Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as características e propiedades dos compostos orgánicos, a sua reactividade e os principais mecanismos de reacción, incluíndo aspectos estereoquímicos |
A1 A9 A23
|
B3 B4
|
|
Deseñar, planificar e executar síntese de moléculas orgánicas. Levar a cabo procesos de illamento, purificación e caracterización. Capacidade para manexar a bibliografía e a procura de información específica en química orgánica. |
A15 A17 A21 A22 A26
|
B2
|
|
Coñecer as características fundamentais dos compostos orgánicos e os métodos máis importantes de preparación e determinación estrutural de devanditos compostos. |
A9 A17 A19 A20
|
B3
|
|
Realizar experimentos de química orgánica de forma autónoma, manupulando os reactivos con seguridade. Manexar a instrumentación científica nun laboratorio de química orgánica e interpretar os resultados obtidos. |
A1 A9 A10 A15 A17 A19 A20 A22
|
B2 B4
|
C1
|
Capacidade para manexar a bibliografía, así como para a procura de información específica en Química Orgánica. |
A15 A22
|
B3
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Presentación |
Metodoloxía docente, actividades programadas e criterios de evaluación |
Grupo carbonilo.
Procesos de reducción, síntese de productos de interese comercial |
Práctica 1a: Reducción da vainillina con borohidruro sódico.
Práctica 1b: Síntese de metildiantilis. |
Alquenos, derivados haloxenados, alcoholes e epóxidos.
Procesos de adición electrófila a sistemas insaturados, de sustitución nucleófila bimolecular e de reordenamento. |
Práctica 2: Preparación estereoespecífica de anti-2-bromo-1,2-difeniletanol mediante reacción de N-bromosuccinimida co trans-estilbeno, formación do epóxido mediante sustitución nucleófila intramolecular e reordenamento a difenilacetaldehído. |
Compostos aromáticos e reaccions de sustitución electrófila aromática. Introducción á utilización de grupos protectores. |
Práctica 3: Síntese de p-nitroanilina a partires da anilina. |
Derivados dos ácidos carboxílicos.
Procesos de sustitución nucleófila (adición-eliminación) |
Práctica 4a: Preparación do acetato de etilo.
Práctica 4b: Preparación de acetato de isoamilo. |
Química sostible. Reaccions en ausencia de disolvente. |
Práctica 5: Preparación de N-(2-hidroxi-3-metoxibencil)-N-p-tolilacetamida. |
Compostos carbonílicos e reaccións na posición alfa. |
Práctica 6a: Obtención de dibenzalacetona ((E,E)-1,5-difenil-1,4-pentadien-3-ona) mediante condensación aldólica da acetona e benzaldehído.
Práctica 6b: Obtención da cetona alfa,beta-insaturada (6-etoxicarbonil-3,5-difenil-2-ciclohexanona) mediante reacción de Michael e condensación aldólica. |
Dienos. Reacción de Diels-Alder. |
Práctica 7: Síntese de exo- y endo-7-oxabiciclo[2.2.1]hept-5-eno-2,3-dicarboxi-N-fenilimida a partires de N-fenilmaleimida |
Compostos polifuncionais.
Síntese por etapas. |
Práctica 8a: Preparación de ácido bencílico a partires de benzaldehído mediante condensación benzoínica, oxidación e transposición.
Práctica 8b: Preparación de 3-metilciclohexen-2-ona mediante anelación de Robinson e descarboxilación de beta-cetoácidos.
Práctica 8c: Reducción diastereoselectiva de benzoína e preparación de 4,5-difenil-2,2-dimetil-1,3-dioxolano.
Práctica 8d: Epoxidación rexioselectiva de (R)-carvona.
Práctica 8e:Síntese do anestésico local benzocaína (p-aminobenzoato de etilo). |
Compostos orgánicos de fósforo.
Reaccións de olefinación. |
Práctica 9: Preparación de ácido cinámico mediante reacción de Wittig.
|
Compostos heterocíclicos.
Reaccións de síntese.
Química verde e heterociclos con utilidade farmacolóxica. |
Práctica 10a: Preparación de 6-metilquinolina mediante síntese de Skraup.
Práctica 10b: Preparación de 1,4-dihidropiridinas mediante síntese de Hantzsch en ausencia de disolvente.
Práctica 10c: Síntese de indoles de Fischer: obtención de 1,2,3,4-tetrahidrocarbazol. |
Carbohidratos. Control cinético e control termodinámico. Grupos protectores. Carbohidratos como precursores quirais. |
Práctica 11a: Preparación de pentaacetato de beta-D-glucopiranosa e de pentaacetato de alfa-D-glucopiranosa.
Práctica 11b: Preparación de 2,3-O-isopropilidén-L-eritrosa a partires de L-arabinosa. |
Aminoácidos e péptidos. |
Práctica 12: Síntese de N-acetil-L-prolil-L-fenilalaninato de metilo a partires dos séus aminoácidos compoñentes. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A10 A15 A21 A22 A23 A26 B2 B3 C1 |
2 |
0 |
2 |
Traballos tutelados |
A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 |
12 |
36 |
48 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 |
44 |
44 |
88 |
Proba mixta |
A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 |
2 |
8 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Programase 1 sesión en grupo único na que se exporá aos alumnos a metodoloxía docente, as actividades programadas e os criterios de avaliación que se aplicarán durante o curso. Presentaranse os recursos dispoñibles na pagina Web da materia e indicaranse as datas nas que se realizarán as experiencias e as entrevistas para que os alumnos poidan organizar o seu traballo previo. Finalmente proporcionarase información precisa para que os alumnos inicien a preparación da primeira práctica. |
Traballos tutelados |
De maneira previa á entrada no laboratorio, a partir do guión da experiencia e a información bibliográfica dispoñible na páxina web da materia, o alumno deberá traballar autónomamente na preparación de cada experiencia (Traballo Previo)
Os traballos tutelados comprenden a asistencia a 6 sesións presenciais de ata 2 horas de duración, nas que se tutorizará e avaliará o traballo autónomo realizado polo alumno para a preparación das prácticas de laboratorio. Levaráse a cabo unha entrevista/tutoría por cada práctica, de maneira previa á realización dos experimentos no laboratorio. Antes do inicio das entrevistas/tutorías os alumnos deberán completar o Traballo Previo de cada práctica, elaborando un informe que será entregado ao profesor (a través de Moodle). Durante as entrevistas/tutorías, o profesor resolverá as dúbidas que poidan xurdir e avaliará e traballo realizado.
O Traballo Previo de preparación das prácticas deberá incluír os cálculos estequiométricos e a explicación de (1) os procedementos experimentais, (2) as montaxes necesarias para a experiencia, (3) os mecanismos implicados nos procesos e (4) algunhas das cuestións incluídas nos guións a seguir.
|
Prácticas de laboratorio |
Prográmanse 13 sesións de ata 4 horas de traballo, onde o alumno realizará algúns dos experimentos programados.
Durante as sesións de laboratorio, de maneira simultánea á realización dos experimentos, o alumno deberá elaborar un caderno de laboratorio, que recolla os cálculos, os procedementos experimentais e as montaxes necesarias. O profesor revisará o caderno de laboratorio de cada alumno en cada práctica.
Ao finalizar cada práctica, que pode requirir varias sesións de laboratorio, o alumno deberá completar o caderno cos Resultados e Conclusións, as respostas ás cuestións do guión, e a elucidación estrutural dos compostos.
|
Proba mixta |
Programase 1 exame escrito final, co propósito de avaliar obxectivamente o grao de asimilación e a capacidade de aplicación dos contidos da materia por parte do alumno. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Prográmanse 6 entrevistas/tutorías (cunha duración máxima de 2 horas) nas que o profesor realizará un seguimento, orientación e avaliación do traballo non presencial realizado polo alumno para a preparación das sesións de laboratorio. Os alumnos deberán acudir ás entrevistas/tutorías cun informe do traballo de preparación realizado.
Ademais, o alumno poderá recibir atención personalizada sobre calquera aspecto da materia durante o horario de tutorías do profesor.
Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A1 A9 A10 A15 A20 A23 A26 B2 B3 B4 C1 C3 |
Nos traballos tutelados avaliarase o traballo previo realizado de maneira autónoma polo alumnado e tamén o seguimento e a participación activa durante as entrevistas/tutorías previas á realización de cada práctica. |
20 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A4 A9 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 A23 A24 A26 B2 B3 B4 C1 |
Levarase a cabo unha avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e dedicación do alumno, a adecuada planificación e organización do traballo, o respecto ás normas de seguridade e a destreza alcanzada nas operacións de laboratorio. A cualificación desta parte incluirá a avaliación do caderno de laboratorio.
|
40 |
Proba mixta |
A1 A4 A9 A10 A15 A18 A19 A20 A21 A22 A23 B2 B3 B4 C1 |
Prográmase unha proba mixta, na que o alumno deberá explicar por escrito como levaría a cabo unha experiencia similar ás prácticas realizadas no laboratorio. A partir dos datos fornecidos no enunciado (descrición e cantidades dos materiais de partida e estrutura dos produtos a sintetizar) terá que: (1) realizar todos os cálculos necesarios, (2) propor procedementos experimentais adecuados para a preparación e purificación de compostos, (3) describir as montaxes requiridas e (4) propor mecanismos de reacción que permitan explicar os procesos implicados.
Para a correcta preparación da Proba mixta o alumno poderá repasar os traballos previos realizados de maneira autónoma e corrixidos durante as entrevistas/tutorías. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A asistencia á sesión de
presentación, as prácticas de laboratorio, ás entrevistas e ao exame son
obrigatorias. Para superar a materia será necesario obter unha cualificación
media maior ou igual a 5 puntos sobre 10 e un rendemento mínimo do 30% en cada
unha das actividades. Os alumnos cuxo rendemento medio supere 4,5 puntos e que
non alcancen o rendemento mínimo nalgunha das actividades, serán avaliados como
"non aptos" e recibirán a cualificación de 4,5. Só outorgarase a
cualificación de "non presentado" aos alumnos que realizasen menos do
25% do total das actividades avaliables que se programan na guía docente. As cualificacións obtidas nas entrevistas e nas prácticas de
laboratorio manteranse na segunda oportunidade de xullo de 2025. Na segunda
oportunidade, os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo
práctico no laboratorio deberán realizar un examen práctico no laboratorio. Os
estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no
laboratorio deberán realizar unha proba mixta escrita para establecer o 40% da
nota. De acordo coa normativa académica, os estudantes avaliados na
segunda oportunidade, só poderán optar a Matrícula de Honra se o número máximo
destas non se completou na primeira oportunidade.
Na convocatoria adiantada de decembro
aplicaranse os criterios de avaliación establecidos na guía docente do curso
2023-24.
O proceso de ensino e aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese
a un ano académico e comeza con cada ano académico, incluíndo todas as
actividades e procedementos de avaliación programados para ese curso.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial o dispensa académica de exención de asistencia serán avaliados cos criterios expostos anteriormente. A realización das prácticas de laboratorio é requisito imprescindible para superar a materia e facilitarase na medida do posible, dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. No caso de circunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente xustificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún estudante de concorrer ao proceso de avaliación continua das prácticas de laboratorio. O estudante que se atopase nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución dos coñecementos, habilidades e competencias propias da materia (correspondente ao 100% da cualificación) en unha das duas oportunidades.
Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez Yunta, M. J.; Gómez Contreras, F. (2008). Curso Experimental en Química Orgánica . Madrid. Síntesis.
Harwood, L. M.; Moody, C. J.; Percy, J. M. (1998). Experimental Organic Chemistry. Standard and microscale. Oxford. Blackwell Science.
Mohrig, J. R.; Hammond, C. N.; Morrill, T. C.; Neckers, D. C. Organic Chemistry: A Balanced Approac (1998). Experimental Organic Chemistry: A Balanced Approach Organic Chemistry: A Balanced Approach Macroscale and Microscale . New York. Freeman
Mohrig, J. R.; Hammond, C. N.; Schatz, P. F.; Morrill, T. C. (2003). Modern projects and experiments in organic chemistry miniscale and standard taper microscale . New York. Freeman
Martínez Grau, Mª A.; Csaky, A. G. (1998). Técnicas Experimentales en Síntesis Orgánica . Madrid. Síntesis. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Orgánica 1/610G01026 | Química Orgánica 2/610G01027 | Ampliación de Química Orgánica/610G01028 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Orgánica Avanzada/610G01030 |
|
Observacións |
Programa Green Campus Facultade de Ciencias
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata
sustentable e cumplir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de
Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia
solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático. |
|