Datos Identificativos 2024/25
Asignatura (*) Ciencia de Materiais Código 610G01035
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Gelpi Santos, María
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
m.gelpi@udc.es
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Ciencia de Materiais é unha materia obrigatoria do primeiro semestre do carto curso do Grao en Química.
Dita materia pertence ó módulo de Formación complementaria en Química. Esta materia, de carácter claramente interdisciplinar, está adicada ó estudo dos distintos tipos de materiais (metálicos, cerámicos, poliméricos, materiais compostos), as súas propiedades (mecánicas, eléctricas, magnéticas, ópticas, etc.) e as súas prestacións.

Competencias / Resultados do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Adquirir unha visión xeral da Ciencia de Materiais e do seu carácter interdisciplinar. Adquirir nocións básicas sobre distintos criterios de clasificación de materiais A25
B3
C4
C6
Coñecer as distintas familias de materiais (metais, cerámicos, polímeros, materiais compostos) e os principais métodos de obtención e procesado. Coñecer as súas propiedades físicas máis destacadas e ser capaces de relacionalas coa súa composición, estrutura e microestrutura. A1
A3
A6
A12
A24
Coñecer os fundamentos e prestacións dos materiais de uso na industria eléctrica, electrónica, así como dos materiais magnéticos e ópticos A12
A24
A25
Desenvolver criterios para a selección de materiais en función de súa aplicación A6
A25
B2
B3
B4
C4
C6
Coñecer as técnicas e metodoloxías de traballo habituais nun laboratorio de materiais A17
A20
A23
B2
B4
Ser capaz de analizar e interpretar datos con información científica e técnica sobre materiais A1
A20
A23
B2
B3
B4
C4
C6

Contidos
Temas Subtemas
I. Bloque introductorio • Introdución á Ciencia de Materiais
• Criterios de clasificación de materiais
• Criterios de selección de materiais
• Estrutura, microestrutura e diagramas de fase
II. Grandes familias de materiais • Metais y aliaxes (aceiros, fundicións e aliaxes non férreas)
• Materiais cerámicos (arxilas, refractarios, abrasivos, cementos, vidros, cerámicas avanzadas)
• Polímeros (termoplásticos, termoestables, elastómeros)
• Materiais compostos
• Principais técnicas de sínteses e procesado dos distintos tipos de materiais
III: Propiedades dos materiais •Propiedades mecánicas
•Propiedades magnéticas:
- dia- e para-magnetismo
- ferro-, ferri-, e antiferro-magnetismo
- principais aplicacións (motores, gravación magnética)
•Propiedades eléctricas:
- condutores electrónicos
- semicondutores (transistores, celulas fotovoltaicas, LEDs)
- supercondutores
- illantes (dieléctricos, ferroeléctricos, piezoeléctricos, piroeléctricos, dispositivos)
- condutores iónicos (baterías, pilas de combustible)
•Introdución a propiedades ópticas e ás súas aplicacións
IV: Novas tendencias en Ciencia de Materiais e exemplos de selección de materiais • Biomateriais, nanomateriais, etc.
• Exemplos de selección de materiais
V: Laboratorio de Ciencia de Materiais • Síntese e procesado
• Caracterización e estudo de propiedades de materiais

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 25 62.5 87.5
Solución de problemas A1 A3 A6 A12 A24 B2 B3 4.8 12.48 17.28
Seminario A1 A3 A6 A12 B2 B3 2 6 8
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A24 A25 B3 C4 1 2 3
Traballos tutelados A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 2 5 7
Prácticas de laboratorio A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 9 9 18
Proba obxectiva A1 A3 A6 A12 A24 A25 B3 C4 C6 0.2 0 0.2
Proba mixta A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 3 4.5 7.5
 
Atención personalizada 1.5 0 1.5
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases maxistrais introduciranse os contidos dos correspondentes temas, destacando os seus aspectos máis importantes e deténdose particularmente naqueles conceptos fundamentais e/ou de maior dificultade de comprensión para o alumnado.
Solución de problemas As clases de solución de problemas estarán adicadas á resolución de problemas e cuestións que se propuxeron con antelación ao alumnado co fin de que poida traballar sobre eles antes da correspondente sesión presencial.
Faranse nas clases de grupo reducido
Seminario Traballos en pequenos grupos que terán como finalidade o estudo dun tópico, dun caso, etc. a través da discusión entre os membros do grupo. Faranse nas clases de grupo reducido
Eventos científicos e/ou divulgativos Tamén se contempla a posibilidade, como actividades complementarias, de realizar visitas a centros relacionados coa materia, a asistencia a conferencias científicas, etc. Estas actividades concretaranse durante o desenvolvemento do curso, en función do número do alumnado matriculado, da organización de conferencias de interese por parte do centro ou outros organismos, etc.
Traballos tutelados Previamente ás prácticas de laboratorio o alumnado terá que realizar, en base aos seus coñecementos e á revisión bibliográfica dos textos propostos, un estudo sobre os aspectos que se van a tratar nas prácticas. Esta tarefa será supervisada pola profesorado mediante un mínimo dunha titoría individual.
Prácticas de laboratorio Traballo de síntese e procesado de distintos tipos de materiais, da súa caracterización e estudo de propiedades baixo a supervisión do profesorado.
Proba obxectiva De cando en vez nas sesións de solución de problemas, poderá realizarse ao alumnado unha proba curta, de tipo test ou de resposta breve, destinada tanto á avaliación do grao de adquisición de competencias como ao afianzamento dos contidos vistos nas sesións maxistrais. Esta actividade permitirá non só realizar un seguimento da evolución do alumnado, senón que tamén servirá para detectar aqueles aspectos da materia que presentan unha maior dificultade de comprensión
Proba mixta Proba de conxunto que se realizará no calendario acordado pola Xunta de Facultade. O seu obxetivo é contribuír á avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridos polo alumnado e a capacidade deste para relacionalos e para obter unha visión de conxunto da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Seminario
Eventos científicos e/ou divulgativos
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Traballos tutelados
Proba mixta
Descrición
A atención personalizada prestarase principalmente a través das actividades realizadas en grupos reducidos, e ademais en titorías individualizadas, fundamentalmente asociadas ás metodoloxías "solución de problemas", "traballos tutelados" e "prácticas de laboratorio".

No caso dos alumnos con adicación a tempo parcial e "dispensa académica":
- as titorías asociadas ás prácticas de laboratorio serán as mesmas que para o resto (en canto a metodoloxía e avaliación);
- o resto das titorías poderanse substituír por titorías personalizadas puntuais que non serán avaliadas. Dito alumnado tería que someterse a un exame particular, ademáis da proba mixta obrigatoria, que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas, e que puntuará o 10% da calificación global. Para beneficiarse deste sistema, o alumno ten que avisar a principio de curso ao profesor responsable.

Obviamente, e aparte das titorías propostas polo profesorado, calquer alumno pode realizar titorías a petición propia (presenciais ou virtuais) dentro das 6 horas de titoría semanal que o profesor pon a disposición do alumnado e/ou nos horarios máis convenientes para o alumno poñéndose dacordo previamente co profesor.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A3 A6 A12 A24 A25 B3 C4 C6 Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "probas obxectivas" +"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Sesión maxistral A1 A3 A6 A12 A16 A25 B3 C4 Valorarase o grao de preparación previa e de seguimento do alumnado da materia que se está impartindo nestas sesións, así como a súa participación activa nas mesmas.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "probas obxectivas" +"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Seminario A1 A3 A6 A12 B2 B3 Valorarase o traballo do alumnado, as súas respostas, o seu nivel de coñecemento,e a súa participación activa no debate cos seus compañeiros.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + probas obxectivas" +"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 A24 A25 B3 C4 Valoraranse as conclusións co alumnado extraia das correspondentes actividades, e que ademais se plasmarán nun resumo que deberán presentar trala súa realización.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" + "probas obxectivas" +"eventos científicos e/ou divulgativos".
0
Prácticas de laboratorio A1 A16 A17 A20 A23 B2 B3 B4 Avaliarase o traballo realizado no laboratorio desde os puntos de vista de: organización e seguridade, manexo no laboratorio, coñecemento de materiais técnicas, habilidade manual e especialmente a capacidade para comprender e racionalizar os procesos levados a cabo á luz do seu fundamento científico. Ademais avaliarase a preparación previa a cada práctica, e a elaboración do correspondente caderno de laboratorio ou entrega alternativa que establezan os profesores, e que podería tamén consistir nun exame de prácticas que se deberá superar para poder aprobar ditas prácticas.


Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados".
20
Solución de problemas A1 A3 A6 A12 A24 B2 B3 Valoraranse tanto as respostas dos alumnos como a súa participación nas correspondentes actividades presenciais. Ocasionalmente e a requirimento do profesorado, o alumnado deberá entregar os boletíns de problemas que tamén poderán ser avaliados.

Avaliarase conxuntamente: "sesión maxistral" + "solución de problemas" + "seminarios" +probas obxectivas" +"eventos científicos e/ou divulgativos".
10
Traballos tutelados A1 A3 A6 A12 A16 A24 A25 B3 B4 C4 C6 Mediante as titorías asociadas os traballos tutelados o profesorado ademais de orientar ó alumnado avalía tódolos aspectos relativos á preparación teórica das prácticas (de feito o alumnado non poderá comezar o traballo de laboratorio hasta que realice de forma axeitada a preparación previa), á preparación do estudo de casos, etc.

Avaliarase conxuntamente: "prácticas de laboratorio" + "traballos tutelados".
0
Proba mixta A1 A3 A6 A12 A24 A25 C4 C6 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará ó final do cuadrimestre. Poderá constar tanto de preguntas de desenvolvemento, como de preguntas curtas ou de tipo test e de problemas que serán semellantes ós realizados ó longo do curso.
70
 
Observacións avaliación

A cualificación será a suma das seguintes contribucións:

- proba mixta: hasta un máximo de 7 puntos

- actividades realizadas nas clases de resolución de problemas, seminarios, probas obxectivas, titorías, eventos científicos, etc.: hasta un máximo de 1 punto;

- prácticas de laboratorio: hasta un máximo de 2 puntos.

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 5 puntos entre tódalas contribucións anteriores, coa restrición de que na proba mixta será imprescindible obter un mínimo de 3.15 (sobre un máximo de 7) e nas prácticas de laboratorio un mínimo de 0.8 (sobre un máximo de 2). No caso de non acadar estes mínimos o alumnado estará suspenso. Cando se obteña unha suma global superior a 5 puntos pero non se acade a nota mínima esixida nalgunha das actividades, a calificación final será "suspenso: 4.5 puntos".

Dado que a cualificación se basea nun modelo de "avaliación continua", valorarase especificamente a progresión do alumnado ao largo de todo o semestre cun máximo de 1 punto.

Dacordo con esta metodoloxía de "avaliación continua", non poderá figurar como "non presentado" o alumnado que teña participado activamente nun conxunto de actividades que supoñan máis do 25% da cualificación global.

Dentro do mesmo contexto de “avaliación continua” e dacordo co contido do escrito “Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado”, a chamada “segunda oportunidade de xullo” entendese como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. No obstante, e se fora o caso, o profesorado poderá incluír unha segunda parte sobre aspectos relativos ás prácticas de laboratorio. Á cualificación así obtida sumaranse as conseguidas durante o curso no resto das actividades (clases de solución de problemas, seminarios, etc.). Os porcentaxes das distintas contribucións serán os mesmos que na “primeira oportunidade”.

As matriculas de honra outorgaranse prioritariamente ao alumando que teña superada a materia na primeira oportunidade. E só se outorgarán na chamada “segunda oportunidade” se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.

No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e axeitadamente xustificadas (como no caso de estudiantes a tempo parcial con dispensa académica de exención de asistencia) o profesorado podería eximir total ou parcialmente ao alumnado de concorrer no proceso de"avaliación continua". En calquera caso, dito alumnado tería que someterse a un exame particular (ademáis da proba mixta obrigatoria) que non deixase dúbidas sobre o seu nivel de coñecementos, competencias, habilidades e destrezas, e que puntuará o 10% da calificación global.

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica” ,“dedicación ao estudo” , “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica

W.D. CALLISTER, D.G. RETHWISCH (2011). MATERIALS SCIENCE AND ENGINEERING . Asia, John Wiley and Sons.

A.G. SHACKELFORD (2009)INTRODUCTION TO MATERIALS SCIENCE FOR ENGINEERS. New York, Prentice Hall.

W.D. CALLISTER, D.G. RETHWISCH (2016). Ciencia e Ingeniería de los Materiales . Barcelona, Reverté

A.G. SHACKELFORD (2005). Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros . Madrid, Prentice Hall


e-books:


A.G. SHACKELFORD (7ª Ed). Introducción a la Ciencia de Materiales para Ingenieros.

C. BARRY CARTER, M. GRANT NORTON. Ceramic Materials. Science en Engineering. Springer Ed. https://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4614-3523-5

A. RAVVE. Principles of Polymer Chemistry. Springer Ed. https://link.springer.com/book/10.1007%2F978-1-4614-2212-9

Bibliografía complementaria

A.R. WEST (1992). Solid State Chemistry and its Applications. Chichester, John Wiley and Sons
A.R. WEST (1999). Solid State Chemistry. Chichester, John Wiley and Sons
L.E. SMART, E.A. MOORE (1995). Química del Estado Sólido. Wilmington, Addison-Wesley Iberoamericana
L.E. SMART, E.A. MOORE (2005). Solid State Chemistry. Boca Raton, Taylor and Francis
W.F. SMITH (1998). Fundamentos de la Ciencia e Ingeniería de Materiales . Madrid, McGraw-Hill
J.C. ANDERSON (1990). Materials Science. Londres, Chapman and Hall

e-books:

L. SMART. Solid State Chemistry (3rd Ed). EBSCOhost Ebooks

N. MARTÍN PIRIS. Ciencia de materiales para ingenieros.

S. BARROSO HERRERO. Introducción al conocimiento de los materiales y sus aplicaciones.

F. SALAS VICENTE, E.F. SEGOVIA LÓPEZ, A.V. ESCUDER. Problemas de ciencia de materiales.



Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Química Inorgánica 1/610G01021
Química Inorgánica 2/610G01022
Química Inorgánica 3/610G01023
Química Inorgánica 4/610G01024

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías