A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.
Primeira oportunidade:
A avaliación continua do traballo feito no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas as cuestións formuladas no laboratorio a a análise e discusión dos datos experimentais, xunto co informe escrito constituirán o 50% da cualificación final. Unha prueba escrita
constituirá o outro 50% da cualificación final.
A materia será considerada como superada cando a media das cualificacións obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación sexa igual ou superior a 5.0 puntos (sobre un máximo de 10) e a cualificación da proba escrita sexa igual ou superior a 3.5 puntos sobre 10.
No caso de non acadarse a cualificación mínima na proba escrita (3.5), ainda que a media das metodoloxías de avaliación sexa igual ou superior a 5.0, a materia figurará como suspensa (4.5).
A cualificación final do alumno poderá verse
modificada ao alza ata un máximo de 0.5 puntos pola avaliación global da progresión do alumno.
A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.
Os
alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só
poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o
correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira
oportunidade”
En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.
Segunda oportunidade:
Os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar un exame práctico no laboratorio.
Os estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar unha proba escrita na aula que representará o 100% da cualificación final.
Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso académico non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.
A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.
Convocatoria adiantada de decembro:
- É condición necesaria que o estudante teña asistido a tódalas sesións de laboratorio nalgún curso previo.
- O exame consitirá nunha proba práctica no laboratorio, que constituirá o 100% da cualificación final. A materia será considerada como superada cando a cualificación final sexa igual ou superior a 5.0 puntos (sobre un máximo de 10).
Todos os aspectos relacionados con "dispensa académica", "dedicación ao estudo", "permanencia" e "fraude académica" rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC (/gl/normativa/academica/)