Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Metodolóxicas:
· Planificar, proxectar e realizar experimentos relacionados co transporte de materia e de carga.
· Ppropoñer e elaborar un estudo cinético dunha reacción química.
· Aplicación de programs informáticos sinxelos para o análise cuantitativo dos datos cinéticos.
· Interpretación dos resultados en base a un mecanismo de reacción.
· Simulación / predicción de datos non publicados partindo da ecuación de velocidade. |
A3 A4 A10 A19 A20 A22 A23 A27
|
B1 B3 B4
|
C3
|
Conceptual:
· Comprender as interaccións interiónicas e inter- ou intramoleculares e a súa relación cos fenómenos de asociación, auto-agregación ou conformación molecular.
· Manexar os métodos propios da cinética química. Interpretación a nivel molecular (mecanicista) das reaccións químicas. Entender e coñecer os factores que poden modificar a velocidade dunha reacción.
· Comprender o proceso de catálise e súa relación coa activación química, fotoquímica ou electroquímica. |
A1 A4 A10 A14
|
B3
|
|
Actitudinales:
·Presentar informes axeitados dun estudo experimental
·Analizar e criticar estudos cinéticos publicados de dificultade baixa. |
A22 A23 A25 A27
|
B1 B3 B4
|
C3 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Interaccións iónicas e moleculares |
· Interaccións entre ións en disolución: coeficiente de actividade. Lei de Debye-Hückel. Forza iónica.
· As interaccións entre moléculas. Momento dipolar. Polarizabilidade: Clausius-Mossotti. Interaccións dipolares. Interacción hidrofóbica: autoagregation e conformación molecular.
· Coloides: micelas directas e inversas, membranas biolóxicas.
· Macromoléculas |
Fenómenos de transporte |
· Ecuacions fenomenolóxicas. Fluxo. Difusión. Lei de Fick. Ecuación de Stokes-Einstein.
· Conductividade térmica
· Conductividade eléctrica: Teoría de Debye-Huckel-Onsager.
· Viscosidade |
Ecuación de velocidade e mecanismo de reacción |
· Ecuación integrada de velocidade. Velocidades iniciais. Orden de reacción e estequiometría. Método de aillamento. O uso das propiedades físicas no seguimento cinético dunha reacción química.
· Esquemas complexos de reacción: reaccións paralelas, reversibles e consecutivas.
· Aproximación do estado estacionario.
· Mecanismos de reacción, reacción elemental. deducción de mecanismos de reaction. |
Teorías cinetoquímicas e aplicacions |
· Teoría de colisions: factor de frecuencias
· Teoría do complexo activado: aproximación según a Termodinámica Estadística e según la Termodinámica clásica. Curvas de enerxía potencial
· Reaccions en fase gas: mecanismo de Lindeman
·Reaccions en disolución. Reaccions controladas pola difusión dos reactivos.
· Reaccions fotoquímicas |
Catálise |
· Catálise homoxénea, heteroxénea e microheteroxénea
· Mecanismo xeral de catálise: ecuacions de velocidade
· Catálisise homoxénea: catálise nucleófila, catálise ácido-base
· Correlacions de enerxía libre: ecuacións de Bronsted, Hammet, Taft
· Catálise microheteroxénea: catálise micelar e enzimática.
· Catálise heteroxénea: isoterma de Langmuir. Ecuacións de velocidade |
Introducción a cinética electroquímica |
· Reaccions electroquímicas: aspectos singulares
· Interfase electrodo-disolución: modelo de Gouy-Chapman
· Velocidade de transferencia de carga. Ecuación de Butler-Volmer
· Voltametría |
Prácticas |
· Experimentos de Laboratorio relacionados con fenómenos de transporte, determinación de ecuacions de velocidade e procesos de catálise. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A4 A10 A25 A27 B3 |
21 |
50 |
71 |
Seminario |
A1 A14 A20 B1 B3 |
7 |
28 |
35 |
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A25 A27 B1 B3 B4 C3 C6 |
20 |
20 |
40 |
Proba de resposta breve |
A1 A3 A4 A10 A14 |
1 |
0 |
1 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A14 A20 B3 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
0 |
0 |
0 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Nas clases de exposición serán introducidos os conceptos, modelos, métodos e teorías dos contidos fundamentais do programa do curso. |
Seminario |
Contemplase coma unha actividade de docencia interactiva; o traballo do alumno e fundamental.
Algúns conceptos serán enfatizados mediante o desenvolvemento detallado de exercicios estándar e resolveranse as dúbidas plantexadas polo alumno. |
Prácticas de laboratorio |
Realizaranse experimentos relacionados cos conceptos abordados no curso. Consta de duas fases:
A primeira inclúe a comprensión do/s experimento/s que lle corresponde realizar no Laboratorio e os conceptos teóricos e as técnicas empregadas, para, de seguido, comenzar co desenrolo do traballo experimental: planificación do experimento, execución do mesmo e análise dos resultados obtidos.
A segunda consiste na elaboración do Informe de resultados, no que se valorará a presentación, xustificación metodolóxica e interpretación, así como a comparación con resultados bibliográficos. |
Proba de resposta breve |
Proba a través de Moodle pa dar resposta a preguntas tipo test, de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Proba obxectiva |
Resolución de exercicios relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio ou seminarios. O alumno debe demostrar de forma independente e nun intervalo de tempo predefinido, o coñecemento adquirido e a capacidade de resolver ejercicios e/ou cuestións conceptuais. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Recoméndase o uso das titorías individuais para a súa orientación na resolución das dúbidas, cuestións e conceptos que non quedaron suficientemente claros, tanto no que se refire o desenvolvemento dos contidos teóricos como dos seminarios, prácticas de laboratorio ou na preparación da proba final. Os profesores estarán a dispor dos alumnos para resolver calquer tipo de dúbidas sobre a asignatura no horario de atención das titorías.
Os alumnos con dispensa académica disporán de titorías tanto presenciais como por correo electrónico ou Teams, sempre que o necesiten.
Antes de realizar o traballo experimental de laboratorio, o alumnado debe demostrar que comprende o artigo científico que describe a experiencia que vai reproducir. Durante o desenvolvemento do experimento, aconséllase o estudiante sobre as complicacións que poden xurdir. Despois diso, o profesorado guiarán a cada alumno/a na interpretación dos resultados, baseándose nos modelos teóricos desenvolvidos na aula para o tratamento cuantitativo dos resultados |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A19 A20 A22 A23 A25 A27 B1 B3 B4 C3 C6 |
Na avaliación desta actividade tense en conta o traballo de laboratorio e o Informe de resultados:
-Conversa no laboratorio, previa ao desenvolvemento do experimento, que reflicta a comprensión do sistema químico, a metodoloxía a aplicar, a técnica empregada e a seguridade necesaria.
-Desenvolvemento do experimento no laboratorio: planificación, toma de datos e análise dos mesmos.
-Informe de resultados que serán avaliados en termos de presentación, tratamento cuantitativo e explicación dos resultados en base a modelos teóricos. |
20 |
Proba de resposta breve |
A1 A3 A4 A10 A14 |
Proba tipo test en Moodle para responder a preguntas diversas de resposta múltiple, breve, de discriminación, de asociación, etc, nun tempo determinado. |
30 |
Proba obxectiva |
A1 A3 A14 A20 B3 |
Proba escrita para resolver exercicios relacionados cos contidos das clases teóricas, seminarios e prácticas, e que terá lugar na convocatoria oficial do centro.
|
50 |
|
Observacións avaliación |
-A asistencia a totalidade das prácticas de laboratorio e a entrega do correspondente Informe son actividades obrigatorias pa todo o alumnado.-Para superar a asignatura será necesario obter unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 en todas e cada unha das actividades avaliables.-A calificación de matrícula otorgarase preferentemente na primeira oportunidade.-Segunda oportunidade: repetición da proba mixta sobre contidos dos seminarios, prácticas e clases de teoría.-A calificación obtida nunha actividad superada manterase únicamente nas restantes convocatorias do curso académico (segunda oportunidade). -De non superar as duas probas (test en Moodle + proba escrita), ainda que a nota media das actividades avaliables sexa superior a 5, a calificación numérica que figure na Acta será a media da das duas probas. -O estudante obterá a calificación de Non Presentado cando non realice as prácticas e, polo tanto, tampouco se presente as duas probas. -Os estudantes que soliciten convocatoria adiantada de decembro rexiranse por esta mesma Guía docente. - Todo o que ten relación ca "exención académica", "dedicación oestudo", "permanencia" e "fraude académico" rexirase pola correspondente normativa vixente da UDC. - Do mesmo xeito, todo o relacionado coa perspectiva de género, adaptarase a práctica e a filosofía que se segue na UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
P. W. Atkins, J. de Paula (2008). Química Física, 8ª Ed.. Panamericana
Laidler K. J. (1994). Chemical Kinetics . Harper and Row, New York.
Espenson J. H. (1995). Chemical kinetics and reaction mechanisms 2ª ed.. McGraw-Hill, New York.
Bockris, J.O.M., Reddy, A K.N. (1998). Electroquímica Moderna. . Reverté. 1980
P. W. Atkins, J. de Paula (2010). Physical Chemistry, 11th Ed. . Oxford University Press |
|
Bibliografía complementaria
|
LEVINE I. N. (2004). Fisicoquímica 5ª ed.. McGraw-Hill, Madrid
R. A. Jackson (2004). Mechanism in Organic Reactions.. Royal Society of Chemistry (RSC)
P. L. Brezonik (1994). Chemical Kinetics and Process Dynamic in Aquatic Systems.. Lewis Publishers
P. Sanz Pedredo (1992). Físicoquímica para Farmacia y Biología.. Masson-Salvat Medicina
S. R. Logan (2000). Fundamentos de Cinética Química. Addison Wesley
BOCKRIS, J.O.M., REDDY, A.K.N., GAMBOA-ADELCO, M.E. (2000). Modern Electrochemistry 2A. Fundamentals of Electrodics.. Kluwer Academic/Plenum Press: New York
BERRY R. S., RICE S. A., ROSS J. (2000). Physical Chemistry. 2ª ed.. Oxford University Press, New York
KORITA, J, DVORAK, J., KAVAN, L. (1987). Principles of Electrochemistry. 2nd ed.. Wiley, Chichester
J. BERTRAN-RUSCA, J. NUÑEZ-DELGADO Eds , (2002). Química Física, vol. II. Ariel Ciencia |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Física 1/610G01016 | Química Física 2/610G01017 | Química Física 3/610G01018 | Experimentación en Química Física/610G01019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Prerrequisitos: - -Son necesarios os coñecementos das asignaturas de Química e de Química Física.
- -Saber redactar, sintetizar e presentar ordeadamente un traballo.
- -Dominar a representación gráfica, regresión lineal con coñecimentos básicos de estadística.
- -Utilizar a nivel de usuario ferramientas básicas de informática (Excel, Word, Power Point).
- -Recoméndase coñecer inglés co nivel medio de comprensión de lectura.
|
|