electroquímicos
Exemplos
Exercicios numéricos
|
Tema 2: Técnicas cromatográficas |
Fundamentos da cromatografía de gases
Fundamentos da cromatografía de líquidos
Exemplos
Exercicios numéricos
|
Tema 3: Técnicas electroforéticas |
Fundamento das técnicas electroforéticas
Exemplos |
Tema 4: Técnicas enzimáticas e inmunoquímicas |
Fundamentos das técnicas enzimáticas
Fundamentos das técnicas inmunoquímicas |
Prácticas de Laboratorio |
Impartiranse 20 horas de laboratorio onde se realizarán prácticas que, dentro das disponibilidades de infraestructura da Facultade, abordarán os temas máis relevantes dos impartidos |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 |
20 |
10 |
30 |
Proba mixta |
A7 A20 A21 A24 B2 C1 |
3 |
0 |
3 |
Seminario |
A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 |
7 |
24.5 |
31.5 |
Sesión maxistral |
A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 |
21 |
63 |
84 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse prácticas de laboratorio nas que, dentro das dispoñibilidades de instrumentación e infraestrutura da Facultade, traballarase con aplicacións das técnicas analíticas estudadas (técnicas cromatográficas, electroanalíticas...). O estudante realizará unha preparación previa orientada polas cuestións presentadas polas profesoras. Nas sesións prácticas incidirase na comprensión da instrumentación e na manipulación da mesma supervisada polas profesoras. Elaborarase un informe de laboratorio que incluirá unha busca bibliográfica, cálculos numéricos e un comentario crítico dos resultados |
Proba mixta |
Realizarase unha proba para avaliar os coñecimentos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cales avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios. |
Seminario |
Procederase á resolución dalgúns dos problemas numéricos entregados previamente aos alumnos e que deberán ter traballado de forma individual, personal e previa aos seminarios. |
Sesión maxistral |
Presentaranse as bases conceptuais de cada unha das técnicas analíticas empregadas. Explicando os principios físicos, biolóxicos ou físico-químicos nos que se basean as medidas. Discutiranse os principios da instrumentación e problemas habituais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Seminario |
|
Descrición |
As prácticas de laboratorio e os seminarios para a resolución numérica de problemas realizaranse baixo a supervisión das profesoras no horario das aulas. Se é necesario realizaranse Titorías nas que se resolverán dúbidas e se revisará o traballo realizado, etc.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia aos seminarios, a resolución numérica de problemas será realizada polo alumno fora do horario académico establecido; o profesor/a resolverá as dúbidas e revisará o traballo realizado en réxime de horas de titorías (previa cita) que estableza co alumno. Será obrigatorio realizar as prácticas de laboratorio no horario académico establecido.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 |
Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).
|
20 |
Sesión maxistral |
A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 |
Actitude e participación na aula. Asistencia (polo menos ao 70%) ás clases |
5 |
Seminario |
A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 |
Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario. Asistencia (polo menos ao 70%) aos seminarios. Realización de actividades de auto-avaliación que se poideran asignar.
|
10 |
Proba mixta |
A7 A20 A21 A24 B2 C1 |
Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.
|
65 |
|
Observacións avaliación |
A
cualificación global da materia calcularase a partir da contribución das
actividades avaliables: proba mixta (ata un máximo de 6.5 puntos), prácticas de
laboratorio (ata un máximo de 2,0 puntos), e sesión maxistral e seminarios (ata un máximo de 1.5 puntos). Os
alumnos que non participen nas actividades relacionadas cos seminarios obterán unha cualificación de 0 neste apartado. Será necesario acadar unha cualificación mínima de 5 (sobre 10)
tanto nas prácticas de laboratorio coma na proba mixta. De non acadar a
puntuación mínima nalgunha delas, e aínda que a media sexa superior ou igual a
5 (sobre 10), a materia estará suspensa e figurará unha cualificación de 4.5. A
realización das prácticas de laboratorio é un requisito básico para superar a
materia. A proba mixta estará composta de dúas partes
correspondentes a dous bloques de contido: Bloque I (técnicas electroanalíticas)
e Bloque II (técnicas cromatográficas, electroforese capilar e análise
enzimática e inmunoquímica). En cada unha das partes haberá que resolver
cuestións teóricas e exercicios numéricos, constituíndo cada unha delas, unha
actividade avaliable. A cualificación da proba mixta será a media das
cualificacións obtidas en ámbalas dúas partes. Para poder compensar algunha das
partes haberá que acadar unha cualificación mínima de 4.5 puntos (sobre 10) nalgunha delas. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso
de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a proba mixta figurará como
suspensa (4.5). A cualificación de Non Presentado terana aqueles estudantes que non realizasen a proba mixta. As
cualificacións das prácticas de laboratorio, e seminarios conservaranse na segunda
oportunidade. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do
informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na
segunda oportunidade. As
cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade substituirán ás
obtidas na proba mixta da primeira oportunidade cos mesmos criterios. Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa
totalidade na primeira oportunidade. O
alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia será avaliado unicamente mediante as cualificacións obtidas
nas probas obxectivas (70%) e nas prácticas (30%). Isto aplicarase a ámbalas
dúas oportunidades. Todo os aspectos referidos coa dispensa académica, dedicación ao estudo, permanencia e fraude académica rexeranse de acordo coa normativa académica vixente na UDC. Na
convocatoria adiantada de decembro aplicarase a normativa da guía docente
correspondente ao curso 2023-2024.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
RUBINSON, K.A.; RUBINSON, J.J. (2001). Análisis instrumental. Madrid, Prentice Hall
HARRIS, D.C. (2007). Análisis químico cuantitativo. Barcelona, Reverté
SKOOK, D.A.; WEST, D.M.; HOLLER, F.J. (1996). Fundamentos de química analítica (volumen 2). Barcelona, Reverté
ANDRADE ET AL. (2017). Problems of Instrumental Analytical Chemistry. London, World Scientific Publication
CHRISTIAN, G.D. (2004). Química analítica (6a edición). México, McGraw Hill
CELA, R.; LORENZO, R.A.; CASAIS, M.C. (2002). Técnicas de separación en química analítica. Madrid, Síntesis |
O libro
"Análisis Químico Cuantitativo" "Análisis Químico Cuantitativo" of author Daniel C. Harris (Ed.
Reverté SA) is available on the library´s website. |
Bibliografía complementaria
|
KELLNER, R (Editor) (2004). Analytical chemistry. Winheim, Willey
SKOOG, D.A.; HOLLER, F.J.; NIEMAN, T.A. (2001). Principios de análisis instrumental (5a edición). Madrid, McGraw Hill |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Analítica 2/610G01012 | Química Analítica Instrumental 1/610G01013 | Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Analítica Avanzada e Quimiometría/610G01015 | Medio ambiente e calidade/610G01037 |
|
Observacións |
Para
evitar os erros indicados na avaliación, o estudante debería ter cursado, e superado, as materias (polo menos) de: QA1, QA2, Laboratorio de Química 2 e QAI1. Sustentabilidade Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co punto 6 da "Declaración ambiental da Facultade de Ciencias (2020)" os traballos documentais que se realicen nesta materia solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. De realizarse en papel, non se empregarán plásticos, realizaranse impresións a dobre cara, empregarase papel reciclado e evitarase a realización de borradores. Perspectiva de Xénero As profesoras desta materia traballan con recoñecemento da diversidade e da multiculturalidade e con respecto cara os dereitos fundamentais e a igualdade entre homes e mulleres. |
|