Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer de maneira sistemática, a química descritiva dos elementos non metálicos, facendo fincapé non só en aspectos puramente académicos como formas de actuación, estado elemental, propiedades físicas, reactividade, estado natural ou métodos de obtención, senón tamén en aplicacións e temas de actualidade relacionados cos mesmos (problemas ambientais, novas fontes de enerxía, etc.). |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Construír unha "rede de ideas" que permitan racionalizar o comportamento dos diferentes elementos non metálicos en función da súa situación na táboa periódica. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar a química dos elementos non metálicos sobre a base das teorías e modelos vixentes, afianzando os coñecementos do estudante sobre os principios de estrutura e ligazón, termodinámica e reactividade (acedo-base, oxidación-redución, etc.), etc, establecidos noutras materias. |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer as posibilidades de combinación dos elementos non metálicos e o comportamento químico dos seus compostos derivados. |
A1 A2 A3 A4 A6 A12 A14 A16 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer e aplicar a metodoloxía de traballo científica. |
A20 A22 A23 A24
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Coñecer o material e as técnicas habituais no laboratorio de síntese (tales como a decantación, filtración, recristalización, destilación etc.) e desenvolver nel a destreza adecuada para a súa utilización. |
A17 A18 A20 A22 A23 A26
|
B1 B2 B3 B4
|
C1
|
Desenvolver a capacidade de observación e aprender a levar un rexistro adecuado dos feitos experimentais. |
A20 A21 A23
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Racionalizar os feitos experimentais á luz dos coñecementos teóricos adquiridos. |
A20 A24
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Coñecer a bibliografía para atopar solucións a un problema químico concreto. |
A16
|
B1 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1.- O hidróxeno e os seus principais compostos. |
Tema 1.- O hidróxeno.
Tema 2.- Os hidruros. A auga, un hidruro especial.. |
Bloque 2.- Elementos do grupo 17 e os seus principais compostos. |
Tema 3.- Elementos do grupo 17.
Tema 4.- Haluros.
Tema 5.- Haluros de hidróxeno.
Tema 6.- Combinacións osixenadas dos halóxenos. |
Bloque 3. - Elementos do grupo 16 e os seus principais compostos. |
Tema 7.- Elementos do grupo 16.
Tema 8.- Óxidos e sulfuros.
Tema 9.- Hidruros de xofre, selenio e teluro.
Tema 10.- Haluros e oxohaluros de xofre, selenio e teluro.
Tema 11.- Combinacións osixenadas de azufre, selenio e teluro.
|
Bloque 4.- Elementos do grupo 15 e os seus principais compostos. |
Tema 12.- Elementos do grupo 15.
Tema 13.- Hidruros dos elementos do grupo 15.
Tema 14.- Combinacións osixenadas dos elementos do grupo 15.
|
Bloque 5.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Tema 15.- Elementos do grupo 18 e os seus principais compostos. |
Bloque 6.- Química Inorgánica Experimental. |
Síntesis de elementos e compostos inorgánicos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A23 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24 B3 C1 |
23 |
46 |
69 |
Solución de problemas |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A16 A21 A24 B1 B2 B3 B4 C1 |
8 |
24 |
32 |
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 |
4 |
5 |
9 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 |
19 |
19 |
38 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Ao comezo das actividades, presentarase a materia, comentando, entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais consistirán en clases presenciais onde se levará a cabo a exposición do temario por parte do profesor. Previamente, entregarase ao alumno, a través da plataforma Moodle, un esquema que reflicta os contidos de cada tema.
Baseándose neste e co fin de que o alumno poida aproveitar o mellor posible a clase expositiva, deberá ler na bibliografía recomendada, os capítulos relacionados co tema a tratar antes de acudir á clase. |
Solución de problemas |
As clases de resolución de problemas estarán dedicadas á resolución dos boletíns de cuestións e problemas numéricos que, con suficiente antelación, terán sido publicados na páxina da materia.
Nestas clases os alumnos discutirán ante os seus compañeiros as respostas ás distintas cuestións e establecerase un debate. |
Proba mixta |
Exame que poderá constar dunha serie de cuestións curtas, preguntas para desenvolver, problemas numéricos e preguntas de tipo test relacionados co programa da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Traballo de síntese e illamento de substancias inorgánicas baixo a supervisión do profesor. O alumno debe elaborar un caderno de laboratorio, que constará de tres partes:co a descrición detallada da execución e desenvolvemento do experimento (diario de laboratorio), e un comentario final sobre os resultados obtidos e as conclusións que se poden extraer deles. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha elevada atención personalizada, co fin de guiar o estudante neste proceso. A través da interacción cos alumnos e das diferentes actividades de avaliación, o profesor determinará ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos e decidirá cando este precisa de atención personalizada a través de titorías individuais.
Polo tanto, periodicamente o profesor convocará os alumnos a titorías, que se celebrarán nos horarios máis convenientes para cada estudante, coa intención de que estes reciban a necesaria orientación.
Obviamente e a parte destas titorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte conveniente.
No caso das prácticas de laboratorio haberá a lo menos unha sesión individual antes de cada práctica de media hora con cada alumno para garantizar que poden realizar o traballo no laboratorio con seguridade e que coñocen o traballo que van a desenvolver.
Ademáis do dito en xeral para todos os alumnos, o seguimento das actividades propostas para os estudantes en réximen de estudos a tempo parcial se realizará mediante atención personalizada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A12 A14 A21 A24 B2 B3 B4 C1 |
Proba escrita que se levará a cabo, ao final do semestre, no horario aprobado en Xunta de Facultade. |
90 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A3 A17 A18 A20 A21 A22 A24 A26 C1 |
Avalíase o traballo no laboratorio dende os puntos de vista de organización e seguridade, coñecemento do material e técnica do seu emprego, habilidade manual, coecemento das operacións básicas de laboratorio e, especialmente, a capacidade para comprender os procesos levados a cabo á luz da preparación previa.
Tamén se avaliará a elaboración do Caderno de Laboratorio. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Tendo en conta os criterios mencionados, cualificarase cada metodoloxía segundo as seguintes puntuacións: - Cualificación obtida nas Prácticas de laboratorio: ata un máximo de 1 puntos.
- Cualificación obtida na Proba mixta: ata un máximo de 9 puntos.
- Os alumnos en réxime de estudos con dispensa académica por traballo ou por outros motivos xustificados seguirán o mesmo sistema de cualificación, se teñan algún tipo de dificultade deberán facer uso das tutorías para solventalo.
A cualificación final será a suma das anteriores. Para aprobar a materia, en ambas oportunidades, será necesario alcanzar un mínimo de 5 puntos en total, debendo cumprirse ao mesmo tempo a condición de ter obtido un mínimo dun 40% da cualificación das Prácticas de laboratorio e un mínimo dun 45% da cualificación da Proba mixta. En caso de que o alumno non alcanzase a devandita puntuación mínima para cada unha delas, aínda no caso de que puntuación total sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a materia figurará na acta como suspensa (4,5). Ademais, para aprobar a materia será obrigatorio ter asistido a todas as clases de laboratorio, incluidos os alumnos en réxime de estudos a tempo parcial, para os cales, na medida do posible, tratarase de axeitar o horario ás suas necesidades. Para os alumnos que cumplan os requisitos antes citados, e cunha participación nas clases de seminario superior ó 80% poderase correxir a o alza as sua cualificación final ate un máximo de un punto, en base á sua participacion activa nas clases de resolución de problemas e elaboración de traballos suxeridos nas clases de teoría.
Obterán a cualificación de Non Presentado, os alumnos que non realicen a proba mixta (Exame final).
As cualificacións das Prácticas de laboratorio conservaranse na "segunda oportunidade de xullo". En canto á cualificación da proba mixta de Xullo, esta substituirá a obtida en "a primeira oportunidade". Para a segunda oportunidade aqueles alumnos que suspendesen as prácticas de laboratorio poderán completar a libreta de laboratorio nos aspectos referentes a preparación previa, realización de cálculos, cálculo de rendemento e análise dos resultados para mellorar a súa cualificación. Non son modificables a cualificación do diario de laboratorio nin o referente ao traballo no laboratorio. Os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade".
O proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e polo tanto volvería comeza de novo cada curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación programados para o devandito curso. Atendendo as necesidades de laboratorio o coordinador da asignatura poderá propoñer aos alumnos que superasen as practicas no curso anterior cunha cualificación superior a que se estableza que, si o desexan, poderán manter a cualificación de prácticas quedando exentos da súa realización, estos alumnos poderán optar en todo caso por realizar de novo das prácticas. No caso de detectarse a comisión de fraude nas probas ou actidades
de avaliación por parte de calquera alumno aplicarase o establecido
nas normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacions dos estudos de Grao y Mestrado Universitario, ou a norma que o sustitúa.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
G.E.Rodger (1995). Químca inorgánica. . Madrid. McGRAW-HILLLL/INTERAMERICANA
C. E. Housecroft, A. G. Sharpe (2006). Química Inorgánica. Madrid 2ª Ed. Prentice Hall
G. Rayner-Canham (2000). Química Inorgánica descriptiva. México, 2ª Ed. Pearson Educación |
Para as prácticas: - G. Brauer. "Preparative Inorganic
Chemistry", vols. I y II. Academic Press, Nueva York (1963 y 1965).
Versión en castellano de la 2ª ed. alemana: "Química Inorgánica
Preparativa", Reverté,Barcelona (1958)
- G.C.
Schlessinger. "Inorganic Laboratory Preparations". Chemical Pub. Co.,
Nueva York(1962). Versión en castellano: "Preparaciones de Compuestos
Inorgánicos en el Laboratorio", Continental, México (1962)
- Z.
Szafran, R.M. Pike y M. Singh. "Microscale Inorganic Chemistry: A
ComprehensiveLaboratory Experience". Wiley &; Sons, Nueva York
(1991)
- Szafran, Zvi. “Microscale general chemistry
laboratory with selected macroscale experiments”: John Wiley and Sons,
cop. (1993) New York
Outros libros de prácticas de interese: ·
D.M. Adams, J.B. Raynor . Química inorgánica, práctica avanzada conjunto
de ideas y experiencias comprobadas útiles para su desarrollo en un
curso superior :1966 · R.J. Angelici, .Técnica y síntesis en química inorgánica : 1979 ·
R.E. Dodd, P.L .Robinson ; [versión española por J. López Meroño y J.
Pérez Conesa] Doddy Robinson, Química inorgánica experimental una guía
de trabajo de laboratorio: Dodd, R.E. 1965 · Heribert Grubitsch ; trad. Mª Teresa Toral. Química inorgánica experimental manual de prácticas de química inorgánical 1959 · Inorganic Synthesis: 1 a 24 · Jolly" Preparative Inorganic Reactions", 1 a 7 · G.Marr, B.W. Rockett, Practical inorganic chemistry. London : Van Nostrand Reinhold Company, 1972 · Ernesto H. Riesenfeld; traducción del prof. J. Martín Sauras. Tratado de química inorgánica. 1947 · Juan de Dios López González, Eloísa OrtegaCantero : López González, Prácticas de química inorgánica. 1998 · Carriedo Ule, Gabino A.La químicainorgánica en reacciones : 2008 · Carriedo Ule, Gabino A, Problemas ycuestiones en síntesis y reactividad inorgánica. 2015 · Francisco Javier Arnaiz García.. Experimentos para el laboratorio de química inorgánica verde . 2014 · Ed. Ruren Xu, Wenqin Pang, Qisheng Huo. Modern inorganic synthetic chemistry. 2011 |
Bibliografía complementaria
|
|
Para a parte teórica:
-
D.F. Shriver y P.W. Atkins "Química Inorgánica". 4ª Ed. Mc Graw Hill, México, D.F. (2008).
-
A.G. Sharpe "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1998).
- E. Gutierrez Ríos "Química Inorgánica" 2ª Ed. Ed. Reverté, Barcelona (1984).
- S.M. Owen and A.T. Brooker " A Guide to Modern Inorganic Chemistry". Longman, Harlow, Essex (1991).
-
Y.D. Lee "Concise Inorganic Chemistry".5 th Ed. Chapman & Hall, London (1996).
- N.N. Greenwood y A. Earnshaw "The Chemistry of the Elements". 2ª Ed. Butterworth Heinemann, Oxford (1997)
- F.A. Cotton and G. Wilkinson "Advanced Inorganic Chemistry". 6 th Ed. Wiley & Sons, New York (1999). (Traducción de la 4ª Ed. en Castellano, Limusa-Wiley, México).
Para as prácticas:
- D.R. Lide (ed.). "CRC Handbook of Chemistry and Physics". 81 Ed. CRC Press, Boca Ratón (2000-1)
-
J.C. Bailar Jr., H.J. Emeléus, R. Nyholm y A.F. Trotman-Dickerson (eds.). "Comprehensive Inorganic Chemistry", vols. I-V. Pergamon Press, Oxford(1973)
- A.F. Wells. "Models in Structural Inorganic Chemistry". Oxford Univ. Press, Londres (1970)
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Inorgánica 3/610G01023 | Química Inorgánica 4/610G01024 | Química Inorgánica Avanzada/610G01025 | Química Industrial/610G01039 |
|
Observacións |
O alumno debe ter asentados os coñecementos básicos sobre: estrutura atómica, propiedades periódicas e teorías de enlace, termodinámica química, equilibrio químico e técnicas básicas de traballo no laboratorio, impartidos, todos eles nas materias de Química Xeral de primeiro curso. |
|