Competencias / Resultados do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
• Coñocer os principios máis importantes da estereoquímica e análise conformacional dos compostos orgánicos |
A1 A9
|
B2
|
C1
|
• Prever e explicar a evolución estereoquímica de reaccións químicas orgánicas |
A1 A9
|
|
|
• Coñecer as principais características, as principais teorías explicativas e os mecanismos das principais reaccións de formación do enlace C-C e C-heteroátomo |
A1 A4 A10 A14 A15 A21
|
B2
|
C1
|
• Coñecer os métodos de interconversión máis usados dos principais grupos funcionais |
A1 A4 A6 A14
|
B2 B3
|
|
• Coñecer os principais obxectivos da síntese orgánica, das principais estratexias de desenvolvemento de terminoloxía e do análise retrosintético. |
A1 A4 A14
|
B2
|
|
• Coñecer algunhas técnicas avanzadas no laboratorio de Química Orgánica |
A17 A19 A20 A26
|
B2 B3 B4
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Estereoquímica e análise conformacional |
Estereoquímica estática. Estereoquímica dinámica: Selectividade i especificidade en reaccións químicas (Reaccións quimio-, regio-, estereoselectivas i específicas). Análisise conformacional: Conformación e reactividade. |
Tema 2. Métodos sintéticos |
Grupos de protección. Metodoloxía da análise retrosintética. Tipos de transformacións. Exemplos |
Tema 3. Reaccións pericíclicas |
Introducción: características e teorías explicativas. Reaccións electrocíclicas, cicloadicións e reaccións sigmatrópicas |
Tema 4. Reaccións de formación de enlaces C - C por radicais e carbeno |
Estrutura. Preparación de radicales. Reaccións radicais: acoplamento, adición, fragmentación e reordenamentos. Carbenos. Diazometano. Reaccións de carbenos. Metátese de alquenos
|
Tema 5. Formación de enlaces carbono-carbono con enoles i enolatos |
Alquilación, acilación e adición conxugada de enoles i enolatos |
Tema 6. Reaccións de formación de enlaces dobles C=C.
|
Reaccións de Wittig e Horner-Wadswoth-Emmons |
Tema 7.Reaccións de formación de enlaces carbono - carbono e carbono - heteroátomo con organometálicos |
Alilación de compostos carbonílicos. Reacción de acoplamento cruzado. Reacción de Heck. Formación de enlace carbono-heteroátomo: Buchwald-Hartwig |
Tema 8. Reaccións de interconversión de grupos funcionais mediante reaccións de oxidación e reducción. |
Interconversión de grupos funcionais mediante reaccións de oxidación e reducción. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A14 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 |
25 |
62.5 |
87.5 |
Solución de problemas |
A15 A21 B2 B3 B4 C1 |
9 |
18 |
27 |
Prácticas de laboratorio |
A17 A19 A20 A26 |
10 |
15 |
25 |
Proba mixta |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 |
4 |
4 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
1.5 |
0 |
1.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Consistirá en presentar ao alumno unha introdución da materia e explicar as tarefas que ten que realizar ao longo do curso así como as metodoloxías, os métodos de avaliación e a bibliografía máis importante.
Levarase a cabo o primeiro día de clases |
Sesión maxistral |
Proponse levar a cabo 25 sesións de clases maxistrais en grupo único onde desenvolveranse os contidos teóricos da materia acompañados dos correspondentes exemplos ilustrativos. Consistirá maioritariamente en presentacións de Power Point. Os alumnos terán, con suficiente antelación, as copias das correspondentes presentacións a través da aplicación Moodle da materia, co fin de que o alumno poida preparar previamente a materia que se vai a impartir ademais de facilitar o seguimento das explicacións. Fomentarase en todo momento a participación interactiva do alumno. |
Solución de problemas |
Proponse levar a cabo 9 sesións de seminarios de problemas de grupo reducido onde os alumnos resolverán os problemas expostos polo profesor nos boletíns correspondentes. Os alumnos disporán con suficiente antelación dos devanditos boletíns a través da aplicación Moodle da materia para que os elaboren individualmente antes do inicio destas clases. Utilizaranse tamén para resolver as dúbidas que vaian xurdindo ao dar o temario. |
Prácticas de laboratorio |
Proponse levar a cabo 3 sesións de traballo nos que o alumno terá que realizar os experimentos programados. Os alumnos disporán con suficiente antelación do guión e da información dos devanditos experimentos a través da aplicación Moodle da materia coa finalidade de podan preparla individualmente antes do inicio das prácticas. O alumno terá que demostrar antes de entrar no laboratorio o seu grao de coñecemento do experimento. O seu desenvolvemento deberá de plasmalo nun caderno de laboratorio que terá que entregar finalizada as prácticas. |
Proba mixta |
O alumno terá que realizar por escrito un exame final na data fixada no calendario de exames aprobado na Xunta de Facultade onde se avaliará de forma global o nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumno. Adicionalmente terá un exame parcial que non é obligatorio e que ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame final. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Esta actividade implica unha entrevista persoal a realizar antes da realización das prácticas de laboratorio co fin de establecer as operacións e principios necesarios para as prácticas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A15 A21 B2 B3 B4 C1 |
Avaliarase a asistencia do alumno a estas clases e valorarase a súa participación activa mediante a formulación de preguntas tanto nas clases como a través do correo electrónico. Tamén se avaliará o grao de acerto na resolución dos problemas encomendados aos alumnos a través dos boletíns. |
15 |
Prácticas de laboratorio |
A17 A19 A20 A26 |
En primeiro lugar, avaliarase mediante unha entrevista persoal, antes do inicio das practícas, o grao de preparación das mesmas. A continuación, o traballo desenvolvido no laboratorio avaliarase desde o punto de vista de organización, habilidade e rigorosidade do manexo do material e reactivos. Por último, avaliarase a elaboración do caderno do laboratorio que o alumno entregará ao final das prácticas.
A realización e superación das prácticas é condición necesaria para alcanzar a cualificación de apto. Unha vez realizadas o alumno non poderá ser considerado como Non presentado. |
15 |
Proba mixta |
A1 A4 A6 A9 A10 A14 B2 B3 C1 |
As probas mixtas consistirán en examenes escritos onde o alumno terá que resolver problemas similares aos realizados nas clases de solución de problemas. Haberá dúas probas mixtas: unha primeira proba ou exame parcial que non ten carácter obligatorio e que terá lugar aproximadamente na metade de cuadrimestre e o exame final que realizarase na data determinada no calendario fixado pola Xunta de Facultade. O exame parcial ten carácter eliminatorio, de tal forma que o alumno que pase dita proba non terá que examinarse desa parte no exame final. |
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia o alumno terá que asistir á totalidade das prácticas do laboratorio, conseguir en cada unha das contribucións (incluíndo os examens parciais no caso que non faga o examen global final) que contabilizan na avaliación unha nota non inferior ao 45% e lograr unha cualificación media igual ou maior de 5 puntos. A superación das prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para superar a materia.
Un alumno considerarase Non presentado no caso de que non se presente á Proba mixta (exame final) e non realice as practícas do laboratorio. O alumno terá dúas oportunidades, a primeira en xaneiro e a segunda en xullo. Os alumnos que se presenten á segunda oportunidade conservarán a cualificación obtida nas prácticas de laboratorio, e realizarán unha nova proba mixta nas datas determinadas polo calendario fixado pola Xunta de Facultade cuxa cualificación substituirá á obtida en xaneiro. O estudante que non superou as prácticas laboratorios ten que realizar unha proba no laboratorio onde pode vai repetir unha parte asinada polo profesor e ten que superala como condición esencial para superar a materia na segunda oportunidade. Os alumnos que sexan avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o curso, de acordo coa normativa académica, non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coa normativa da UDC): Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente, mais están exentos da asistencia regular as clases maxistrales en aula. Ós/ás estudantes que soliciten a convocatoria adiantada de decembro rexeranse polo disposto na Guía docente do curso 2022-23. A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a materia. Facilitarase, na medida do posible, a elección do grupo de prácticas co gallo de adaptar as datas á dispoñibilidade do estudante. No caso de que se detecte plaxio, aplicarase a normativa da UDC. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, tratarase de incorporar a perspectiva de xénero nesta materia. Traballarase para identificar e modificar prexuicios e actitudes sexistas así como situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas e fomentar valores de respecto e igualdade.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carda, M., Marco, J.A., Murga, J., Falomir, E. (2010). Análisis retrosintético y síntesis orgánica. Castellón de la Plana, Universitat Jaume I
Quiroga Feijóo, M. L (2007). Estereoquímica: conceptos y aplicaciones en química orgánica. Madrid, Síntesis
Harwood, L. M.; Moody, C. J.; Percy, J. M. (1999). Experimental Organic Chemistry. Standard and microscale 2º Ed.. Oxford: Blackwell Science
Clayden, J.; Greeves, N.; Warren, S.; Wothers, P., (2012). Organic Chemistry. Oxford, University Press
McMurry, J. (2000). Química Orgánica. México. Thomsom
Ege, S. (1997). Química Orgánica: Estructura y reactividad. Barcelona. Reverté |
|
Bibliografía complementaria
|
Carey, F. A.; Sundberg, R. J. (2007). Advanced Organic Chemistry 5º Edición. New York: Springer
Smith, M. B.; March, J (2007). March’s Advanced Organic Chemistry 6º Ed.. New York: Wiley
Norman, R. O. C.; Coxon, J. M. (1993 (2001 imp.)). Principles of Organic Synthesis. Cheltenham (RU): Nelson Thornes
Carda, M., Rodríguez, S., González, F., Murga, J., Falomir, E., Castillo, E. (1996). Síntesis Orgánica. Resolución de problemas por el método de la desconexión. Castellón de la Plana: Universitat Jaume I
Eliel, E. L., Wilen, S.H. (1994). Stereochemistry of organic compounds. New York : John Wiley & Sons |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Orgánica 1/610G01026 | Química Orgánica 2/610G01027 | Ampliación de Química Orgánica/610G01028 | Experimentación en Química Orgánica/610G01029 | Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Química Médica/610G01040 | Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
|